presentación da película Vilamor (II)

A presentación do filme estivo do máis entretida coas numerosas anécdotas da rodaxe que nos contaron Ignacio Vilar, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez..

Pódense ver máis fotos na sección de fotos do blog.

Estiveron moi próximos e responderon ás preguntas que se lles fixeron, algunhas delas con mostras prácticas.

Foron moi amables e atentos, asinaron autógrafos e fotografáronse cos asistentes que quixeron.

Quedamos todos desexando que se estree a película para ir vela. En Monforte estará os días 4, 5, 6, 7 e 8 de abril.

Estamos estudando a posibilidade de ir en autobús á estrea do filme. De momento só estamos mirando se se pode facer, pero podedes ir pasando pola biblioteca para que saibamos máis ou menos cantas persoas estarían interesadas, e se finalmente é factible e hai un número suficiente de preinscritos, abriremos unha lista definitiva para anotarse.

presentación da película Vilamor

Está previsto que a película “Vilamor” se estree o vindeiro 30 de marzo en Lugo e Ribadeo, o 4 de abril en Monforte, despois, cunha estrea cada venres, proseguirá o seu percorrido por cines de toda Galicia ata o 16 de maio. Ademais esta presenza nos cines acompáñase coa xira promocional da Caravana Vilamor, na que Ignacio Vilar e os actores principais (Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez) percorrerán nunha furgoneta máis de 250 institutos e asociacións culturais e deportivas de toda Galicia para dar a coñecer a película.

Mañá día 20 de marzo, estarán na nosa biblioteca, a partir das 5 da tarde.

Presentaranos a película o seu director, Ignacio Vilar, e comentarannos a súa experiencia os actores protagonistas Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Despois sesión de preguntas, entrevista ou autógrafos.

Aquí mesmo podedes ver un avance do filme:

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=38358336&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

Trailer de Vilamor en Vimeo.

Máis información na web do filme.

NOTA: Película recomendada a partir dos 12 anos.