día da biblioteca 2019

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca desde 1997.

DiaBiblioteca2019_pq

Despois do éxito acadado nas edicións de 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018, volveremos celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca o próximo día

18 de outubro

Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca  das 10 da mañá á medianoite.

DDB-NNB_2019.png

Entre diversos obradoiros, merenda, música, etc. teremos o xogo de pistas Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez e Bolboretas da narradora Sole Felloza. Nuns días daremos a coñecer a programación completa: ide reservando o día para non perder nada!

24 de outubro

Lectura do texto conmemorativo do Día da Biblioteca 2018

12:00    Lectura do texto O día da luz de Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017) da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

Poderedes atopar máis información sobre todas estas actividades na biblioteca e en vindeiros artigos do blog.

26 de outubro

Cea Día das Bibliotecas do Colectivo Lemos Le

A cea de celebración do Día das Bibliotecas terá lugar o sábado 26 na Reitoral de Castillón. Durante a cea farase entrega dos premios do VI Certame Mulleres de Lemos, que se adicou á abadesa de Eiré Inés Fernández)

cea día da biblioteca 2019_pq

19:00    Previamente á cea, farase unha visita guiada a San Miguel de Eiré.

21:30    Cea do Colectivo Lemos Le na Reitoral de Castillón (Pantón)
Entrega de premios do VI Certame Mulleres de Lemos
ó remate da cea. Durante a cea contaremos coa actuación musical de Eugenia Sanmartín.

As entradas para a cea recolleranse en calquera das bibliotecas municipais e escolares, IES Daviña Rey que forman parte do Colectivo Lemos Le ata o día 18.

 

resume…música miúda

Día 2 de agosto de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón

Previo ás festas da vila, tivemos a actividade…

Música miúda

da man de Miguel Alonso e Irene

o 2 de agosto, ás 12:00 na sala infantil

tivemos esta sesión musical coa que nos achegamos ás animadas historias da vila de Bemol Pequeno, resolvendo misterios, cantando e bailando: resolvemos o misterio da música desaparecida coa Meiga Xela, cantamos co dinosaurio Pepón e don Melitón e bailamos ao ritmo que marca a Banda do Carballo.

Foi unha sesión moi divertida, non sabiamos que cantabamos tan ben!

Descobrimos instrumentos novos e sons diferentes.

Marcamos diferentes ritmos e pasámolo moi ben.

O pase de diapositivas require JavaScript.

música miúda

Música miúda co cantautor e escritor Miguel Alonso na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 2 de agosto ás 12 h., como preludio ás Festas Patronais.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

cartaz música miúda saviñao_pq.jpg

Na vila de Bemol Pequeno a música nunca para! Ou si?

Ven o venres 2 de agosto ás 12 h. resolver o misterio da música desaparecida da man da Meiga Xela, canta co dinosaurio Pepón e baila ao ritmo da Banda do Carballo! As Historias de Bemol Pequeno. Contacontos e música.

Actividade para público familiar, a partir de 3 anos.

que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

fotos do contacontos de agosto

Día 4 de agosto de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón

Preparámonos para as festas da vila con esta actividade do catálogo Ler conta moito:

Filipa cos contos

repertorio de Carlos Casares

da man de Bandullo Azul

o 4 de agosto, ás 12:00 na sala infantil

Comezamos adaptando o oído á música de acompañamento, aprendendo unha historia do máis breve da man de Fran: Estaba a amora no seu lugar, pero como era moi moi breve, decidimos alongala un pouco con máis estrofas encadeándolle máis personaxes.

A continuación coñecemos a Filipa e puidemos escoitar unhas historias desternillantes, entre as cales había varias inspiradas na obra de Carlos Casares: Lolo anda en bicicleta, A cousa que máis doe do mundo, A figueira de Pelostortos, A galiña azul, e unha historia inventada, Hipo que?.

Cantamos, rimos, berramos, e en definitiva pasámolo en grande!

Para rematar, os que quixeron, fixeron unha foto de grupo con Filipa e Fran.

Esta actividade do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración do Concello do Saviñao, gustou moito ós asistentes, tanto grandes como pequenos.

biodanza

biodanza.jpg

O próximo martes, día 21 de marzo, ás 8 da tarde terá lugar a sesión de presentación da actividade de biodanza na aula da Biblioteca Municipal.

A biodanza favorece o desenvolvemento humano a través de vivencias integradoras en grupo, inducidas pola música e polo movemento, eleva o sistema de saúde, desenvolve a comunicación e estimula a creatividade.

Quen che di que non o vas pasar ben? Anímate e proba!

obradoiro as nosas historias (ii)

As nosas historias

obradoiro de sombras chinescas

da man de Olga Abad

o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil

as nosas historias corrixido

Non vos adiantamos que historias escoitaremos e representaremos: teredes que vir para averigualo!

Trátase dunha actividade do catálogo de actividades Ler conta moito, financiada polo Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Ademais o domingo 15 de maio ás 20:30, María do Ceo presentará o seu novo disco no Auditorio Municipal.  Sobre este evento organizado polo concello, irase ampliando información no Facebook do Concello.

obradoiro xogos bailados e canto tradicional

Hoxe falámosvos dun obradoiro musical que vai ter lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 19 de marzo.

Trátase do Obradoiro Xogos Bailados e Canto Tradicional, organizado pola Tradescola (escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo), e que estará  guiado polos seus mestres Xabier Iglesias e Xela Conde.

Cando: sábado 19 de marzo ás 11:00 h.

Onde: Auditorio Municipal do Saviñao

Prezo: de balde 

Para quen: toda a familia (pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas) con nen@s a partir de 4 anos

En que consiste: @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.

Inscrición: obrigatoria porque as prazas son limitadas. É preciso inscribirse previamente por calquera dos seguintes medios:

  • teléfono 982 229 966,
  • correo electrónico a tradescola@gaiteirosgalegos.gal
  • presencialmente nas instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

CartazObradoiroXogosBailadosSaviñao2016-01

Semana da Tradición Oral

Contos sen medo: música e contos coa Tropa de Trapo:

Vídeo dun momento da actuación:

http://www.youtube-nocookie.com/v/4AatwFARR1o?fs=1&hl=es_ES&rel=0&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6

Obradoiro de contacontos para pais con Amalia Pérez Otero:

Regueifas cos Regueifeiros Josiño da Teixeira e Bieito Lobariñas:

Debido en gran parte ó mal tempo, houbo poucos participantes, pero foron actividades moi gratificantes, posto que doutro xeito non tería sido posible a proximidade e o contacto persoal que se tivo cos convidados.

Aprendemos contos de aquí e doutros sitios, a crear contos para os máis pequenos e a elaborar regueifas, como podedes ver neste vídeo:

http://www.youtube-nocookie.com/v/GHtmvpeCcls?fs=1&hl=es_ES&rel=0&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6

Outro día será mellor,
hoxe deixámolo así.
Estamos dándolle voltas,
queremos ser coma ti!

Pois estamos no auditorio
non pechedes o telón.
Aínda qeu somos poucos,
gústanos a actuación.

Estamos fartos de vós,
amosade a saída,
non vos aturamos máis,
xa chegou a despedida.