A pesar das dificultades que supuxo este ano, non queremos rematalo sen achegarvos as recomendacións de lectura e de agasallos que vos facemos desde o colectivo Lemos Le:
recomendamos
vídeos mulleres de lemos 2020
Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:
2019 –Inés Fernández en vídeo:
2018 – Genoveva González Prieto en vídeo:
2017 – Balbina López Somoza en vídeo:
2016 – Lola de Penelas en vídeo:
2015 – María Castaña en vídeo:
2014 – Inés de Castro en pdf:
INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.
hora do conto (na corentena)
Varias bibliotecas municipais da Rede de Bibliotecas de Galicia unímonos nun proxecto a través das redes sociais para compartir coas familias cada día, de luns a venres, ó toque das 5 da tarde un conto infantil (narrado, en filme, en lingua de signos, …).
Deste xeito, cada día unha biblioteca fará a súa proposta que compartiremos todas as demais á mesma hora nas nosas redes sociais. Podedes seguir a proposta no noso Twitter @BSavinao. Tamén podedes localizalos tanto no Facebook coma no Twitter coa etiqueta: #horadoconto.
Coas etiquetas #quedanacasaele e #bibliotecasmunicipais atoparedes moitas máis propostas culturais e de entretemento para estes días de encerro.
Twiter de propostas
Creamos unha conta en twitter para difundir actividades e opcións de lectura gratuítas nestes momentos para aliviar o confinamento nas casas.
Podedes atopalo neste enlace:
https://mobile.twitter.com/BSavinao
actividades para facer na casa
Actividades educativas en acceso aberto desde o Grupo SM para distintos niveis educativos. Podedes consultalas no seguinte enlace:
https://www.grupo-sm.com/es/post/aprender-en-casa-con-apps-educativas-gratuitas
Outros recursos:

préstamos vencidos
Debido ás medidas e recomendacións achegadas pola Xunta de Galicia e as medidas adoptadas polo Concello do Saviñao ante a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir con motivo do avance do COVID-19, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao permanecerá pechada temporalmente ó público desde o día 13 de marzo.
Os préstamos que venzan nestas datas RENOVARANSE AUTOMATICAMENTE debido ás inusuais circunstancias. As devolucións deberán facerse cando se reanude o servizo.
Para facilitarvos máis lecturas estes días publicamos un artigo presentándovos a biblioteca dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia: GALICIALE. Para o que teredes que identificarvos.
Podedes enviar as vosas consultas e dúbidas á biblioteca a través do noso correo electrónico: osavinao.rbgalicia@eidolocal.es.
reto a viralizar #quedanacasaele
As bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, tras proposta da BPM de Redondela, tras ver a campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19, tamén queremos contribuir e lanzar a nosa campaña, promovendo o esforzo de quedar na casa e, xa de paso, fomentando a lectura.Por eso vos convidamos a usar e compartir o hashtag #quedanacasaele
Porque nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podes facer por tí e polas persoas que te rodean é quedar na casa.
Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que tiñamos pendentes, eses que se nos acumulan na mesiña de noite.
Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.
Dende as Bibliotecas municipais convidámoste a que nos achegues unha imaxe do teu recuncho de lectura para estes días ou de como estás ou estades sacando proveito para achegarvos aos libros.
Fagamos viral un chamamento para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!
Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios.
#quedanacasaele
#euquedonacasa
#yomequedoencasa
#quedateencasa
#quedanacasa
#quedateencasaylee
#nacasacoslibros
#nacasaconlecturas
#lecturaencasa
#lecturadixital
#retoviral
medidas coronavirus no saviñao
Consultar o texto completo do bando
Á vista da situación sanitaria actual e en consonancia coas medidas acordadas no día de hoxe pola Xunta de Galicia, a partir do venres día 13 de marzo e ata novo aviso, pecharán a Escola Infantil, a Biblioteca Municipal e o Fogar do pensionista; suspenderanse todas as actividades deportivas, culturais e sociais programadas.
Ademais das seguintes recomendacións:
– Acudir ás oficinas municipais só en caso de necesidade urxente.
– Seguir as recomendacións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade,
especialmente no concernente a limpeza e aseo (lavar as mans e a cara frecuentemente
con auga e xabón)
– Non facer viaxes e desprazamentos que non sexan imprescindibles
– Evitar no máximo posible o contacto físico, especialmente con persoas dos grupos
de risco.
Teléfonos de información:
para casos leves: 900400116
para casos graves: 061
coronavirus – covid-19
Desde a biblioteca queremos remitir ó público en xeral a consultar a documentación oficial e evitar difundir rumores, que moitas veces fan máis dano ca ben.
Por eso recollemos algunhas recomendacións xerais básicas e algúns recursos que se poden consultar.
Recomendacións xerais:
- Lavar as mans con frecuencia (con auga e xabón ou con un desinfectante a base de alcohol)
- Tusir ou estornudar facelo no cóbado ou nun pano de papel que debe tirar inmediatamente e lavar as mans (para evitar levar o virus a outras superficies ou persoas)
- Evitar tocar a cara (ollos, boca, nariz) para evitar levar o virus coas mans se antes se tocou unha superficie contaminada.
- En caso de presentar síntomas, débese reducir o contacto con outras persoas, en vez de ir a un centro sanitario débese chamar por teléfono (061) para confirmar se os síntomas son compatibles co contaxio por coronavirus.
Recursos en liña de organismos públicos:
- Información da Organización Mundial da Saúde, cos seus recursos informativos para a poboación:
- Información oficial sobre o coronavirus en España nos seguintes recursos:
- Información oficial coronavirus en Galicia
- Información do Instituto de la Salud Carlos III na súa Guía COVID-19 que se actualiza periódicamente:
- Guía de información de salud y recursos web de calidad contrastada con información para a cidadanía e para persoal da área sanitaria
AVISO:
Esta información non se manterá actualizada, é só un relatorio de recursos dispoñibles hoxe a día 11 de marzo de 2020. A pesar de que se intentou indicar recursos que se actualizarán nese mesmo enlace, algúns deses recursos poderían quedar descartados en calquera momento.
Inés Fernández
Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de poñelo á vosa disposición e xa o podes atopar na biblioteca!
O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.
Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e xa pode levarse para a casa xunto con
- Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo,
- María Castaña, unha muller para o 8 de marzo,
- Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo,
- Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo e
- Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo das anteriores edicións.

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo