obradoiro de flores

Este venres, aproveitando a visita da nosa antiga mestra de origami, teremos con ela un obradoiro de flores de tela de deseño xaponés.

Debido ás medidas de prevención da Covid, o aforo será moi reducido, polo que é imprescindible reservar praza na biblioteca, presencialmente ou por teléfono no 982452324.

Debido ó procedemento de elaboración a actividade diríxese a un público adulto.

día da biblioteca-noite na biblioteca 2017 (resume)

Día 20 de outubro de 2017 das 10 da mañá ata a medianoite, na biblioteca de Escairón

O día 24 celébrase o Día da Biblioteca, e na biblioteca, debido ó éxito acadado en anteriores edicións (esta é a cuarta), decidimos adiantar a celebración ó venres e non pechar en todo o día. Así tivemos actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata a medianoite.

Ás 10:00 chegou o primeiro dos grupos escolares (4º, 5º e 6º de Infantil do colexio de Escairón) e ás 11:15 chegou o grupo da Escola Infantil Municipal,  que viñeron coñecer a biblioteca e que se entretiveron e divertiron cos contos prohibidos Hola, cartero, Pezzettino ou Soy el más guapo.

Ás 12:00 chegaron os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria e ás 12:45 os de 4º, 5º e 6º de Primaria, que despois de repasar o aprendido sobre O Saviñao na visita do ano pasado (fixemos exame e non se libraron tampouco os profes, que xa están avisados para a próxima), continuaron vendo como é que un libro pasa a formar parte do fondo da biblioteca e se pón a disposición do público: como lle poñemos o identificador de código de barras para facer o empréstito no novo Sistema de Xestión Bibliotecaria. Por grupos, identificamos e etiquetamos varios libros da sección xuvenil, que xa están colocados onde lles corresponde. Ademais aproveitamos para recordar que había máis actividades pola tarde.

De 14:00 a 17:00 reservamos tempo para as visitas guiadas á biblioteca.

Ás 17:00 a nosa primeira sesión “oficial” de Contos Prohibidos da tarde, na que cada quen mirou e remirou os títulos que temos dispoñibles.

Ás 18:30 (despois da merenda) coñecemos A superavoa de Antón da Organización Meu Rei (que colabora coa Fundación Meniños de Galicia)(a partir de 3 anos e público familiar), que rematamos cun obradoiro artístico. Un breve resumo é este:

Día da Biblioteca 2017b

Toda a tarde estivo chea de contos, moitos deles que foron prohibidos. No obradoiro d’A superavoa de Antón, creamos unha chea de personaxes en pedra entre a hora da merenda e a da cea!

Ás 19:30 a segunda sesión sesión “oficial” de Contos Prohibidos durante a que vimos novamente Hola, cartero, Orellas de bolboreta, e outros varios que representamos por grupos: Pezzettino (en italiano), Mi perrito quiere bailar ballet, ou Soy el más guapo.

Ás 20:30 Xogos por equipos e unha apetitosa cea para que a fame non acabara coas ganas de diversión.

Ás 22:00 vimos que As cousas pequenas contan (do repertorio do programa Ler conta moito). Con el soubemos que calquera obxecto nos pode servir para crear personaxes e inventar historias. Coas historias inventadas durante o obradoiro fixemos un precioso conto!

A partir das 23:00 relaxámonos con música e baile, e non faltou o karaoke!

Día da Biblioteca 2017c.jpg

As cousas pequenas contan leváronnos a inventar personaxes e historias, coas que se fixo un libriño que podedes atopar na biblioteca. Rematamos con baile e karaoke.

A medianoite despedímonos con poucas ganas de marchar para a casa.

Esperamos que o pasarades moi ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando a ver como o celebramos o ano que vén.

Agradecemos de corazón a participación nas actividades e alegrámonos de que o pasarades tan ben que non quixerades marchar para a casa.

Podedes ver o que publicamos tamén no bog Ler conta moito sobre as actividades do Día da Biblioteca.

Iremos publicando máis fotos (visitas escolares, obradoiros, …)

día da biblioteca-noite na biblioteca 2016

cartel-2-baja_pq

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.

Despois do éxito acadado nas edicións de 2014 e 2015, na biblioteca de Escairón celebraremos o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca o venres día 21 das 10 da mañá ás 12 da noite.

Abrimos igual que calquera outro día ás 10 da mañá pero teremos actividades todo o día sen interrupción ata a medianoite: visitas guiadas, xogos, concurso, merenda, contacontos, experimentos, titiricleta, obradoiros variados,… Un feixe de actividades para todos os gustos.

Este ano, ademais, como novidade, ó longo do día iremos enchendo unha cápsula do tempo para abrir o próximo Día da Biblioteca que coincida a venres: o 24 de outubro de 2025! Se queredes deixar algo para o recordo, traédeo á biblioteca ese día e introducirémolo dentro para non  volvelo ver ata dentro de 9 anos. O recomendable é que sexa un obxecto non demasiado grande para que caiban varios dentro da cápsula.

cartaz-final3.PNG

Xa sabedes o que vos decimos sempre: convén que vos inscribades en todas as actividades nas que queredes participar para ter materiais suficientes. Para a actividade A ciencia é divertida e o Obradoiro Fibonacci faranse 2 grupos: un de 2 a 4 anos e outro a partir dos 5 anos. Os grupos serán rotatorios para que tod@s poidan participar neles. Por eso é imprescindible que vos inscribades con antelación.

Calquera dúbida, podedes consultala na biblioteca ou chamando por teléfono.

(A actividades e horarios están suxeitos aínda a modificacións organizativas)

volve origami pola tarde

Volvemos comezar cos obradoiros de origami as tardes de venres.

origami-veranXa sabedes que a actividade se adapta ó nivel dos participantes polo que non son precisos coñecementos previos. Ademais está aberta tanto a pequenos coma a grandes, non hai limitación de idade máis que a que impón o saber dobrar o papel seguindo as instrucións.

Coma sempre, agardamos por vós os venres ás 5 da tarde na sala infantil.

En vindeiras semanas iremos avanzándovos as nosas actividades de outono.

contacontos de xullo

Este venres xa é xullo, e temos 2 cousas que lembrarvos:

  1. cambiamos a horario de verán
  2. toca contacontos, e co cambio de horario, a sesión de contos será ás 12:00, os vindeiros venes haberá a esa mesma hora origami.

Así que xa sabedes: podedes atopar a biblioteca aberta de 8:30 a 14:30 e non cheguedes tarde ás actividades porque volas perderedes!

actividades de verán

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas deste verán, tanto  para nenos coma para adultos. O prazo de inscrición remata o 27 de Xuño.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Podedes atopar os formularios de inscrición na biblioteca e no concello. Máis información no Facebook do Concello do Saviñao.

Este verán non te quedes na casa e disfruta coa oferta de actividades para toda a familia.

obradoiro de mar

Como a exposición de bolboretas remata o día 17, este venres, ademais do obradoiro “acuático”, faremos unha actividade relacionada coas bolboretas para despedir ás Monarcas que lle deron color e calor á biblioteca no que vai de mes.

Se non a vistes, aproveitade que xa queda pouco: podedes ler ademais dos paneis, os dossieres e ver o documental que proxectamos luns, martes, xoves e venres na aula ás 13:00 e ás 18:30, ademais de proxeccións baixo demanda.

Ás 17:00 h. teremos o obradoiro de origami e ás 18:30 os obradoiros mariño e de bolboretas.

Xa veredes que marabilla faremos cos botellas de plástico: unha especie de acuario auténtico (e non podo dicir máis para que sexa sorpresa).

o prometido é débeda: instruccións de origami

Como o prometido é débeda, subimos aquí os pasos de elaboración da figura máis sinxela. A partir dela elabóranse variantes, que deberedes vir aprender ás sesións de origami. Podédelas ver na exposición cambiante (tamén no noso Facebook).

PASOS PARA CONSTUÍR FIGURAS DE LADOS CADRADOS OU TRIANGULARES

Podemos ver as imaxes para seguir o paso a paso [para ampliar as imaxes pulsa nelas].

1 e 2: doblar diagonais facendo triángulos e abrir.

3: levar esquinas superior e inferior ata a liña central e facer 1 MARCA.

4: dobrar esquinas superior e inferior ata a MARCA.

5: dobrar lados superior e inferior ata a liña central.

6: dobrar lados esquerdo e dereito formando un rectángulo cos lados do plegado anterior.

7: dobrar a ESQUINA INFERIOR cara ARRIBA xuntando o BORDE INFERIOR coa LIÑA CENTRAL e desdobrar. Dobrar a ESQUINA SUPERIOR cara ABAIXO xuntando o BORDE INFERIOR coa LIÑA CENTRAL e desdobrar.

8: levantar a solapa superior e esconder a esquina inferior dereita. Levantar a solapa inferior e esconder a esquina superior esquerda.

9: volteamos e dobramos os lados máis longos ó medio (ver liñas verdes).

MONTAXE: os vértices que saen (frechas saíntes) encaixan dentro dos bolsillos (frechas entrantes).

A montaxe é cuestión de práctica, e cantas máis pezas fagamos, máis figuras distintas podemos facer. A máis básica leva 3 pezas.