coronavirus – covid-19

Desde a biblioteca queremos remitir ó público en xeral a consultar a documentación oficial e evitar difundir rumores, que moitas veces fan máis dano ca ben.

CORONAVIRUS-CIAN

Por eso recollemos algunhas recomendacións xerais básicas e algúns recursos que se poden consultar.

Recomendacións xerais:

  • Lavar as mans con frecuencia (con auga e xabón ou con un desinfectante a base de alcohol)
  • Tusir ou estornudar facelo no cóbado ou nun pano de papel que debe tirar inmediatamente e lavar as mans (para evitar levar o virus a outras superficies ou persoas)
  • Evitar tocar a cara (ollos, boca, nariz) para evitar levar o virus coas mans se antes se tocou unha superficie contaminada.
  • En caso de presentar síntomas, débese reducir o contacto con outras persoas, en vez de ir a un centro sanitario débese chamar por teléfono (061) para confirmar se os síntomas son compatibles co contaxio por coronavirus.

Recursos en liña de organismos públicos:

AVISO:

Esta información non se manterá actualizada, é só un relatorio de recursos dispoñibles hoxe a día 11 de marzo de 2020. A pesar de que se intentou indicar recursos que se actualizarán nese mesmo enlace, algúns deses recursos poderían quedar descartados en calquera momento.

recursos web accesibles desde a biblioteca

Os socios da biblioteca ademais de poder levar libros en préstamo, teñen acceso a unha serie de recursos web. No artigo de hoxe imos ver cales son e como acceder a eles.

recursos web Desde a páxina do catálogo da biblioteca os nosos socios teñen acceso a:

1.- Recursos electrónicos, dentro dos cales:

* Banco de Contidos de AulaPlaneta (antes Enciclonet): o maior banco de contidos dixitais en lingua española tanto para público adulto como infantil e xuvenil, econta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) o que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. A toda esta información engádese un dicionario multilíngüe, estatísticas, temas de actualidade etc.

AulaPlaneta

* E-Junior.net: enciclopedia electrónica para estudantes de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada ós contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

e-junior.net* I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía… , blogs e confidenciais.

i-conoce* Gale Virtual Reference Library: plataforma que contén obras de referencia en formato electrónico en español.

Gale Virtual Reference Library

2.- GaliciaLe L. electrónico: plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe, á que podedes acceder tamén desde o enderezo www.galiciale.es.

GaliciaLe3.- Webs recomendadas: unha serie de webs clasificadas por temática.

recursos web    4.- Intute: buscador (en inglés) de webs para estudio e investigaciónintute

5.- e-revistas: Plataforma Open Access de Revistas Científicas Electrónicas Españolas y Latinoamericanas.

e-revist@s

6.- Biblioteca virtual galega: acceso á Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca Virtual Galega

7.- Biblioteca dixital de Galicia: acceso a Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia (presente Hispana, directorio e recolector de recursos dixitais españois, e en Europeana, a biblioteca dixital europea)

GalicianaXa sabedes, se sodes socios da biblioteca, podedes acceder identificándovos co voso código de usuario (o número de carné da biblioteca) e o voso contrasinal. Excepto a GaliciaLe (da que vos indicamos a web de acceso)ó resto de recursos, o acceso debe facerse desde a páxina da biblioteca para poder visualizar os contidos.

dicionario da Real Academia Galega

Ademais dos dicionarios que podes consultar na biblioteca, incluídos os de galego, desde hoxe, está á disposición dos usuarios deste blog unha práctica ferramenta en liña: o dicionario da Real Academia Galega, para consultar dúbidas.

Pódelo atopar á dereita da pantalla, ó final do apartado “Sobre mí”:

Seguro que che é de utilidade.

Ver como se fai para que non elimine todo o que hai na coluna por debaixo.

o portal das palabras

Presentamos o Portal das Palabras, inaugurado en xuño, no que segundo indica a propia web, se pode facer unha navegación dobre:

  1. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis.
  2. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados.

Conta tamén cun potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Que pode ser descargada para utilizar en dispositivos mobiles con sistemas operativos iOS e Android. Estas apps unha vez instaladas non precisan de conexión a internet para funcionar.

Este espazo de difusión do léxico e a lexicografía do galego é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, coa finalidade de para aproximar os recursos léxicos da RAG á sociedade galega de hoxe.

Na web da Academia podemos ler que contén:

Xogos
Neste apartado o usuario da páxina pode medir e ampliar o seu coñecemento do noso léxico mediante unha serie de ferramentas interactivas que lle permiten verificar en tempo real as súas aptitudes lingüísticas.

Vídeos
Nesta sección ofrécese unha selección de pequenas pezas audiovisuais nas que membros numerarios da Academia e outras figuras da nosa cultura disertan sobre un aspecto lingüístico do seu interese.

Léxico
Dividida en tres categorías –A palabra do día, Mira que din e Setestrelo– este capítulo do Portal das Palabras achega información sobre cuestións lexicográficas de actualidade, hipóteses etimolóxicas e exemplos de uso.

Dicionario
Permite consultar tamén a nova versión en liña do Dicionario da Academia que permite facer buscas avanzadas e de sinónimos así como unha lectura máis directa e simplificada das súas entradas.

Certamente unha visita de interese e que recomendamos, pois cada día se atopan cousas novas, moitas delas interesantes.