a nena do bambú

Este venres presentamos unha pequena exposición sobre a cultura xaponesa. Puidemos ver numerosas ilustracións, estampas e fotografías, unha pequena colección de abanos e moitos obxectos feitos con bambú.

O bambú é un elemento natural moi utilizado na cultura xaponesa, desde a construcción de andamiaxes, a pontes, casas, mobles variados (sillas, mesas, armarios, camas,…) ata persianas. Na pequena exposición da biblioteca puidemos ver diversos obxectos cotiáns como culleres, cuncas, cucharóns, esteriñas para elaborar o sushi, envases para a presentación de dóces, varillas para remover o pó de té, ou as varillas dos abanos tradicionais que puidemos ver na exposición.

Ademais do bambú, puedemos ver un kimono de gala e varios obis (cinturóns) e zoris (calzado).

Kimono

obi negro obi vermello
e zoris (no centro da pantalla)


obi negro obi negro negro beis obi beis obi beis

Puidemos practicar 3 kanjis moi importantes para o noso conto do día, A nena do bambú:

bambú / lúa / montaña
take / suki / yama

Fixemos tamén un abano de papel coa técnica do origami, e despedímonos cunha foto de grupo!

A exposición ía estar só o venres, pero finalmente estará toda esta semana.

cambio de horario

A partir do luns, a biblioteca retomou o horario de inverno, abrindo de 10 a 14 e de 16.30 a 20.

Tamén os obradoiros de papiroflexia retomarán o horario de inverno, ás 5 da tarde.

A duración é de máis ou menos en 1 hora e, ademais de practicar origami, achegarémonos a algunhas tradicións e costumes do Xapón.

Calquera que sexa a túa idade, de 5 a 120 anos, anímate a participar e a practicar na casa. Ademais das figuras que se fagan durante os obradoiros, podes levar para a casa algún libro de papiroflexia para elaborar outros modelos.

lectura e lecturas

Consulta as novidades da biblioteca no Catálogo en liña.

Recordamos este vídeo que xa vos apareceu hai uns anos no blog, que define coas palabras xustas o que é a lectura. Estás de acordo con el?

Lembramos que o día 15 de setembro cambiamos o noso horario ó de inverno: de 10 a 14 e de 16.30 a 20. Por iso a primeira sesión de papiroflexia despois do cambio horario será pola tarde. Anunciaremos o horario con carteis en distintos lugares da vila.

exposición de origami

Este venres despois da sesión de papiroflexia, remataremos de preparar as obras que se elaboraron ó longo destes meses, e algúns modelos das que se realizarán nas vindeiras sesións, para inaugurar a nosa exposición de papiroflexia.

EXPOSICIÓN DE ORIGAMI

aberta ata o 31 de agosto

nas salas da biblioteca

de 8.00 a 15.00 h.

A pesar de que a biblioteca pechará durante as festas, parte da exposición poderá verse na fiestra da aula.

papiroflexia don diego de día

[Post editado para incluir a explicación do paso a paso ó final]

Hoxe elaboramos unha flor, da que vos amosamos a continuación os pasos.

Con isto imos avanzando de cara á exposición de todas as figuras que fomos elaborando ó longo destes meses.

Pasos a seguir:

1.- Dobramos a folla pola metade cara abaixo, abrimos e dobramos á metade cara a dereita e abrimos.

2.- Dobramos en diagonal para abaixo primeiro cara a dereita e despois cara a esquerda, abrimos e xuntamos dúas das esquinas opostas de xeito que pregamos o papel facendo un cadrado máis pequeno.

3.- Colocamos o cadrado coas aberturas cara adiante e dobramos os dous lados ata a metade, dámoslle a volta á figura e repetimos, obtendo unha forma de cometa. Marcamos un arco cunha moeda ou a ollo, para cortar esa esquina en redondo.

4.- Cando temos cortado, tiramos da capa superior do papel cara abaixo de xeito que se abre a flor. Non abrimos de todo para que quede a forma da flor. Despois cun papel verde cortamos varias tiras alongadas.

5.- dobramos un cadro de papel verde e marcamos unha especie de tres [3] para recortar simétrica a forma da folla da flor. Montamos unha estrutura de madeira para facer a enredadeira e colocamos a flor coa folla e enroscamos as tiras facendo a forma de enredadeira.

6.- Quedará máis ou menos así cando teñamos feitas varias flores.

resume das actividades do venres

Hoxe só un breve resume fotográfico das actividades do venres:

Papiroflexia:

Fixemos unha caixa bastante complicada, pero con paciencia e sen correr, conseguimos que quedaran ben. Aquí vai o paso a paso fotográfico (ollo, que hai que facer 4 pezas para construir a figura, é o que se chama origami modular).

Como é un pouco complicada, aquí van as instrucións, seguidas dun esquema fotográfico de apoio, para que poidades facela na casa:

1-3.- Partindo dun papel cadrado, dobraos á metade, abrimos e unha metade outra vez á metade.

4-6.- Abrimos e dobramos as 2 esquinas inferiores en triángulo ata a marca, a superior esquerda ata o vértice do inferior dereito e marcamos un triángulo coa úlima esquina (é dicie, vovémola abrir).

7-9.- Dobramos cara arriba a parte inferior pola súa marca, marcamos a metade en vertical (volvemos abrir) e dobramos en diagonal usando como guías as marcas do triángulo pequeno da dereita (marcamos forte ata a marca da dobrez vertical).

10-12.- Mantemos nesa posición e levantamos a parte esquerda e a superior, para obter unha esquina da caixa.

13-18.- Facemos do mesmo xeito CATRO esquinas (da mesma cor ou combinando varias) e unimos os módulosun a un.

19-21.- Ó colocar a última peza, comprobamos que os triángulos libres queden pola parte interior, e apretamos para que queden ben xuntiñas todas as pezas.

22-24.- Como así non queda moi asegurada, dámoslle volta á caixa e pola parte interior vemos que queda coma as aspas dun muíño; levantamos unha aspa e introducimos debaixo dela o pico da aspa anterior.

25-27.- Levantamos a seguinte aspa e introducimos o pico da anterior, ata que ó final queden cadrados. Xa temos rematada a caixa.

Levounos bastante tempo, pero para cada nova peza necesitabamos menos tempo porque colleramos práctica. Quedaron moi bonitas. Pola tarde os rapaces de Polo correo do vento, marcharon moi contentos coas dúas que lles regalamos.

O próximo día faremos outra (ou repasaremos esta). E seguiremos practicando a coller cousas cos palillos

Este primeiro día non se nos deron mal de todo…

Contacontos Polo correo do vento:

Pola tarde, chegaron Polo correo do vento Carlos e Quique, que nos trouxeron unha historia que involucra á Violeta a carteira bolboreta. Tratábase dun carballo no que vivía unha familia de esquíos e que enfermaba. Como a única solución parecía ser pedirlle axuda á gata bruxa Ágata, o esquío Uxío parte na súa busca nunha viaxe que dura case un ano. Pero ademais de atopar á bruxa e o remedio para o carballo enfermo, tamén atopa o amor.

Finalmente tocou a hora de ser todos artistas:

E ninguén perdeu detalle das instrucións para facer o retrato de Ágata a bruxa gata, que quedou moi favorecida en tódolos retratos.

Pola tarde en Currelos, foron as aventuras do Galo peiteado o que, seguindo os consellos da andoriña Mariquiña, despois de enviarlle unha carta a María, a pita, da que estaba namorado e á que non lle dixera o que sentía, emprende unhas viaxes ás agachadas para vela . Ó final fixemos tamén con instrucións o retrato da galiña.

Podedes coñecer ás personaxes destas histoiras (ademais de moitos lugares de Galicia, nos libros da colecciónchegaron Polo correo do vento. En vindeiros días teremos máis fotos no apartado de fotos do blog. Podedes visitar o blog de Polo correo do vento e tamén o seu Facebook.

Escollemos nome dos novos ratiños:

Estas son as propostas que eliximos (entre parénteses os votos recibidos):

-ratiño:Anxo (1), Anselmo (4), Honorato (4), Xerardo (7), Rodolfo (11).

-ratiña: Alexandra (5), Carola (6), Rosa (7), Lucía (8), Xaquina (9), Tareixa (11).

Tan pronto nos concedan a adopción saberemos se é Rodolfo ou Tareixa… Estamos á espera.

actividades deste venres

O venres 29, ademais das actividades especiais da tarde, pola mañá teremos o obradoiro de papiroflexia ás 12, tal e como anunciabamos nun post anterior. Lembramos que é tanto para adultos como para público infantil.

Pola tarde teremos ós autores da colección Polo correo do vento, con Violeta a carteira bolboreta, ás 5 en Escairón e ás 9 en Currelos. Por iso a biblioteca abrirá un pouco máis tarde do seu horario habitual de verán: ás 11 da mañá.

Volvendo ó tema das sorpresas que nos deparará este verán na biblioteca, aproveitade para coñecer mellor ás nosas mascotas (despois ó mellor hai que facer cola para pedirlles autógrafos).

continuamos cos obradoiros de papiroflexia

Os venres ás  5 da tarde continuamos coas sesións de papiroflexia.

Na última sesión tivemos un SOROBAN (ábaco) escolar xaponés. No seguinte vídeo (en inglés) vese unha escola, na que ós 4 anos se empeza a usar o soroban. Ós 12 anos os alumnos son xa capaces de realizar complicadas operacións con grandes cifras. Tras moita práctica co ábaco xa non lles fai falla telo á man, pois só con mover os dedos son capaces de resolver as operacións.

Loli contounos que incluso para traballar nun banco hai que pasar unha proba que consiste no manexo correcto do soroban. Pareceunos moi interesante, e máis grande do que imaxinabamos.

Como curiosidade, sobre a orixe e evolución do ábaco xaponés, copiamos literalmente o seguinte parágrafo do blog El Matenavegante. Como nota interesante, a competición entre un xaponés usando o ábaco contra un norteamericano usando unha calculadora (similar ás actuais) ¿quen gañaría?:

El ábaco japonés, o Soroban, tiene su origen en el siglo XVI. Inicialmente tenía una disposición de cuentas 2-5 como en el Suan-pan chino, del que deriva. Posteriormente se le eliminó una de las cuentas superiores, quedando en disposición 1-5. A principios del siglo XX perdió una de las cuentas inferiores quedando en la actual disposición 1-4 que es la más adecuada al sistema decimal usado actualmente. Las cuentas del Soroban son de pequeño grosor y tienen los cantos vivos. Con esta forma se mejora notablemente la rapidez en los movimientos, y como consecuencia de los cálculos. Es, sin duda, el ábaco más evolucionado y con el que se realizan los cálculos con mayor rapidez.Como ejemplo de las potencia de cálculo del ábaco está la famosa competición patrocinada por el periódico del ejército americano, Stars and Stripes (barras y estrellas) ocurrida en Tokyo el día 12 de Noviembre de 1946, entre el japonés Kiyoshi Matsuzaki del Ministerio Japonés de comunicaciones utilizando un Soroban y el americano Thomas Nathan Wood de la armada de ocupación de los E.U.A. con una calculadora electromecánica. El vencedor fue Matsuzaki usando el Soroban, que resultó vencedor en cuatro de las cinco pruebas, sólo perdiendo en la prueba con operaciones de multiplicación con números grandes.

Pódense ver fotos do soroban e das figuras realizadas na sesión, no apartado FOTOS do blog.

Ademais Loli tamén tiña para ensinarnos unhas figuras co traxe típico de Corea e unhas zocas coreanas que nos comparou con outras holandesas que tamén traía.

Ademais das grúas, fixemos varias clases de flores e un estoxo:

obradoiros de papiroflexia ás 5 da tarde

Foron moitos os que nos pediron que cambiaramos os obradoiros para as 5 porque ás 6 teñen que marchar.

Por iso, a partir deste venres, os obradoiros de papiroflexia comezarán ás 5 da tarde.

A duración segue a ser de máis ou menos en 1 hora e ademais de practicar papiroflexia coñeceremos algunhas tradicións e costumes do Xapón.

Continuamos aprendendo cousiñas:

Para saudar: KONNICHIWA

Para agradecer: ARIGATÓ.

Podes repasar os números e a palabra origami nun post anterior.

Tamén coñecemos, a través dun libro da biblioteca, a Haruchan que tén 7 anos. O seu nome significa Pequena Primavera. E en vindeiras sesións ensinaranos como é o seu colexio e o que fai cada día. Polo de agora vimos que na escola tamén teñen clases de origami, e que na súa casa as portas son moi delicadas porque son de papel.

Teñas a idade que teñas, anímate a participar nos obradoiros de papiroflexia. Temos ademais algúns libros de papiroflexia con modelos cos que podes practicar tamén na casa.

sesión de papiroflexia

Este venres tivemos unha sesión moi interesante de papiroflexia.

Aproveitando que o día 5 era o Kodomo no hi (Día do Neno) en Xapón, coñecemos un pouco as tradicións do país nipón.

Para celebrar ese día, elabóranse unha especie de canas das que pendura un peixe-carpa (koinobori) por cada membro da familia. Tamén se elaboran distintos modelos de cascos de guerreiros samurais.

Ademáis aprendemos os números do 1 ó 10, non só a dicilos, senon tamén a escribilos. e para que o blog nos sirva de recordatorio, incluimos aquí un gráfico de resume:

Tamén practicamos a escribir papiroflexia en xaponés (origami):

Ó longo da semana veremos fotos da sesión no apartado  de Fotos da biblioteca.