fixécheste socio/a durante a corentena?

galiciale

Se te autorrexistraches en GaliciaLe durante o estado de alarma e non recolliches o teu carné, lembra que o prazo para recollelo na túa biblioteca remata o 21 de xullo, se non o fas, perderás o acceso á plataforma desde o día 22.

Contacta coa túa biblioteca de referencia para máis información ou concretar cita para recoller o carné!

Día do libro 2020

Xa sabedes que o 23 de abril se celebra o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. A escolla desta data pola UNESCO, débese a que o día 23 de abril de 1616 morreron CervantesShakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, ademais de conmemorarse os aniversarios do nacemento ou da morte de toda unha serie de escritores eminentes como Maurice DruonH. LaxnessVladimir NabokovJosep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.

Este ano tan excepcional, non podemos facer as actividades que nos gustaría na biblioteca, pero non queremos quedar sen celebralo, e por iso, convidámos a celebralo escoitando polo menos o comezo do clásico Don Quijote de Cervantes:

D Quijote e Sancho

Visitade outras propostas para ese día no noso twitter: BSavinao. Témosvos unha sorpresa preparada.

día do libro infantil 2020

Tódolos anos nos gusta celebrar o Día do Libro Infantil, ademais de cunha mostra dos libros de Hans Christian Andersen, actividades variadas.

Debido á situación excepcional de Estado de Alarma decretado polo goberno por mor da pandemia do COVID 19, reorientamos as actividades para adaptalas ó confinamento domiciliario que nos toca vivir.

Visitas

En lugar das visitas-contacontos á biblioteca, recomendámosvos a visita virtual ó Salón (Virtual) do Libro de Pontevedra, no que poderedes atopar numerosas propostas de obradoiros, contos, e actividades.

Mostra Bibliográfica

Cambiámola polo acceso a varios contos de Hans Christian Andersen por internet:

Actividades

Propoñémosche que fagas un debuxo dun conto de Hans Christian Andersen e compártea no noso twitter @BSavinao ou envíanos unha foto ó correo da biblioteca (osavinao.rbgalicia@eidolocal.es) e nós compartirémola por ti.

Mensaxe

Presentámosvos noutro artigo o texto completo do díptico coa mensaxe conmemorativa deste ano, o texto é de Peter Svetina e o cartaz de Damijan Stepancic. A tradución galega é de Héctor Cajaravide.

folletoDLIX2020

Concurso

Promoción do concurso da OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, e as súas diferentes seccións, entre as que se atopa Galix Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, “Un poema na túa voz” (as Bases modificadas no blog de GALIX para incluír a modalidade de participación en familia).

Feliz Día do Libro Infantil

facerse socio/a durante a corentena

Debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, desde a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de darse de alta desde a casa, co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.

É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra localidade”): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

galicialeweb

Aínda que o correo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si que é moi recomendable que os indiques por se che xurden dúbidas ou tés problemas para acceder.

No prazo dun mes desde a fin da corentena deberás achegarte á biblioteca para obter o carné. De non facelo, a conta eliminarase automaticamente de Koha e deixarás de ter acceso a GaliciaLe.

Para calquera consulta, podes contactar coa biblioteca a través do correo electrónico osavinao.rbgalicia@eidolocal.es

préstamos vencidos

Debido ás medidas e recomendacións achegadas pola Xunta de Galicia e as medidas adoptadas polo Concello do Saviñao ante a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir con motivo do avance do COVID-19, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao permanecerá pechada temporalmente ó público desde o día 13 de marzo.

Os préstamos que venzan nestas datas RENOVARANSE AUTOMATICAMENTE debido ás inusuais circunstancias. As devolucións deberán facerse cando se reanude o servizo.

Para facilitarvos máis lecturas estes días publicamos un artigo presentándovos a biblioteca dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia: GALICIALE. Para o que teredes que identificarvos.

galiciale-portada

Podedes enviar as vosas consultas e dúbidas á biblioteca a través do noso correo electrónico: osavinao.rbgalicia@eidolocal.es.

un poema na túa voz

poemaGALIX

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) co gallo do Día Internacional do Libro Infantil convoca o concurso «Un poema na túa voz» co fin de

  • incentivar a lectura do xénero poético entre o lectorado infantil e xuvenil,
  • estimular a expresióón oral en lingua galega,
  • contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Neste concurso premiaremos as gravacións de poemas galegos na voz de lectoras e lectores de 6 a 14 anos.

Para participar deberán enviar un audio a través da súa biblioteca escolar ou pública ou dunha librería.

Podedes consultar toda a documentación do concurso premendo neste enlace ó blog de GÁLIX.

Basicamente consiste en: escoller un poema infantil ou xuvenil dunha autora ou autor da literatura galega, gravar o poema en formato de audio WAV ou MP3 e enviar o audio poético a GÁLIX xunto á ficha de datos coa ficha de autorización da nai, pai ou persoa titora. É importante indicar os datos que identifiquen o poema, a persoa lectora e máis a
persoa mediadora no centro escolar, biblioteca pública ou libraría, e enviar os poemas antes do 10 de abril.

Podedes entregar as vosas participacións na Biblioteca Municipàl do Saviñao.

vídeos mulleres de lemos 2019

Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:

2018 – Genoveva González Prieto en vídeo:

2017 – Balbina López Somoza en vídeo:

2016 – Lola de Penelas en vídeo:

2015 – María Castaña en vídeo:

2014 – Inés de Castro en pdf:

INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.

día do libro

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. A escolla desta data pola UNESCO, débese a que o día 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, ademais de conmemorarse os aniversarios do nacemento ou da morte de toda unha serie de escritores eminentes como Maurice Druon, H. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.

Un día coma calquera outro para ler, pero quizais un pouco máis especial porque é festa para os amantes dos libros. Podemos celebrando lendo O Quixote, pero tamén podemos polo menos escoitar un capítulo da obra mestra de Cervantes neste enlace:

Capítulo XXIX que trata del gracioso artificio y orden que se tuvo en sacar a nuestro enamorado de la asperísmima penitencia en que se había puesto (só tedes que pulsar no botón de reproducir).

Utiliza as teclas de frecha arriba/abaixo para aumentar ou diminuír o volume. Se vos apetece, podedes escoitar todo o libro desde o mesmo sitio.

don quijote_pq

Atención, pregunta para nota:
Como se chaman as monturas
dos 2 homes da imaxe?

Se queres averigualo, ler algo máis sobre estas personaxes e as súas aventuras, destes autores ou doutros, pásate pola biblioteca e pide información.