O venres 3 de setembro temos outra actividade do programa Ler conta moito deste ano.
Será ás 12 da mañá. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca (días 1 e 2 de setembro presencialmente ou por teléfono no 982452324, en horario de 8:30 a 14:30).
Dani e Iria visitan novamente a biblioteca. Nesta ocasión cóntannos que ás veces a Álex lle din que non son axeitadas as cousas que fai. Veremos distintas situacións que loitan contra os estereotipos a través da experiencia de Álex.