obradoiro entrega de premios

Esta é a mostra das habilidades d@s asistentes á entrega de premios do venres pola tarde na biblioteca:

manualidade premios letras

Hai talento suficiente para dar e tomar, e para animarse a seguir participando, pois un dos traballos galardoados na fase local, foi seleccionado tamén na fase provincial.

Noraboa a tod@s @s premiad@s, especialemente a María, seleccionada tamén na fase provincial.

Podedes consultar os gañadores provinciais clicando neste enlace.

actividades de verán 2018

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas deste verán, tanto  para nenos coma para adultos. O prazo de inscrición remata o 26 de Xuño.

Podedes atopar os formularios de inscrición na biblioteca e no concello. Máis información no Facebook do Concello do Saviñao.

Das actividades na biblioteca iremos informando puntualmente aquí, no blog. De momento, que saibades que teremos contacontos e obradoiros (todos con prazas limitadas) os primeiros venres de mes ás 12 da mañá:

  • 6 xullo Obradoiro de minicontos, grandes historias en formato pequeno
    recomedado a partir de 6 anos e público familiar
    Máximo 20 participantes
  • 3 agosto Obradoiro Autores con pegada
    recomedado de 4 a 7 anos (se quedan prazas, ata 10 anos)
    Máximo 15 participantes
  • 7 setembro Contacontos Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes
    recomedado de 4 a 11 anos
    Máximo 30 participantes

Non te despistes, e anótate para os contacontos e obradoiros da biblioteca.

día da biblioteca-noite na biblioteca 2017 (resume)

Día 20 de outubro de 2017 das 10 da mañá ata a medianoite, na biblioteca de Escairón

O día 24 celébrase o Día da Biblioteca, e na biblioteca, debido ó éxito acadado en anteriores edicións (esta é a cuarta), decidimos adiantar a celebración ó venres e non pechar en todo o día. Así tivemos actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata a medianoite.

Ás 10:00 chegou o primeiro dos grupos escolares (4º, 5º e 6º de Infantil do colexio de Escairón) e ás 11:15 chegou o grupo da Escola Infantil Municipal,  que viñeron coñecer a biblioteca e que se entretiveron e divertiron cos contos prohibidos Hola, cartero, Pezzettino ou Soy el más guapo.

Ás 12:00 chegaron os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria e ás 12:45 os de 4º, 5º e 6º de Primaria, que despois de repasar o aprendido sobre O Saviñao na visita do ano pasado (fixemos exame e non se libraron tampouco os profes, que xa están avisados para a próxima), continuaron vendo como é que un libro pasa a formar parte do fondo da biblioteca e se pón a disposición do público: como lle poñemos o identificador de código de barras para facer o empréstito no novo Sistema de Xestión Bibliotecaria. Por grupos, identificamos e etiquetamos varios libros da sección xuvenil, que xa están colocados onde lles corresponde. Ademais aproveitamos para recordar que había máis actividades pola tarde.

De 14:00 a 17:00 reservamos tempo para as visitas guiadas á biblioteca.

Ás 17:00 a nosa primeira sesión “oficial” de Contos Prohibidos da tarde, na que cada quen mirou e remirou os títulos que temos dispoñibles.

Ás 18:30 (despois da merenda) coñecemos A superavoa de Antón da Organización Meu Rei (que colabora coa Fundación Meniños de Galicia)(a partir de 3 anos e público familiar), que rematamos cun obradoiro artístico. Un breve resumo é este:

Día da Biblioteca 2017b

Toda a tarde estivo chea de contos, moitos deles que foron prohibidos. No obradoiro d’A superavoa de Antón, creamos unha chea de personaxes en pedra entre a hora da merenda e a da cea!

Ás 19:30 a segunda sesión sesión “oficial” de Contos Prohibidos durante a que vimos novamente Hola, cartero, Orellas de bolboreta, e outros varios que representamos por grupos: Pezzettino (en italiano), Mi perrito quiere bailar ballet, ou Soy el más guapo.

Ás 20:30 Xogos por equipos e unha apetitosa cea para que a fame non acabara coas ganas de diversión.

Ás 22:00 vimos que As cousas pequenas contan (do repertorio do programa Ler conta moito). Con el soubemos que calquera obxecto nos pode servir para crear personaxes e inventar historias. Coas historias inventadas durante o obradoiro fixemos un precioso conto!

A partir das 23:00 relaxámonos con música e baile, e non faltou o karaoke!

Día da Biblioteca 2017c.jpg

As cousas pequenas contan leváronnos a inventar personaxes e historias, coas que se fixo un libriño que podedes atopar na biblioteca. Rematamos con baile e karaoke.

A medianoite despedímonos con poucas ganas de marchar para a casa.

Esperamos que o pasarades moi ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando a ver como o celebramos o ano que vén.

Agradecemos de corazón a participación nas actividades e alegrámonos de que o pasarades tan ben que non quixerades marchar para a casa.

Podedes ver o que publicamos tamén no bog Ler conta moito sobre as actividades do Día da Biblioteca.

Iremos publicando máis fotos (visitas escolares, obradoiros, …)

érase un sombreiro… con premios

Este venres o temporal non desanimou a participación no contacontos-entrega de premios-obradoiro que tivo lugar ás 5 da tarde na Biblioteca Municipal do Saviñao.
20170203_173855O contacontos non se interrompeu tampouco cando houbo un apagón. Grazas ás lanternas continuou coma se nada!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Despois do contacontos Érase un sombreiro…, recolleron os premios os galardoados do Certame de Poesía Infantil Nadal 2016 e rematamos a tarde cun obradoiro de elaboración de sombreiros no que se fixeron os sombreiros dos reinos que visitou Alicia no País das Marabillas.

Na sala infantil quedou disposta para remexer a nosa selección de libros relacionados cos sombreiros.

[Subiremos máis fotos nuns días]

contacontos con premios

O próximo venres 3 de febreiro inauguramos as sesións de contacontos deste 2017.

erase-un-sombreiro-_pq

E comezamos forte: contacontos con entrega de premios para os galardoados do Certame de Poesía Infantil Nadal 2016.

Será ás 17:00 na Sala Infantil da Biblioteca, en Escairón.

E ó remate, aínda máis: obradoiro de elaboración de sombreiros que nos pode vir moi ben para aprender a complementar o noso traxe de entroido.

Desta vez, vai de SOMBREIROS !

… porque… quen di que os sombrerios non contan nada? Así que con  Érase un sombreiro…veremos que pasa.

Por suposto, podedes remexer na nosa selección de fondos para a ocasión, e que poderedes atopar na sala infantil e xuvenil.

Agardámosvos!

día da biblioteca-noite na biblioteca 2016

cartel-2-baja_pq

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.

Despois do éxito acadado nas edicións de 2014 e 2015, na biblioteca de Escairón celebraremos o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca o venres día 21 das 10 da mañá ás 12 da noite.

Abrimos igual que calquera outro día ás 10 da mañá pero teremos actividades todo o día sen interrupción ata a medianoite: visitas guiadas, xogos, concurso, merenda, contacontos, experimentos, titiricleta, obradoiros variados,… Un feixe de actividades para todos os gustos.

Este ano, ademais, como novidade, ó longo do día iremos enchendo unha cápsula do tempo para abrir o próximo Día da Biblioteca que coincida a venres: o 24 de outubro de 2025! Se queredes deixar algo para o recordo, traédeo á biblioteca ese día e introducirémolo dentro para non  volvelo ver ata dentro de 9 anos. O recomendable é que sexa un obxecto non demasiado grande para que caiban varios dentro da cápsula.

cartaz-final3.PNG

Xa sabedes o que vos decimos sempre: convén que vos inscribades en todas as actividades nas que queredes participar para ter materiais suficientes. Para a actividade A ciencia é divertida e o Obradoiro Fibonacci faranse 2 grupos: un de 2 a 4 anos e outro a partir dos 5 anos. Os grupos serán rotatorios para que tod@s poidan participar neles. Por eso é imprescindible que vos inscribades con antelación.

Calquera dúbida, podedes consultala na biblioteca ou chamando por teléfono.

(A actividades e horarios están suxeitos aínda a modificacións organizativas)

actividades 2016-2017 para adultos

Ampliamos a información sobre as actividades para adultos.

actividades inverno adulos.png
Anótate canto antes nas actividades que máis che interesen, pois precísase un mínimo de 10 inscritos para que se fagan.

Podes ampliar a información no concello ou chamando ó 982452061.

Organizan: Concellería de Cultura e Servizos Sociais e Concellería de Deporte.

volve origami pola tarde

Volvemos comezar cos obradoiros de origami as tardes de venres.

origami-veranXa sabedes que a actividade se adapta ó nivel dos participantes polo que non son precisos coñecementos previos. Ademais está aberta tanto a pequenos coma a grandes, non hai limitación de idade máis que a que impón o saber dobrar o papel seguindo as instrucións.

Coma sempre, agardamos por vós os venres ás 5 da tarde na sala infantil.

En vindeiras semanas iremos avanzándovos as nosas actividades de outono.