“novotecnoloxizándonos”

Está ben aprender a manexar un ordenador, pero non abonda con saber como se crea unha carpeta, como se garda un documento,… Por iso, para manexarnos máis comodamente co ordenador e escribir máis rápido, vai ben practicar mecanografía. Imos ver os por ques.

Vantaxes de facer un curso de mecanografía? Moitas:

– saber onde están as letras para non andar a perseguilas polo teclado (aínda que ás veces o pareza, non andan cambiando de sitio)

– escribir con maior soltura (ó saber onde están non se perde tempo buscando as letras)

– escribir con maior velocidade (ó saber usar todos os dedos, iremois moito máis rápido)

– non fai falla moito tempo para ver o moito que melloramos na escritura: GARANTIZADO! Con só 5 ou 10 minutos ó día e durante só cinco días, podemos multiplicar a nosa habilidade inicial polo menos por 3. Con máis tempo, melloraremos aínda máis.

Hai cursos online (nos buscadores aparecen moitos). Un deles é o curso de mecanografía Vedoque. Na web Vedoque pódense atopar un grande número de xogos (de habilidade, clásicos, educativos, infantís, para todos,…) para entreterse co ordenador ou descargalos ó móbil.

Entrade no noso facebook para comentar a práctica que fagades, e confirmarnos se temos razón ou non.

temos páxina en facebook

Desde a semana pasada temos páxina da biblioteca no Facebook.

Nela iremos publicando as últimas novidades da biblioteca, e as actividades que se van desenvolver (no apartado de Eventos).

Ademais iremos subindo fotos das distintas actividades que se celebren na biblioteca.

A última delas, o venres pasado, cando empezamos xa a traballar en cousiñas para o Nadal. Ademais expuxemos os traballos dun participante habitual nos obradoiros.

Póndense ver máis fotos destes obradoiros no album Origami. Lembra que os obradoiros son tódolos venres de 5 a 6 da tarde.

confianza online

Confianza Online, nace despois da Directiva Directiva 2000/31/CE de Comercio Electrónico, e de que se elaborarse a Ley 34/2002 de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico (conocida como LSSI). Ambalas dúas normas reflicten o compromiso dos poderes públicos por desenvolver sistemas de autorregulación para os novos medios electrónicos.

Neste contexto, adigital y AUTOCONTROL, as 2 entidades que había antes para a autorregulación en internet en España decidiron unificar esforzos para lograr unha maior confianza nos consumidores evitando a prolferación de múltiples mecanismos de autorregulación creando unha única asociación que se ocupara delo: Confianza Online presentouse no 2002.

A Asociación pretende promover e fomentar o uso dun distintivo de confianza que recoñeza os compromisos de autorregulación que realicen os adheridos nos diversos ámbitos dos servizos da sociedade da información nos que actúe a Asociación, como son: comunicacións comerciais, comercio/transaccións económicas con consumidores e seguridade nas transaccións, protección da infancia; accesibilidade/usabilidade; privacidade e protección de datos.

Obxectivos

  • Aumentar a confianza dos consumidores no uso de Internet e nos novos medios dixitais.
  • Ofrecer un instrumento ás entidades públicas e privadas para mostrar o compromiso ético coa sociedade e recabar a necesaria confianza dos consumidores nos novos medios.
  • Proporcionar tanto a consumidor como a empresa online un instrumento de resolución extraxudicial de controversias rápido, económico e eficaz.

Confianza Online conta con todos os recoñecementos oficiais que existen para Códigos de autorregulación en Internet.

Se queres presentar algunha reclamación, contas cun formulario online ou cun formulario para imprimir e enviar or correo postal, electrónico (tramitacion@confianzaonline.es) ou fax (91 402 83 39).

correo non desexado

Seguramente algunha vez te rexistraches (máis ou menos conscientemente) nalgunha web que agora che está mandando constantemente correos que non che interesan.

Nada máis sinxelo que darte de baixa na súa lista de distribución. Nun deses correos busca onde poña “darse de baixa“, “baixa“, “se non desexa seguir recibindo esta información prema aquí“,…

Se se trata doutros correos con remitentes descoñecidos, e que non abres por precaución, podes limitar a recepción deses correos bloqueando ó remitente dende a configuración da conta de correo (correo vía web) ou do programa de correo (cando un programa xestiona as túas contas de correo).

Moitos servizos de correo permiten bloquear remitentes ou denunciar como spam algún correo, aproveita esas opcións para ter máis limpa a túa caixa de entrada.

virus e antivirus

Da mesma web que comentabamos este mércores, tomamos esta información que se refire ó tema que nos ocupa os venres: a informática.

Hai un artigo moi interesante que fala dos “virus”, máis ben refírese ao termo viral. E interésanos porque para iso estamos falando de previr ataques, roubo de información,…

As redes sociais ocupan arestora unha gran parte da nosa vida en internet: noticias e vídeos que se comparten, mensaxes, comentarios, convocatorias… A inmediatez e as posibilidades de interacción directa das persoas en rede, as plataformas adaptadas á telefonía móbil, […] permiten que calquera poida compartir información do que pensa ou do que nos arrodea e que esta poida chegar a un número determinado de persoas que a propagan para facela chegar a moitas máis. É este tipo de espallamento en rede, multiplicativo e, sobre todo veloz, ao que se denomina viral. Así, fálase dun fenómeno viral, de mercadotecnia viral ou de vídeos virais. […]

A reprodución característica dos virus deu lugar a outro sentido non médico, anterior ao das redes sociais: úsase para programas que infectan fontes de datos (como ordenadores) e que se reproducen (transmiten) axiña. Trátase dos famosos troianos e vermes. A difusión do correo electrónico e de internet permitiu que os computadores se contaxiasen rapidamente entre si, o cal favoreceu o nacemento e desenvolvemento dos programas antivirus.

Amplía esta información na web do Portal das Palabras.

contos infantís en calquera sitio

Hoxe xuntamos libros e novas tecnoloxías, falando dunha app para o móbil para ver vídeos de contos con distintos métodos de narración (narración oral, kamishibai, canción,…)

Pódese descargar desde a web da Fundación Germán Sánchez Ruipérez: http://decuentos.fgsr.es

DeCuentos

Selección de vídeo-relatos donde los sonidos y las voces, las manos y los objetos reinventan los cuentos de siempre y nos descubren otros nuevos para mirar, escuchar y disfrutar en las ocasiones y lugares que prefieras. Una app gratuita ideal para compartir momentos con los más pequeños, que te permite:

  • Descargar los vídeos al dispositivo.
  • Crear tu lista de cuentos favoritos
  • Compartir los que más te gusten.

Un exemplo do que se pode atopar na app, é este:

Veo, veo, un caracol?

Los tres cerditos (Os tres porquiños):

La cebra Camila:

Algúns dos títulos tamén os podes pedir na biblioteca porque os temos en libro. Consulta o noso catálogo web.

de vacacións co portátil (ii)

Conexión do portátil á rede

Posto que conectaremos o portátil ás redes onde nos atopemos, deberemos ter especial coidado se non sabes quen é o administrador. Tanto sexa por cable coma por wifi, estas redes non seguras (de hoteis, bares, aeroportos, estacións,…), posto que son máis vulnerables e poden supoñer un risco de infección ou de roubo de información.

Por iso debes ter en conta:

  • ter un antivirus actualizado
  • activar o cortalumes (Firewall)
  • non navegues coa conta de administrador (le os artigos relacionados coas contas de usuario)
  • ten coidado ó acceder a páxinas nas que teñas que incluir datos sensibles (contas bancarias, contrasinais,…)

En caso de roubo

Se che rouban o portátil:

  • Presenta denuncia na Policía (en España: Página Oficial del Cuerpo Nacional de Policía)
  • Se é o ordenador do traballo, comunícallo á empresa.
  • Se accedes con el ás contas bancarias, deberías pedirlle ó teu banco que bloquee o acceso ás túas contas ata que poidas cambiar os contrasinais de acceso.
  • Modifica todos os contrasinais: contas de correo, redes sociais, outros servizos de internet (tendas online, foros,…)
  • Cancela os certificados dixitais que tiñas gardados no ordenador para evitar que se usen no teu nome.
  • Envía un correo a todos os teus contactos para avisalos de que se reciben algún correo “sospeitoso” da túa parte teñan coidado.

Outros enlaces de interés tomados da web da Oficina de Seguridad del Internauta son:

de vacacións co portátil (i)

No verán queremos levar connosco o noso ordenador para poder seguir conectados a internet, coa nosa información a man,… Debido ó seu tamaño e ser por elo facilmente transportable, favorece que poida levar máis golpes do recomendable, polo que debemos velar pola súa integridade física que pode supoñer non só a perda do aparello senon da información nel contida.

Debido tamén ó seu tamaño e á súa transportabilidade, é moi susceptible de ser roubado, polo que non debemos descoidarnos da súa vixilancia. Co seu roubo, xa vimos que alguén pode acceder á nosa información, chegar incluso a suplantar a nosa identidade, etc. [Lembremos os artigos sobre contrasinais seguroscodificadores e copias de seguridade]. Se almacenas os contrasinais no ordenador, faino cun xestor de contrasinais.

Uns consellos básicos pero prácticos:

  • Gardar o portátil ou tableta nun maletín ou bolso axeitado para que ningún golpe o dane. Canto máis discreto sexa e menos revele o seu contido, máis seguro estará.
  • Lévao sempre contigo e non o deixes sen vixiancia.
  • Se tés que deixalo, usa un cable de seguridade para suxeitalo a un obxecto o suficientemente grande para dificultar o seu roubo (como en habitacións de hoteis ou pensións, nunha cafetería,…
  • Se o deixas no coche, ocúltao.
  • Sempre que deixes de usalo lembra desactivar todas as conexións que poidan indicar que hai un ordenador cerca, coma o bluetooth ou a  WIFI.
  • En hoteis e pensións, se os deixas na habitación, gárdao nun lugar seguro fóra da vista e usa un cable de seguridade.
  • Se o fabricante do teu portátil che permite rexistralo na súa web, facilítase a localización do propietario en caso de que sexa roubado e recuperado.

o cifrado de datos (ii)

Se eres usuario de Windows Vista ou Windows 7, xa tés incorporada a opción de cifrar carpetas ou arquivos.

Como?

Para acceder a esta funcionalidade entra na carpeta que queres cifrar e pulsa o botón secundario do rato, selecciona  «Propiedades» > «Opciones avanzadas…» e  marca «Cifrar contenido para proteger datos» ó final de tódalas opcións que podes escoller.

Estas ferramentas teñen un uso moi sinxelo e garantízannos que no caso de que alguén sen autorización acceda ó noso ordeandor, portátil, memoria extraíble, disco duro, etc. non poida acceder á nosa información máis valiosa, pois só poderá acceder a ela dun xeito lexible quen coñeza o contrasinal (revisa o tema no que falamos de contrasinal seguro).

Lembra que podes acceder a estas ferramentas de seguridade na sección de recursos gratuítos da web da Oficina de Seguridad del Internauta.

Amplía esta información en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/10/31/aprendiendo-cifrar-los-archivos-del-ordenador.

Recorda que podes ler tódolos artigos deste blog relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita).

o cifrado de datos (i)

¿Sabías que hai ferramentas que che permiten cifrar os teus documentos, fotos, vídeos… almacenados no ordenador?

Estas ferramentas, chamadas «codificadores», están creadas para que toda a información que consideres importante, privada e/ou confidencial a podas cifrar de tal xeito que se alguén intenta acceder a ela non poida entender o seu contenido.

¿Por qué son útiles estes codificadores?

Hai moitas situacións nas que é moi recomendable ter a nosa información máis sensible do ordenador cifrada, porque se non está cifrada esa información tan valiosa para ti, calquera que accedera ó teu ordenador podería obtenela e usala ó seu antollo provocándoche posiblemente danos morales, personais, invadindo a túa privacidade, etc.

Imaxina que dun momento de descoido algúen che rouba o portátil. Peor ca perder o ordenador e a información contida (lembra que tiñas varias copias de seguridade gardadas na casa) é o feito de que, non sabes quen, pode ver toda esa información, incluso aquela que non quererías que ningúen máis vira: fotos íntimas, vídeos facendo pallasadas, datos bancarios,…

Non terías esta preocupación se eses datos tiveran estado cifrados.

¿Como codificar ficheiros?

O primero de todo é descargar algunha ferramenta de codificación. Podes buscalas na sección de recursos gratuítos da web da Oficina de Seguridad del Internauta, podes estreitar a busca seleccionando “Cambiar búsqueda” e seleccionar só a plataforma que usas (Mac, Windows, Linux, iOS ou Android).

Case todos os codificadores teñen un funcionamento similar despois de instalalos [IMPORTANTE: non abonda con descargalos no ordenador, hai que executar a súa instalación]:

  • seleccionar a información que queres codificar: unha carpeta ou arquivo (imaxe, documento,…)
  • pulsar sobre ela co botón secundario do rato
  • das opcións que aparecen indicarlle que desexas cifrar eses datos co programa instalado
  • será fundamentar introducir un contrasinal seguro, que non deberás esquecer para poder descifrar posteriormente o contido cifrado.

Para descodificar a información, fai dobre clic sobre a carpeta ou arquivo codificados. Pedirache o contrasinal, co cal xa poderás consultar a información.

Con esta sinxela ferramenta, podemos ter a seguridade de que se alguén accede ó noso ordenador, portátil, USB, … non poderá acceder á nosa información de forma comprensible.

Amplía esta información en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/10/31/aprendiendo-cifrar-los-archivos-del-ordenador

Lembra que podes ler tódolos artigos relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita).