visita infantil

Para pechar a celebración do Día do Libro, recibimos hoxe a visita das 2 clases máis maiores da Escola Infantil Municipal.

Aproveitamos a ocasión para presentarlles a nosa nova sección de fondos da Sala Infantil, especialmente pensada para eles: a Bebeteca (BBTK).

Nesta sección atópanse libos en tea, plástico e cartón duro, especialmente deseñados para as idades de 0 a 3 anos, e que así se diferencian máis facilmente do resto do fondo infantil da sala.

Logo de escoitar algúns contos, aplaudir moito e cantarlle unha canción o lobo feroz dos tres porquiños para mellorarlle o humor, puideron ver e xogar cos libros recén incorporados á Bebeteca.

Este é un dos momentos da visita:

DDL2019_guarde.jpg

Ademais convidámolos a particiar con algún debuxo no Certame Letras Galegas 2019 e a volver coas súas familias para coñecer a fondo a nosa nova sección.

 

día do libro coa escola infantil

Hoxe ás 11 da mañá recibimos a visita da Escola Infantil do Saviñao con motivo de que esta fin de semana se celebra o Día do Libro.

Despois de escoitar varios contos, os participantes tiveron ocasión de remexer no fondo da biblioteca os libros da sección infantil marcados con adhesivos azuis.

20170421_114506_cpq

Como o comportamento foi exemplar, todos marcharon cun adhesivo da cor que identifica os libros adaptados á súa idade para que o lembren cando cheguen as súas familias a recollelos.20170421_120121_cpq

concurso para o día do libro infantil

Un ano máis, xa están listos os preparativos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril.
A OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, GÁLIX e as súas outras seccións, traballan xa na celebración deste día animando a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe e cartel que este ano se preparou dende a sección rusa do IBBY, escrito por Sergey Makhotin, ilustrado por Mikhail Fedorov e traducido ao galego por Sabela González.

dili_gl

Entre outras actividades que vos iremos presentando nos vindeiros días, está a de animarvos a participar no concurso que coincidindo con esta data sinalada convocou a OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, e as súas diferentes seccións, entre as que se atopa Galix Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

o concurso “Andersen hoxe

Este concurso vai dirixido a nenas e nenos de primaria e primeiro ciclo de secundaria, que deberán escoller unha personaxe dos contos do autor dinamarqués Hans Christian Andersen e elaborar un debuxo actual do mesmo.

A participación no concurso organizarase a través dos centros docentes e bibliotecas que deberán facer unha selección previa de tres traballos por categoría e entregalos antes do día 2 de abril. Por eso vos convidamos a que pasedes pola biblioteca recoller o modelo de participación no concurso e o entreguedes ata o día 30 deste mes na ibblioteca, de xeito que poidamos facer a selección para enviar á organización. Podedes descargalo neste enlace e imprimir só a última páxina.

Podes descargar as Bases do concurso “Andersen hoxe” (e imprimir a última páxina) e tamén consultar o díptico pulsando no texto anterior en negra.

leo, leo, que les?

12933-1

—¿Miedo de una película? —se rió ella—. ¡Ah, bah, qué tontería!
—Imagínate a esos pequenos y malvados malhechores entrando… —dijo él, haciendo gestos raros como el hermano de Martina.
—Este es un barrio muy tranquilo —dijo ella—. Y además no tenemos joyas. Nunca entrarían aquí. Y no hables tan alto, vas a despertar a Martina.
Pero Martina estaba despierta y escuchaba muy emocionada detrás de la puerta.
—¡Pues a mí me ha entrado un poco de miedo! —aseguró el padre.
—¿No lo dirás en serio, eh? ¡Nadie puede fabricar personas en miniatura! ¡Si nuestra Martina te oyera se iba a reír de ti!
—Es verdad. Qué tonto soy. Me daría vergüenza que mi hija se riera de mi. Pero, oye, ¿cómo crees que habrán hecho para que se vean hombres en miniatura?

Comezado o cole, o cambio de horarios facilita que @s nen@s non queiran ir para a cama ou que lles custe durmir. Tamén hai nenos que teñen medo a durmir. Podemos axudarnos deste libro para crear a rutina de lerlles un breve conto (relacionado coas súas experiencias cotiás) xusto antes de durmir: Cuentos para antes de ir a dormir, Eduard Estivill e Montse Domènech, Editorial Planeta (p. 99)12933-2

mergullámonos? polo día dos océanos

Para celebrar o Día dos Océanos (8 de xuño), a poucos días de comezar o verán, o bo tempo, a calor e as vacacións, mergullámonos nun mundo de historias?

Presentámosvos unha nova actividade do catálogo de actividades Ler conta moito:

Mergullámonos?

historias de emocións

da man de Andrea “Dos Piñeiriños”

o 3 de xuño, ás 18:30 na sala infantil

cartaz Mergullámonos-versiónbis-2-final+A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 0 a 9 anos, na que escoitarán un conxunto de historias que os convidarán a explorar o mundo das emocións.

Ó remate da sesión farase a entrega dos premios ós galardoados no Certame Letras Galegas 2016.

Esta actividade non require inscrición previa.

As actividades do catálogo Ler conta moito, están financiadas polo Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

obradoiro as nosas historias (ii)

As nosas historias

obradoiro de sombras chinescas

da man de Olga Abad

o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil

as nosas historias corrixido

Non vos adiantamos que historias escoitaremos e representaremos: teredes que vir para averigualo!

Trátase dunha actividade do catálogo de actividades Ler conta moito, financiada polo Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Ademais o domingo 15 de maio ás 20:30, María do Ceo presentará o seu novo disco no Auditorio Municipal.  Sobre este evento organizado polo concello, irase ampliando información no Facebook do Concello.

obradoiro as nosas historias

Para celebrar o mes das Letras Galegas, e animarvos a participar no Certame Letras Galegas 2016 [que como sabedes, este ano se titula “Canta bichería!”], presentámosvos unha nova actividade:

As nosas historias

obradoiro de sombras chinescas

da man de Olga Abad

o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil

as nosas historias corrixido

Co obradoiro de sombras chinescas “As nosas historias”, o que se busca é fomentar a creatividade, a escoita, e coñecer historias da nosa tradición oral. Ademais levaredes para a casa, de recordo, as personaxes para que lle contedes a quen queirades o conto no que se baseou o obradoiro.

Trátase dunha actividade do catálogo de actividades Ler conta moito, financiada polo Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

obradoiro xogos bailados e canto tradicional

Hoxe falámosvos dun obradoiro musical que vai ter lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 19 de marzo.

Trátase do Obradoiro Xogos Bailados e Canto Tradicional, organizado pola Tradescola (escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo), e que estará  guiado polos seus mestres Xabier Iglesias e Xela Conde.

Cando: sábado 19 de marzo ás 11:00 h.

Onde: Auditorio Municipal do Saviñao

Prezo: de balde 

Para quen: toda a familia (pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas) con nen@s a partir de 4 anos

En que consiste: @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.

Inscrición: obrigatoria porque as prazas son limitadas. É preciso inscribirse previamente por calquera dos seguintes medios:

  • teléfono 982 229 966,
  • correo electrónico a tradescola@gaiteirosgalegos.gal
  • presencialmente nas instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

CartazObradoiroXogosBailadosSaviñao2016-01