entroido 2019

Xuntamos o programa de actividades deste entroido:

entroido19-1.png

Na biblioteca teremos 2 actividades:

*Obradoiro de Compadres:

  • martes 19 de febreiro desde as 6 da tarde, na Biblioteca de Escairón, elaboración de compadres que sairán á rúa o xoves 21.
  • xoves 21 de febreiro xogos populares e queima dos compadres, a partir das 5 na carpa.

*Obradoiro de Comadres:

  • martes 26 de febreiro desde as 6 da tarde, na Biblioteca de Escairón, elaboración de comadres que sairán á rúa o xoves 28.
  • xoves 28 de febreiro xogos populares  queima das comadres, a partir das 5 na carpa.

Faremos os compadres e as comadres con palla, polo que tedes que acordarvos de traer roupa para poder vestilos. Podedes tamén traer paus para reforzar a súa estrutura.

festas de nadal

Aquí vedes as actividades deste Nadal organizadas polo concello:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Lembrade que nos obradoiros é obrigatorio inscribirse 5 días antes como mínimo!

A biblioteca pechará os seguintes días:

  • 21 de decembro pola mañá
  • 24 e 25 de decembro
  • 31 de decembro
  • 1 de xaneiro

Como o prazo para entregar os traballos do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2018” remata o 21, prorrogámolo ata o mércores 26.

rescate na biblioteca

O vindeiro 14 de decembro teremos a actividade de misterio:

Rescate na Biblioteca
14 de decembro ás 5 da tarde

rescate.png

Actividade recomendada a partir de 6 anos.

Anímate a facer de detective!

Carmiña e Xustino, uns bibliotecarios un tanto peculiares, decidiron secuestrar a un par de crianzas para encher a súa biblioteca, coma nos vellos tempos, e fóiselles un pouco das mans. Meteron a unha manchea de rapaces e rapazas en diferentes libros e agora non os atopan!

selección de libros de autoras de terror

Preparando a sesión literaria do vindeiro venres, elaboramos unha selección de libros na que incluímos os títulos que temos das autoras de terror que nos recomenda Andrea Barreira Freije para o obradoiro. Aviso a navegantes: non todos os títulos son de terror terrorífico, algúns lévannos a pensar simplemente que moitas veces somos nós os que nos deixamos asustar por cousas que non dan medo.

Podedes consultar a nosa selección neste enlace.

Terroríficas. Obradoiro de literatura e escritura de terror
2 de novembro de 5 a 7 da tardeobradoiro terroríficas

Coa escritora Andrea Barreira Freije, falaremos de distintas autoras do xénero de terror: Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza, María Canosa, Uxía Casal entre outras, construíndo o noso propio relato.

Unha actividade pensada para adultos, mocidade e participantes a partir de 11 anos.

Recomendámosvos que vos inscribades na biblioteca, presencialmente ou no teléfono 982452324.

terroríficas na biblioteca

Rematamos as celebracións do Samaín, cun obradoiro terrorífico o mesmo Día de Defuntos:

Terroríficas. Obradoiro de literatura e escritura de terror

2 de novembro de 5 a 7 da tardeobradoiro terroríficas

Terroríficas
Obradoiro de literatura e escritura de terror,
da man de Andrea Barreira Freije

Combinando a lectura e a escritura de relatos de terror, viaxaremos a través de distintas autoras (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza, María Canosa, Uxía Casal entre outras) pola literatura de terror construíndo o noso propio relato.

Todo isto da man da escritora Andrea Barreira Freije.

Unha actividade pensada para participantes a partir de 11 anos: desde os 11 anos á inmortalidade.

Recoméndase inscribirse na biblioteca, presencialmente ou no teléfono 982452324.

autores con pegada

Chega agosto e chegan as festas. E na biblioteca imos deixar pegada! Farémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos do venres 3 de agosto ás 12 da mañá, na que como tén prazas limitadas, convén que vos inscrivades canto antes.

Cartaz agosto_pq

Obradoiro creativo
Autores con pegada
,
da man de ‘Menos dá unha pedra

Esta actividade está recomedada de 4 a 7 anos e público familiar acompañante, cun máximo de 12 participantes (farase unha lista de espera, e no caso de que ás 11:45 falte algunha das persoas inscritas, avisarase por teléfono á seguinte da lista de espera).

Crearemos as personaxes da nosa historia, e ilustrarémola.

Cando rematemos, organizaremos unha exposición para mostrar ó mundo as nosas fantásticas creacións!

Inscricións: na biblioteca ou a través do teléfono 982452324.

A actividade englobada no programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta coa colaboración do Concello do Saviñao.

grandes historias en formato pequeno

A sesión de contos do vindeiro venres ás 12 da mañá conta con só 20 prazas. Podedes inscrivirvos ata o xoves ás 12 h.

minicontos_pq2

Obradoiro de minicontos,
grandes historias en formato pequeno
,
da man de ‘O faiado de Nin

Esta actividade está recomedada a partir de 6 anos e público familiar acompañante.
Máximo 20 participantes (farase unha lista de espera, e no caso de que ás 11:45 falte algunha das persoas inscritas, avisarase por teléfono á seguinte da lista de espera).

Inscricións: na biblioteca ou a través do teléfono 982452324.

A actividade englobada no programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta coa colaboración do Concello do Saviñao.

actividades de verán 2018

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas deste verán, tanto  para nenos coma para adultos. O prazo de inscrición remata o 26 de Xuño.

Podedes atopar os formularios de inscrición na biblioteca e no concello. Máis información no Facebook do Concello do Saviñao.

Das actividades na biblioteca iremos informando puntualmente aquí, no blog. De momento, que saibades que teremos contacontos e obradoiros (todos con prazas limitadas) os primeiros venres de mes ás 12 da mañá:

  • 6 xullo Obradoiro de minicontos, grandes historias en formato pequeno
    recomedado a partir de 6 anos e público familiar
    Máximo 20 participantes
  • 3 agosto Obradoiro Autores con pegada
    recomedado de 4 a 7 anos (se quedan prazas, ata 10 anos)
    Máximo 15 participantes
  • 7 setembro Contacontos Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes
    recomedado de 4 a 11 anos
    Máximo 30 participantes

Non te despistes, e anótate para os contacontos e obradoiros da biblioteca.

contacontos das letras galegas

Abriremos a semana das Letras Galegas cos amigos Mau e Pin de Polo Correo do Vento, que nos visitarán o vindeiro luns día 14 ás 18:30.

Traeránnos desta volta contos, debuxos e anécdotas da vida e da obra de María Victoria Moreno, que foi mestra igual que Genoveva González Prieto á que adicamos o Certame Mulleres de Lemos deste ano.

coreo do vento_letras galegas

Convidámosvos a que ás 18:30 vos acheguedes á Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca dispostos a divertirvos.

Podedes ver algúns dos debuxos que fixemos con eles na súa última visita, expostos na Sala Infantil e Xuvenil, e tamén atoparedes os seus libros dispoñibles na biblioteca neste enlace e na Casa dos Ratos.

entrega de premios nadal 2017

O vindeiro mércores día 7 de febreiro ás 5 da tarde, faremos entrega dos premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2017 na Sala infantil:Sala Infantil

Inmediatamente despois, na Aula, comezaremos co Obradoiro de Comadres para elaborar as comadres que sairán á rúa o xoves 8.

Lembrade traer roupa para poder vestilos. Podedes tamén traer paus para reforzar a súa estrutura.

Edición:

Os gañadores da fase provincial pubícanse neste enlace.