Soarache o anuncio dun rapaz que lle ofrece unha chocolatina a unha moza, a cal lle pregunta se iso non é cousa de nenos (aquí hai un xogo de palabras que seguramente en alemán ‘dá máis xogo’; explícome: KIND en alemán significa ‘neno/a’, e o plural acaba en ER, realmente non quero facer publicidade, pero… pasa o mesmo ca cunha marca de tabaco que hai anos se quixo traer a España na que o anuncio presentaba un pano de terciopelo, en relación co nome da marca en inglés, o que fixo que aquí non se entendera e acabara sendo retirado).
Pasa algo semellante coas reedicións da famosísima ‘Enciclopedia Álvarez’ usada nas escolas españolas da posguerra, das que aínda andan rulando por algunhas casas de avós: foi reeditada, pero non para o público usuario das versións primitivas, enténdase nenos, senon para adultos (segundo como se mire o público destinatario pode ser o mesmo que estudaba neses libros).

Cousas de nenos (na súa época, na súa idea orixinaria, no seu concepto…) que se refán (=comercializan) para un público máis ben adulto.
A que se debe ese éxito que teñen esas cousas? Non me vou meter en camisas de once varas para analizalo, pero si que o vou usar de base para presentarvos uns libros, uns libros curiosos cando menos.
Moita xente asocia a idea de que os libros con partes movibles e tridimensionais son só para nenos, para representar contos, etc.
Un primeiro exemplo para desmontar esa crenza tan estendida:

Un segundo exemplo é o libro do deseñador Neiman Marcus:
Mostrouno Catuxa no blog da biblioteca de Castrillón. Gustaríache telo nas mans coma a min, pero moito me temo que é un privilexio de poucos petos.
Aviso para navegantes: na biblioteca non temos ningún destes 2 libros, pero si que temos libros tridimensionais e troquelados para os máis pequerrechos da casa, como por exemplo:
–libros con partes movibles
–libros-xogo
–libros-quebracabezas
–libros troquelados, máis libros troquelados
–máis libros para xogar aprendendo
Lémbrovos que para saber qué máis cousas hai na biblioteca, podedes consultar o seu catálogo on-line.