A revista Mi Biblioteca da Fundación Alonso Quijano (galardoada co Premio Nacional al Fomento de la Lectura en 2015) fíxose eco no seu último número das actividades que conformaron o Ciclo Biblioteca en Igualdade, que se desenvolveu na biblioteca desde o día 6 de setembro ó 18 de outubro. Neste ciclo contamos con Dani Viéitez e Iria Iglesias, Carmen Domech, Tarabelos, Eduvía, Menos dá unha pedra, Fátima Fernández, Antía Yáñez e Sole Felloza.
Aparecemos na sección de actualidade bibliotecaria. Podedes consultar a revista na biblioteca.
A Fundación Alonso Quijano é unha institución privada e independente, sen ánimo de lucro, que pretende contribuir ó desenvolvemento integral do humano por medio da promoción de iniciativas culturais e educativas, especialmente daquelas orientadas ó fomento da lectura. Aínda que tén sede en Málaga, o seu ámbito de actuación exténdese a todo o territorio nacional, con algunhas actividades de carácter internacional.
Contactaron connosco desde a revista, non lle enviamos nada desde a biblioteca ata que nos pediron información. Por iso agradecemos a vosa participación nas actividades, e a difusión que fixestes delas, pois foi grazas a vós que contactaron connosco para coñecer máis a fondo en que consistía este ciclo.