fixécheste socio/a durante a corentena?

galiciale

Se te autorrexistraches en GaliciaLe durante o estado de alarma e non recolliches o teu carné, lembra que o prazo para recollelo na túa biblioteca remata o 21 de xullo, se non o fas, perderás o acceso á plataforma desde o día 22.

Contacta coa túa biblioteca de referencia para máis información ou concretar cita para recoller o carné!

facerse socio/a durante a corentena

Debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, desde a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de darse de alta desde a casa, co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.

É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra localidade”): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

galicialeweb

Aínda que o correo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si que é moi recomendable que os indiques por se che xurden dúbidas ou tés problemas para acceder.

No prazo dun mes desde a fin da corentena deberás achegarte á biblioteca para obter o carné. De non facelo, a conta eliminarase automaticamente de Koha e deixarás de ter acceso a GaliciaLe.

Para calquera consulta, podes contactar coa biblioteca a través do correo electrónico osavinao.rbgalicia@eidolocal.es

actividades para facer na casa

Actividades educativas en acceso aberto desde o Grupo SM para distintos niveis educativos. Podedes consultalas no seguinte enlace:

https://www.grupo-sm.com/es/post/aprender-en-casa-con-apps-educativas-gratuitas

Outros recursos:

10 museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online.
1. Pinacoteca di Brera – Milano https://pinacotecabrera.org/
2. Galleria degli Uffizi – Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali
4. Museo Archeologico – Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/
7. British Museum – Londra https://www.britishmuseum.org/collection
8. Metropolitan Museum – New York https://artsandculture.google.com/explore
9. Hermitage – San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj
10. National Gallery of art – Washington https://www.nga.gov/index.html
IMG-20200316-WA0001
As películas dos Oscar 2020:
galiciale

que leo estes días?

Para amenizar o voso tempo de lectura aínda que a biblioteca peche ó público (continuamos facendo traballo interno), ó ser titular dun carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, podedes acceder á plataforma de libros electrónicos de GALICIALE, onde podedes ler online ou descargar en préstamo. O usuario e contrasinal coincide co de acceso ao catálogo para facer xestións. Se tedes algún problema, podedes contactar coa biblioteca no correo electrónico osavinao.rbgalicia@eidolocal.es
O enderezo é: https://www.galiciale.gal

galicialewebAí podes atopar 2 catálogos, un en galego e outro en castelán, con títulos diferentes para diferentes idades, de diferentes xéneros literarios, divulgación, idiomas, revistas, audiolibros e acceso ao banco de contidos Aula Planeta. Tamén hai material audiovisual dispoñible, consultade as indicacións Que é?, Que precisas?, Como ler?, Como ver unha película?

galiciale-portada

Podes descargar a aplicación eBiblio para consultar o catálogo dispoñible para a aplicación e ler na túa tablet ou no móbil. Está dispoñible para iOS e Android

ebiblio

reto a viralizar #quedanacasaele

As bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, tras proposta da BPM de Redondela, tras ver a campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19, tamén queremos contribuir e lanzar a nosa campaña, promovendo o esforzo de quedar na casa e, xa de paso, fomentando a lectura.Por eso vos convidamos a usar e compartir o hashtag #quedanacasaele

Porque nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podes facer por tí e polas persoas que te rodean é quedar na casa.

Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que tiñamos pendentes, eses que se nos acumulan na mesiña de noite.

Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.

Dende as Bibliotecas municipais convidámoste a que nos achegues unha imaxe do teu recuncho de lectura para estes días ou de como estás ou estades sacando proveito para achegarvos aos libros.

Fagamos viral un chamamento para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!

Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios.

#quedanacasaele
#euquedonacasa
#yomequedoencasa
#quedateencasa
#quedanacasa
#quedateencasaylee
#nacasacoslibros
#nacasaconlecturas
#lecturaencasa
#lecturadixital
#retoviral

resume…aprende a facer un podcast!

Día 5 de xullo de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón

Hoxe en día os podcasts están na picota. E na biblioteca preparámoste para estar á última: imos facer un podcast! Aprendemos a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!

E despois só hai que subilo á nube…

Aprende a facer un podcast!

da man de Damián Alonso de Solovoz

o 5 de xullo, ás 12:00 na sala infantil

tivemos este obradoiro totalmente práctico, no que en apenas 2 horas aprendemos a:

  • Escribir e guionizar o noso podcast!
  • Locutar e interpretar o noso podcast!
  • Gravar e editar o noso podcast con Audacity!

O primeiro foi descobrir que é un podcast e como naceron.Despois vimos a importancia de vocalizar, a necesidade dunha correcta respiración e como proxectar ben a voz.

Logo de facer varias prácticas de narración de diferentes tipos de textos, pasamos á parte práctica máis divertida: gravarnos e editar o noso podcast!

Sorprendente como pode cambiar o que dixemos e como o dixemos unha vez editado:

podemos parecer máis xoves, falar máis rápido, facer coma se estiveramos nunha cova,… os efectos que lle podemos poñer á nosa voz son alucinantes. En canto poidamos, subiremos o resultado do noso obradoiro.

Este é o resultado do noso obradoiro:

audio 1, coas voces de Alba e Lucía:
Ir a descargar

audio 2 coas voces de Sandra e Mónica:
Ir a descargar

audio 3 coas voces de Nico e Ignacio:
Ir a descargar

O noso alucinante profe, Damián Alonso, conta con experiencia como actor de dobraxe (en documentais como Amish Mafia ou American Chopper, ou na serie Turbo Fast, dándolle voz a Tito, o vendedor de tacos), actor de teatro e formador. Guionista e creador de “cachosdesqueches” e voz de Click Clack en Dinotrux entre outras. Máis de 150 obradoiros e cursos impartidos por toda Galicia no que o punto de encontro é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación e lectura interpretadada e teatro.

concurso de debuxo sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Hoxe queremos compartir con vós a información sobre o concurso de debuxo sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

Calquera nena ou neno galego que curse educación infantil ou primaria pode participar de forma individual desde a web do concurso.

É necesario que unha persoa adulta inscriba á menor e imprima a folla na que vai facer o seu debuxo, que deberá tratar de forma creativa calquera aspecto relacionado coa reciclaxe dos RAEE, o coidado do medio ambiente, o respecto pola contorna etc. O debuxo pode enviarse escaneado ou como fotografía por correo electrónico a debuxa@osbolechas.com ou por correo postal ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela. É importante que se vexan os datos do concursante, para máis seguridade aconséllase que os especifique no corpo do email!

Entre todos os participantes sortearanse 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (cada colección está composta por 18 tomos que tratan diversos aspectos da vida cotiá da cativada dun xeito didáctico e moi divertido).

Podedes consultar as bases na páxina dos Bolechas.

#PilladoenlaBiblio

Chegounos un correo convidándonos a participar nós e os nosos usuarios na campaña #PilladoenlaBiblio que, con motivo do Día da Biblioteca, que se celebra o mércores, lanza o Observatorio de la Lectura y el Libro en Twitter e Instagram:

Acabamos de lanzar una campaña en las redes sociales que hemos llamado ‘Pillado en la Biblio’, que puede seguirse en Twitter e Instagram con el hashtag #PilladoenlaBiblio.

Nuestra intención es dejar constancia de que somos muchos los que estamos “pillados” por las bibliotecas y lo mucho que ofrecen. Y queremos hacerlo de una manera muy gráfica: animando a los usuarios de estas redes sociales a dejarse “pillar” literalmente en las bibliotecas o que pillen, con su consentimiento, a alguien y contarnos qué han encontrado en ellas. Para ello, tendrán que enviar una foto (o las que quieran) que demuestre esa pasión por las bibliotecas y que nos enseñe lo que han encontrado en ellas. Las imágenes pueden ser en el exterior o dentro del edificio, mirando los fondos, cogiendo en préstamo algún libro u otro material, compartiendo alguna lectura en una biblioteca escolar, participando en alguna actividad, consultando la web de la biblioteca o los fondos de una biblioteca digital… Podrán ser imágenes tanto suyas, a modo de selfie, como hechas por otro y/o de otras personas. 

La campaña estará activa desde el 19 de octubre, hasta el día 24, Día de la Biblioteca. Durante esos días se pueden enviar fotos a nuestra cuenta en Twitter y/o Instagram (@observalibro) con la etiqueta #PilladoenlaBiblio indicando el nombre y la localidad de la biblioteca que aparece en la imagen y, si quiere, qué o a quién han “pillado”. Entre todas las fotos que recibamos, el Observatorio elegirá las 10 que más se ajusten a los objetivos de la campaña, y entre ellas se hará un sorteo del que saldrán los 3 ganadores, que se llevarán un lote de libros cada uno. Las tres bibliotecas mencionadas por los ganadores también recibirán un lote de libros cada una.

Podedes consultar as bases neste enlace e animarvos a participar.

brauliotuber dos bolechas

Chegounos esta carta dos Bolechas, e queremos compartila con vós porque sabemos o moito que vos gustan os máis de 90 libros seus que temos na biblioteca [chivareivos que hai sorteos e premios…]. Nela dinnos que Chega… BraulioTuber

Ola amigas e amigos!

Braulio converteuse en youtuber para contarnos como vive a cativada galega estas festas do entroido que tanto nos gustan. Coa TVG percorreu varios colexios de Galicia para mostrar algunhas das tradicións e celebracións típicas de cada zona.

Pero nesta ocasión os Bolechas compartirán protagonismo coas nenas e nenos, que son os que nos contarán como viven o carnaval, de que se disfrazan, que fan nestas datas, que comen… e mesmo interpretarán cantarelas típicas das súas zonas.
brauliotuberPara iso contarán coa axuda dos seus profesores, parte fundamental deste novo proxecto que se desenvolve integramente nos centros educativos de Galicia, concretamente nas aulas de infantil e primaria onde se atopan os máis fieis seguidores dos Bolechas.

A partir do martes, os vídeos que se vaian emitindo na TVG estarán tamén dispoñibles na web www.osbolechas.gal/brauliotuber con máis sorpresas que iredes atopando…
 
Grazas a eles poderemos coñecer, da man de quen máis e mellor goza destas festas, o ENTROIDO GALEGO!

Unha aperta,

A Familia Bolechas