visita infantil

Para pechar a celebración do Día do Libro, recibimos hoxe a visita das 2 clases máis maiores da Escola Infantil Municipal.

Aproveitamos a ocasión para presentarlles a nosa nova sección de fondos da Sala Infantil, especialmente pensada para eles: a Bebeteca (BBTK).

Nesta sección atópanse libos en tea, plástico e cartón duro, especialmente deseñados para as idades de 0 a 3 anos, e que así se diferencian máis facilmente do resto do fondo infantil da sala.

Logo de escoitar algúns contos, aplaudir moito e cantarlle unha canción o lobo feroz dos tres porquiños para mellorarlle o humor, puideron ver e xogar cos libros recén incorporados á Bebeteca.

Este é un dos momentos da visita:

DDL2019_guarde.jpg

Ademais convidámolos a particiar con algún debuxo no Certame Letras Galegas 2019 e a volver coas súas familias para coñecer a fondo a nosa nova sección.

 

resume estival

biblioteca4

Podedes ver un pequeno resume do que foron as nosas actividades estivais no blog Ler conta moito (o programa de cofinanciación de actividades de animación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración do Concello do Saviñao). Aquí tedes os enlaces:

actividade de xullo
actividade de agosto
actividade de setembro

As novidades incorporadas ó catálogo da biblioteca podedes consultalas neste enlace:

novidades do catálogo

de que falan cando están a falar de ‘Fariña’

Como saberás, o libro ‘Fariña’, de Nacho Carretero sobre o narcotráfico galego foi retirado das librarías por orde xudicial. Hai apenas uns días que se levantou a prohibición de venda e distribución da obra.

farina

Na biblioteca témolo desde hai meses, e todo este tempo tivo sempre lista de espera para poder levalo en préstamo. Se aínda non o liches e se queres saber de que falan cando están a falar de ‘Fariña’, podes pasarte pola biblioteca e reservalo. Si, reservalo, porque aínda tén lista de espera.

E non só na nosa biblioteca. Podes consultar neste enlace que bibliotecas o teñen e en cales está dispoñible. Lembra que co carné da nosa biblioteca poderedes levar libros en calquera desas outras bibliotecas.

“el libro de los portales” de Laura Gallego (II)

Xa temos na biblioteca El libro de los portales, a última novela de fantasía da autora da saga Memorias de Idhún, Laura Gallego, publicado pola editorial Minotauro:

Vemos de novo o booktrailer do libro:

Para ler o primeiro capítulo pulsa aquí. E déixanos os teus comentarios.

E se che gusta, ven por el!

“el libro de los portales” de Laura Gallego (I)

Xa está a punto de saír a última novela de fantasía da autora da saga Memorias de Idhún de Laura Gallego. Sairá publicada o 4 abril de 2013 coa editorial Minotauro: El libro de los portales.

Presentamos o booktrailer do libro de Laura Gallego.

Para ler o primeiro capítulo pulsa aquí. E déixanos os teus comentarios.

últimas incorporacións

Podes consultar no Catálogo da Biblioteca as últimas incorporacións ó seu fondo.

Hai desde novelas de intriga, autobiográficas, libros de política, sicoloxía, a manualidades.

Incorporamos material explicativo de labores de punto que hai tempo que se veñen pedindo na biblioteca: son 2 revistas e 4 DVDs.

 

De momento o resto do fondo de DVDs e CDs non o incluiremos no catálogo en liña aínda que se poden seguir levando en préstamo coma ata o de agora.

la sombra de la serpiente

Xa podes seguir as aventuras de Carter e Sadie Kane, pois xa temos dispoñible La sombra de la serpiente, o terceiro volume de Las crónicas de los Kane, de Riordan, Rick.

Reseña da web oficial:

Cuando los jóvenes hermanos Carter y Sadie Kane aprendieron a usar la magia para seguir el camino de los dioses del Antiguo Egipto, sabían que iban a jugar un papel importante en la restauración de la Ma’at (el orden) en el mundo. Lo que no sospechaban era lo caótico que este se podía volver…

Apofis, la serpiente del Caos, ha regresado con fuerzas renovadas y destruirá la Tierra si nadie la detiene en un plazo de tres días. Los magos de la Casa de la Vida están al borde de una guerra civil, los dioses de la Ma’at están desapareciendo y, los que quedan, están debilitados tras la última batalla… Así que sólo quedan Carter, Sadie y sus jóvenes compañeros aprendices: ¿qué podrán hacer un puñado de adolescentes contra tal panorama?

Pues buscar una última posibilidad para detener a Apofis, aunque sea una opción extrema: los hermanos Kane pueden morir en el intento… y no hay ninguna garantía de que vaya a funcionar. Además, implica confiar en que el fantasma de un mago psicópata no les traicione, ni les mate, ni les encierre eternamente en el submundo del caos.

Habría que estar loco para intentarlo, ¿verdad? Pues ya podéis llamarles locos…

Se che gustaron os dous primeiros libros, seguro que este tamén o vas desfrutar.

recomendacións da semana

Lembramos que este venres toca contacontos. Nesta ocasión trasladarémonos ó Xapón.

Coma sempre será na sala infantil ás 5 da tarde.

Na nosa sección de novidades, esta semana temos varias recomendacións para que vaiades preparando o Nadal (con bromas para Santos Inocentes, enigmas, xogos, bailes,…):

1.- Queres poñer nun apreto a alguén? faille algunha das preguntas do libro Preguntas que poñen os pelos de punta

para ver se saben responder a isto?:

  • por que a túa camiseta leva a terra do parque? (non es ti que te suciaches!)
  • por que as cousas non caen para arriba? (fai a proba, caen sempre para abaixo)
  • cal é a dieta da altura? (en serio que existe)
  • como queda unha camiseta amarela cando a metes no río Colorado? (sorprendente!)

Tanto se o sabes coma se non, nestes tres libros atoparás resposta a estas preguntas e a moitas máis igual de curiosas e interesantes. Aquí só vos amosamos unhas poucas.

2.- Para cantar e bailar, libro acompañado por un CD de música e vídeo, no que se recopilan 23 xogos tradicionais con melodía, combinando a canción co baile: don Melitón, o esparabán, o pingariño,…. son cancións de corro ou para bailar.

novidades de aventura

Hai unha ampla selección de novela infantil e xuvenil de aventura que acaba de entrar na nosa sección de novidades:

Entre outras, temos as series de:

Clementina: Clementina é unha nena de 8 anos de pelo vermello alborotado, que se mete en líos sen buscalos, e vive divertidas aventuras.

Agatha Mysteri, serie de misterios e enigmas protagonizada por Agatha, unha aspirante a detective cun olfato extraordinario, que roda polo mundo xunto co seu chapuceiro curmán Larry, o seu fiel mordomo e o gato Watson para resolver os misterios máis intrincados.

Tea Stilton a intrépida e fascinante enviada especial do Eco do Roedor, o famoso periódico que dirixe o seu irmán Gerónimo Stilton, nárranos as aventuras dun grupo de cinco xoves investigadoras que forman o Clube de Tea.

Mila & Luna: Mila tén 10 anos, un millón de rizos e innumerables pencas. Bruxa, pero só por parte de pai. Luna tén 10 anos, ollos azuis e pel canela, presumida a máis non poder. Fada 100%. Acompáñaas  nas súas aventuras nun mundo cheo de seres de fantasía.

La tribu de Camelot, formada por Berta, Mireya, Eli, Sa’îd, Miguel, Carlota e o seu gato Merlín, un equipo de luxo que morre por correr aventuras e por o mundo patas arriba para defender calquera causa, cun lema: traballar sempre en equipo, defender ó débil e loitar pola igualdade.

Las gemelas vampiras, Daka e Silvana son dúas xemelgas medio vampiras que se trasladan coa súa familia de Transilvania a unha cidade alemá. Por se foran poucos os conflictos de adolescentes e as dificultades da vida moderna, como ter que durmir polas noites, a súa nai proíbelles terminantemente voar. Vas rir da primeira á última páxina.

Las aventuras de Araminta, Araminta sempre leva as culpas de todo, e vive interesantes aventuras nas que participan seres fantásticos (como pantasmas, homes lobo, vampiros) para resolver os misterios que a rodean.

día de defuntos e medo

No seguinte vídeo vemos a Guía do desafortunado, un libro pop-up (que lamentablemente non temos na biblioteca) no que se recollen moitas supersticións (o nº 13, os gatos negros, abrir un paraugas no interior dun edificio,…) e que presentamos nestes días nos que está próximo o tempo de contar historias de medo, e no que as supersticións están máis presentes ca no resto do ano:

Hai moitas novas incorporacións na biblioteca que podes consultar coma sempre no catálogo web ou nos seguintes enlaces:

Pásate a escoller algo para pasar estas festas. Busca algunha obra de medo, … se te atreves!