concurso de debuxo sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Hoxe queremos compartir con vós a información sobre o concurso de debuxo sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

Calquera nena ou neno galego que curse educación infantil ou primaria pode participar de forma individual desde a web do concurso.

É necesario que unha persoa adulta inscriba á menor e imprima a folla na que vai facer o seu debuxo, que deberá tratar de forma creativa calquera aspecto relacionado coa reciclaxe dos RAEE, o coidado do medio ambiente, o respecto pola contorna etc. O debuxo pode enviarse escaneado ou como fotografía por correo electrónico a debuxa@osbolechas.com ou por correo postal ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela. É importante que se vexan os datos do concursante, para máis seguridade aconséllase que os especifique no corpo do email!

Entre todos os participantes sortearanse 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (cada colección está composta por 18 tomos que tratan diversos aspectos da vida cotiá da cativada dun xeito didáctico e moi divertido).

Podedes consultar as bases na páxina dos Bolechas.

vídeos mulleres de lemos 2019

Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:

2018 – Genoveva González Prieto en vídeo:

2017 – Balbina López Somoza en vídeo:

2016 – Lola de Penelas en vídeo:

2015 – María Castaña en vídeo:

2014 – Inés de Castro en pdf:

INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.

visita infantil

Para pechar a celebración do Día do Libro, recibimos hoxe a visita das 2 clases máis maiores da Escola Infantil Municipal.

Aproveitamos a ocasión para presentarlles a nosa nova sección de fondos da Sala Infantil, especialmente pensada para eles: a Bebeteca (BBTK).

Nesta sección atópanse libos en tea, plástico e cartón duro, especialmente deseñados para as idades de 0 a 3 anos, e que así se diferencian máis facilmente do resto do fondo infantil da sala.

Logo de escoitar algúns contos, aplaudir moito e cantarlle unha canción o lobo feroz dos tres porquiños para mellorarlle o humor, puideron ver e xogar cos libros recén incorporados á Bebeteca.

Este é un dos momentos da visita:

DDL2019_guarde.jpg

Ademais convidámolos a particiar con algún debuxo no Certame Letras Galegas 2019 e a volver coas súas familias para coñecer a fondo a nosa nova sección.

 

actividades polo día do libro infantil 2019

Un ano máis, xa están listos os preparativos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril.

A OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, GÁLIX e as súas outras seccións, traballan xa na celebración deste día animando a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe do escritor e ilustrador Kęstutis Kasparavičius

CARTEL_DILI_gl_pq-corrixido

Para celebrar o Día do Libro Infantil, preparamos estas actividades para esta semana:

  • Difusión da mensaxe do escritor e ilustrador Kęstutis Kasparavičius co reparto de 100 dípticos, que tamén podedes ler aquí ó final.
  • Mostra Bibliográfica “Hans Christian Andersen” desde o 22 de marzo na sala infantil
  • Promoción do concurso “Selfie LIX Día Internacional” (consulta as Bases na páxina da OEPLI)
  • Visita-contacontos coa Escola Infantil Municipal o venres 5 de abril ás 11:00 h.

OS LIBROS FANNOS ACOUGAR

Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!… Expresións coma estas poden escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da información, da présa e da precipitación.

Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa: axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.

O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?

Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?

E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven… vaites, xa sabedes o que ven!

Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor.

No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós:

Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!

Kęstutis Kasparavičius
Tradución: Antía Marante Arias (GÁLIX)

Podes consultar todas as actividades que se organizan por esta data neste enlace da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) http://www.oepli.org/pag/dia_inter/dia_llista.php

Genoveva González Prieto

genoveva.jpg

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de recollelos agora mesmo, así que pola tarde xa o poderedes ler na biblioteca!

O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.

Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e esta tarde xa pode levarse para a casa xunto con Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, María castaña, unha muller para o 8 de marzo, Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo e Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo das anteriores edicións.

13321-1

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

portada Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

12929-1

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

13105-1

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

13321-1

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

feliz 29 de febreiro

Xa sei que este ano non temos 29 de febreiro, pero por que non imos celebralo coma toda unha chea de persoas? Se eres desas poucas e afortunadas/desafortunadas persoas que fai anos o 29 de febreiro seguro que nos entendes: non é xusto que non tódolos anos haxa 29 de febreiro!

Pero non te preocupes, estás de noraboa aínda que este ano non poidas celebrar o teu aniversario no día propio!

Así que, Felicidades polo teu aniversario! Por que? Pois porque temos o teu libro!

Si! Resulta que hai un libro especialmente adicado a ti.

É este:

13842

O Neno Bisesto, de José Luis Alonso de Santos e ilustrado por Federico Delicado.

Se tes a boa ou mala sorte de nacer un 29 de febreiro, é case seguro que a túa vida será distinta á de calquera outra persoa. Daniel, o protagonista desta historia, naceu ese mesmo día ca ti, hai dez anos. E por iso, no colexio, lle puxeron de alcume Bisesto.

Daniel, sen querer, enredarase en situacións inauditas e mesmo perigosas, que terá que resolver con moito enxeño e grandes doses de humor.

biblioteca internacional

Temos xa unha variada sección de libros en diferentes idiomas na sala xeral, e lista para levar os libros en préstamo nos seguintes idiomas:

  • Alemán
  • Catalán
  • Esloveno
  • Francés
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués
  • Rumano
  • Xaponés

Podedes atopar clásicos universais, novidades e clásicos desa lingua. Tamén obras bilingües por se precisades practicar outra lingua e non queredes ter un dicionario a man.

que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

recomendacións lectoras de inverno

Presentamos as recomendacións lectoras para este inverno. Tanto para ler como para agasallar.

Fanse coa colaboración das bibliotecas e centros escolares do Colectivo Lemos Le, e non hai todos os libros en todas as bibliotecas.

Pregúntanos cales temos dispoñibles na biblioteca:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Podes descargar as recomendacións en PDF neste enlace.

Boas Festas!

‘comeza o cole’

Temos preparada unha variada selección de libros moi divertidos e interesantes sobre o primeiro día de cole, e tamén sobre a volta ó cole [pulsa no enlace para velos, indica tamén en que bibliotecas os podedes atopar].

Así que se estades “dos nervios” para estrear a volta a clase, podedes atopar ideas entre estes libros. Podedes ver algunha das cubertas: non todos son libros serios! Poden axudarvos tamén no caso de sofrir acoso na escola (saber como actuar e a quen acodir).

Hai para os máis pequenos que van ir á escola ou a guardería por primeira vez:

Para os que xa levan moito tempo:

Para todos:

O pase de diapositivas require JavaScript.