aprende a facer un podcast!

Hoxe en día os podcasts están na picota.

Ven e achégate, imos facer un podcast! Queres aprender a facer un podcast? Aquí aprenderás a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!

E despois só hai que subilo á nube…

Cartaz Obradoiro Podcast!_ed_pq.png

Aprende a facer un podcast! na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 5 de xullo ás 12 h., neste obradoiro do programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

Neste Obradoiro totalmente práctico en tan só 120 min. Aprenderás a:

  • Escribir e guionizar  o teu  podcast!
  • Locutar e interpretar o teu podcast!
  • Gravar e editar o teu  podcast con Audacity!

Esta actividade está recomendada a partir de 10 anos.

xogos educativos: matemáticas

En varios posts anteriores da sección de informática xa vos recomendamos algunha vez a web Vedoque, na que podemos atopar un feixe de recursos educativos, entre os que hai xogos tanto de ocio coma educativos (de idiomas, historia, xeografía, matemáticas,…).

Hoxe imos falar dun para entrenar as matemáticas. Aínda que non chega ó nivel de integrais ou ecuacións de 3º grado (posto que a web está orientada principalmente para os niveis de infantil e primaria), serviranos de reto para repasar as táboas de multiplicar. Sobre todo esa táboa á que todos lle collemos mal o ritmo: a do 7… ou era a do 8? Ah non, era a do 6… ou a do … Cal é a que non conseguiches dominar? Esa será a que máis che doerá non dominar, xusto esa.

Pantalla de inicio do xogo Liberad a Ergit

Pantalla de inicio do xogo Liberad a Ergit
[para xogar pulsa na pantalla do xogo]

O plantexamento do xogo é que Ergit (o vedoque protagonista) foi capturado non sabemos por quen, pero certamente uns cracks das mates. Para fuxir deberá pasar por varias probas para as que precisará da nosa axuda: abrir un candado cunha combinación numérica (multiplica, multiplica), cruzar unha estrada coidando de non ser atropelado para subir a un monopatín (multiplica, multiplica, pertencente á familia dos múltiplos dun número), atravesar un río (multiplica, multiplica) e escalar unha montaña (multiplica, multiplica).

Algunhas etapas da fuxida son máis complicadas ca outroa (xa sabedes, esa táboa que sempre se nos resistiu), pero de seguro que repasamos as táboas de multiplicar con ganas.

Ata podemos competir para ver a que membro da familia ou do grupo de amigos lle leva menos tempo chegar ó final. Ademais, como cada vez van cambiando os números, non hai trucos para “saltar pantalla”.

“novotecnoloxizándonos”

Está ben aprender a manexar un ordenador, pero non abonda con saber como se crea unha carpeta, como se garda un documento,… Por iso, para manexarnos máis comodamente co ordenador e escribir máis rápido, vai ben practicar mecanografía. Imos ver os por ques.

Vantaxes de facer un curso de mecanografía? Moitas:

– saber onde están as letras para non andar a perseguilas polo teclado (aínda que ás veces o pareza, non andan cambiando de sitio)

– escribir con maior soltura (ó saber onde están non se perde tempo buscando as letras)

– escribir con maior velocidade (ó saber usar todos os dedos, iremois moito máis rápido)

– non fai falla moito tempo para ver o moito que melloramos na escritura: GARANTIZADO! Con só 5 ou 10 minutos ó día e durante só cinco días, podemos multiplicar a nosa habilidade inicial polo menos por 3. Con máis tempo, melloraremos aínda máis.

Hai cursos online (nos buscadores aparecen moitos). Un deles é o curso de mecanografía Vedoque. Na web Vedoque pódense atopar un grande número de xogos (de habilidade, clásicos, educativos, infantís, para todos,…) para entreterse co ordenador ou descargalos ó móbil.

Entrade no noso facebook para comentar a práctica que fagades, e confirmarnos se temos razón ou non.

o blog toma un descanso

Como xa sabedes, estamos tendo problemas coa conexión de internet, así que imos deixar descansar un pouco o blog durante setembro e outubro.

Que queremos dicir?

Pois que non publicaremos tantas veces á semana, nin un día fixo. Esperamos que en novembro poidamos empezar cunha nova periodicidade, e falando de temas que vos interesen. Para facérnolos saber tedes varias vías: persoalmente na biblioteca, a través dos comentarios no blog, desde a sección contacto do blog, ou por correo electrónico.

Pero na biblioteca seguiremos tendo actividades: os venres origami, agás o primeiro venres de mes que teremos contacontos, e outras que vos iremos anunciando puntualmente (tanto no blog coma por outros medios).

Ademais abriuse o prazo para anotarse ós cursos de iniciación á informática, que está previsto que comecen en outubro e que se impartirán seguramente na aula de informática da biblioteca. Para inscribirse, hai que anotarse no concello (teléfono 982452061, e preguntar por Mónica).

NOTA: este venres a sesión de origami é ás 12, pero a partir da semana que vén, co horario de inverno, será ás 5 da tarde.

confianza online

Confianza Online, nace despois da Directiva Directiva 2000/31/CE de Comercio Electrónico, e de que se elaborarse a Ley 34/2002 de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico (conocida como LSSI). Ambalas dúas normas reflicten o compromiso dos poderes públicos por desenvolver sistemas de autorregulación para os novos medios electrónicos.

Neste contexto, adigital y AUTOCONTROL, as 2 entidades que había antes para a autorregulación en internet en España decidiron unificar esforzos para lograr unha maior confianza nos consumidores evitando a prolferación de múltiples mecanismos de autorregulación creando unha única asociación que se ocupara delo: Confianza Online presentouse no 2002.

A Asociación pretende promover e fomentar o uso dun distintivo de confianza que recoñeza os compromisos de autorregulación que realicen os adheridos nos diversos ámbitos dos servizos da sociedade da información nos que actúe a Asociación, como son: comunicacións comerciais, comercio/transaccións económicas con consumidores e seguridade nas transaccións, protección da infancia; accesibilidade/usabilidade; privacidade e protección de datos.

Obxectivos

  • Aumentar a confianza dos consumidores no uso de Internet e nos novos medios dixitais.
  • Ofrecer un instrumento ás entidades públicas e privadas para mostrar o compromiso ético coa sociedade e recabar a necesaria confianza dos consumidores nos novos medios.
  • Proporcionar tanto a consumidor como a empresa online un instrumento de resolución extraxudicial de controversias rápido, económico e eficaz.

Confianza Online conta con todos os recoñecementos oficiais que existen para Códigos de autorregulación en Internet.

Se queres presentar algunha reclamación, contas cun formulario online ou cun formulario para imprimir e enviar or correo postal, electrónico (tramitacion@confianzaonline.es) ou fax (91 402 83 39).

correo non desexado

Seguramente algunha vez te rexistraches (máis ou menos conscientemente) nalgunha web que agora che está mandando constantemente correos que non che interesan.

Nada máis sinxelo que darte de baixa na súa lista de distribución. Nun deses correos busca onde poña “darse de baixa“, “baixa“, “se non desexa seguir recibindo esta información prema aquí“,…

Se se trata doutros correos con remitentes descoñecidos, e que non abres por precaución, podes limitar a recepción deses correos bloqueando ó remitente dende a configuración da conta de correo (correo vía web) ou do programa de correo (cando un programa xestiona as túas contas de correo).

Moitos servizos de correo permiten bloquear remitentes ou denunciar como spam algún correo, aproveita esas opcións para ter máis limpa a túa caixa de entrada.

virus e antivirus

Da mesma web que comentabamos este mércores, tomamos esta información que se refire ó tema que nos ocupa os venres: a informática.

Hai un artigo moi interesante que fala dos “virus”, máis ben refírese ao termo viral. E interésanos porque para iso estamos falando de previr ataques, roubo de información,…

As redes sociais ocupan arestora unha gran parte da nosa vida en internet: noticias e vídeos que se comparten, mensaxes, comentarios, convocatorias… A inmediatez e as posibilidades de interacción directa das persoas en rede, as plataformas adaptadas á telefonía móbil, […] permiten que calquera poida compartir información do que pensa ou do que nos arrodea e que esta poida chegar a un número determinado de persoas que a propagan para facela chegar a moitas máis. É este tipo de espallamento en rede, multiplicativo e, sobre todo veloz, ao que se denomina viral. Así, fálase dun fenómeno viral, de mercadotecnia viral ou de vídeos virais. […]

A reprodución característica dos virus deu lugar a outro sentido non médico, anterior ao das redes sociais: úsase para programas que infectan fontes de datos (como ordenadores) e que se reproducen (transmiten) axiña. Trátase dos famosos troianos e vermes. A difusión do correo electrónico e de internet permitiu que os computadores se contaxiasen rapidamente entre si, o cal favoreceu o nacemento e desenvolvemento dos programas antivirus.

Amplía esta información na web do Portal das Palabras.

de vacacións co portátil (ii)

Conexión do portátil á rede

Posto que conectaremos o portátil ás redes onde nos atopemos, deberemos ter especial coidado se non sabes quen é o administrador. Tanto sexa por cable coma por wifi, estas redes non seguras (de hoteis, bares, aeroportos, estacións,…), posto que son máis vulnerables e poden supoñer un risco de infección ou de roubo de información.

Por iso debes ter en conta:

  • ter un antivirus actualizado
  • activar o cortalumes (Firewall)
  • non navegues coa conta de administrador (le os artigos relacionados coas contas de usuario)
  • ten coidado ó acceder a páxinas nas que teñas que incluir datos sensibles (contas bancarias, contrasinais,…)

En caso de roubo

Se che rouban o portátil:

  • Presenta denuncia na Policía (en España: Página Oficial del Cuerpo Nacional de Policía)
  • Se é o ordenador do traballo, comunícallo á empresa.
  • Se accedes con el ás contas bancarias, deberías pedirlle ó teu banco que bloquee o acceso ás túas contas ata que poidas cambiar os contrasinais de acceso.
  • Modifica todos os contrasinais: contas de correo, redes sociais, outros servizos de internet (tendas online, foros,…)
  • Cancela os certificados dixitais que tiñas gardados no ordenador para evitar que se usen no teu nome.
  • Envía un correo a todos os teus contactos para avisalos de que se reciben algún correo “sospeitoso” da túa parte teñan coidado.

Outros enlaces de interés tomados da web da Oficina de Seguridad del Internauta son:

de vacacións co portátil (i)

No verán queremos levar connosco o noso ordenador para poder seguir conectados a internet, coa nosa información a man,… Debido ó seu tamaño e ser por elo facilmente transportable, favorece que poida levar máis golpes do recomendable, polo que debemos velar pola súa integridade física que pode supoñer non só a perda do aparello senon da información nel contida.

Debido tamén ó seu tamaño e á súa transportabilidade, é moi susceptible de ser roubado, polo que non debemos descoidarnos da súa vixilancia. Co seu roubo, xa vimos que alguén pode acceder á nosa información, chegar incluso a suplantar a nosa identidade, etc. [Lembremos os artigos sobre contrasinais seguroscodificadores e copias de seguridade]. Se almacenas os contrasinais no ordenador, faino cun xestor de contrasinais.

Uns consellos básicos pero prácticos:

  • Gardar o portátil ou tableta nun maletín ou bolso axeitado para que ningún golpe o dane. Canto máis discreto sexa e menos revele o seu contido, máis seguro estará.
  • Lévao sempre contigo e non o deixes sen vixiancia.
  • Se tés que deixalo, usa un cable de seguridade para suxeitalo a un obxecto o suficientemente grande para dificultar o seu roubo (como en habitacións de hoteis ou pensións, nunha cafetería,…
  • Se o deixas no coche, ocúltao.
  • Sempre que deixes de usalo lembra desactivar todas as conexións que poidan indicar que hai un ordenador cerca, coma o bluetooth ou a  WIFI.
  • En hoteis e pensións, se os deixas na habitación, gárdao nun lugar seguro fóra da vista e usa un cable de seguridade.
  • Se o fabricante do teu portátil che permite rexistralo na súa web, facilítase a localización do propietario en caso de que sexa roubado e recuperado.

o cifrado de datos (ii)

Se eres usuario de Windows Vista ou Windows 7, xa tés incorporada a opción de cifrar carpetas ou arquivos.

Como?

Para acceder a esta funcionalidade entra na carpeta que queres cifrar e pulsa o botón secundario do rato, selecciona  «Propiedades» > «Opciones avanzadas…» e  marca «Cifrar contenido para proteger datos» ó final de tódalas opcións que podes escoller.

Estas ferramentas teñen un uso moi sinxelo e garantízannos que no caso de que alguén sen autorización acceda ó noso ordeandor, portátil, memoria extraíble, disco duro, etc. non poida acceder á nosa información máis valiosa, pois só poderá acceder a ela dun xeito lexible quen coñeza o contrasinal (revisa o tema no que falamos de contrasinal seguro).

Lembra que podes acceder a estas ferramentas de seguridade na sección de recursos gratuítos da web da Oficina de Seguridad del Internauta.

Amplía esta información en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/10/31/aprendiendo-cifrar-los-archivos-del-ordenador.

Recorda que podes ler tódolos artigos deste blog relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita).