Presentación do conto “Inés De Castro: Unha Muller Para o 8 De Marzo”

Conto Inés De Castro[Pulsar na imaxe para ampliar]

O vindeiro mércores 17 de decembro, terá lugar a presentación da versión impresa do conto “Inés de Castro: Unha muller para o 8 de marzo” que, en colaboración co CIM de Monforte, ilustraron alumnos dos centros escolares e usuarios das bibliotecas da Comarca de Lemos (entre as cales está a Biblioteca Municipal do Saviñao).

O acto celebrarase na Casa da Cultura de Monforte de Lemos de 12 a 13 horas.

Este acto desenvolverase da seguinte maneira:

  1.  Presentación do Conto “Inés De Castro: Unha Muller Para o 8 De Marzo”.
  2.  Entrega de Exemplares do Conto a cada Centro Educativo.
  3. Contacontos a cargo de Paqui Abeledo, monitora de teatro que narrará o conto  “Construíndo  Igualdade”.

Como xa vos comentamos en anteriores ocasións, o conto pode lerse en liña neste enlace.

Tamén podedes pasar pola biblioteca a lelo nalgún dos exemplares de publicación caseira que elaboramos para achegarllo ós nosos usuarios e que tivo moi boa acollida entre os nosos usuarios. Agardamos que o éxito tamén acompañe á versión impresa, que estamos desexando copmpartir convosco.

nova biblioteca Gándara Lemos

O colexio A Gándara de Monforte
inaugurou onte a súa nova biblioteca

Coa nova ubicación, queren ampliar o acceso da tradicional biblioteca escolar máis alá da comunidade educativa ó contemplar a posibilidade de estender o préstamo ós pais dos alumnos e creando un clube de lectura para pais que se sumará ó de profesores co que xa contaban no centro.

Apostan tamén por converter ese espazo en multifuncional, pois ademais de sesións de contacontos e animación á lectura, nel terán lugar exposicións ou proxeccións audiovisuais grazas ó novo equipamento técnico co que conta a biblioteca do centro.

Coa escritora Olga Novo na presentación oficial da biblioteca, iníciase o contacto cos creadores literarios neste novo espazo cultural da comarca, que se renova nun proxecto que nace con afán de colaborar con outros axentes culturais, bibliotecas escolares e bibliotecas municipais dos arredores.

Reciban a felicitación desta biblioteca e o agradecemento por contar connosco para a andadura dese novo proxecto cultural.

presentación da película Vilamor (II)

A presentación do filme estivo do máis entretida coas numerosas anécdotas da rodaxe que nos contaron Ignacio Vilar, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez..

Pódense ver máis fotos na sección de fotos do blog.

Estiveron moi próximos e responderon ás preguntas que se lles fixeron, algunhas delas con mostras prácticas.

Foron moi amables e atentos, asinaron autógrafos e fotografáronse cos asistentes que quixeron.

Quedamos todos desexando que se estree a película para ir vela. En Monforte estará os días 4, 5, 6, 7 e 8 de abril.

Estamos estudando a posibilidade de ir en autobús á estrea do filme. De momento só estamos mirando se se pode facer, pero podedes ir pasando pola biblioteca para que saibamos máis ou menos cantas persoas estarían interesadas, e se finalmente é factible e hai un número suficiente de preinscritos, abriremos unha lista definitiva para anotarse.

presentación da película Vilamor

Está previsto que a película “Vilamor” se estree o vindeiro 30 de marzo en Lugo e Ribadeo, o 4 de abril en Monforte, despois, cunha estrea cada venres, proseguirá o seu percorrido por cines de toda Galicia ata o 16 de maio. Ademais esta presenza nos cines acompáñase coa xira promocional da Caravana Vilamor, na que Ignacio Vilar e os actores principais (Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez) percorrerán nunha furgoneta máis de 250 institutos e asociacións culturais e deportivas de toda Galicia para dar a coñecer a película.

Mañá día 20 de marzo, estarán na nosa biblioteca, a partir das 5 da tarde.

Presentaranos a película o seu director, Ignacio Vilar, e comentarannos a súa experiencia os actores protagonistas Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Despois sesión de preguntas, entrevista ou autógrafos.

Aquí mesmo podedes ver un avance do filme:

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=38358336&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

Trailer de Vilamor en Vimeo.

Máis información na web do filme.

NOTA: Película recomendada a partir dos 12 anos.