felicitación do día do libro 2020

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, participa no vídeo elaborado por 31 bibliotecas públicas municipais pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra hoxe, 23 de abril. Estes centros seguimos a traballar e a buscar novas formas de contactar co público lector e este vídeo conmemorativo do Día Internacional do Libro é unha destas iniciativas. Nel aparecemos as persoas encargadas das bibliotecas para amosar a proximidade do servizo bibliotecario, aínda que as bibliotecas non están abertas ao público.

Aquí vos deixamos a nosa felicitación:

A ritmo da música de Guadi Galego (‘Chea de vida’) e Migallas (‘O libro máxico’), as bibliotecarias e bibliotecarios, un a un, imos intercambiando libros en pequenas pezas realizadas desde as nosas casas, simbolizando un traballo en rede cooperativo e de axuda común.

Outra iniciativa que inciciamos co estado de alarma é a #horadoconto, que consiste en recomendar un conto, de luns a venres, a través das redes sociais e páxinas web das diferentes bibliotecas e concellos. Cada día, unha das bibliotecas é a responsable de realizar dita recomendación, en diferentes formatos, xéneros e idiomas. A proposta ten como propósito fomentar a lectura e o contacto cos libros.

A bibliotecas públicas municipais que conformamos esta iniciativa somos as dos concellos de: Antas de Ulla, Arteixo, A Pobra do Caramiñal, As Pontes, Baiona, Boiro, Caldas de Reis, Chantada, Chapela- Redondela, Coirós, Corcubión, Miño, Mondariz Balneario, Narón, Noia, O Pino, O Saviñao, Ordes, Oroso, Portonovo, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Rois, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Santa Comba, Sober, Teo, Xermade e Xinzo de Limia.

Ademais compartimos este vídeo para facer un marcapáxinas:

hora do conto (na corentena)

Varias bibliotecas municipais da Rede de Bibliotecas de Galicia unímonos nun proxecto a través das redes sociais para compartir coas familias cada día, de luns a venres, ó toque das 5 da tarde un conto infantil (narrado, en filme, en lingua de signos, …).

Deste xeito, cada día unha biblioteca fará a súa proposta que compartiremos todas as demais á mesma hora nas nosas redes sociais. Podedes seguir a proposta no noso Twitter @BSavinao. Tamén podedes localizalos tanto no Facebook coma no Twitter coa etiqueta: #horadoconto.

Coas etiquetas #quedanacasaele#bibliotecasmunicipais atoparedes moitas máis propostas culturais e de entretemento para estes días de encerro.

reto a viralizar #quedanacasaele

As bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, tras proposta da BPM de Redondela, tras ver a campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19, tamén queremos contribuir e lanzar a nosa campaña, promovendo o esforzo de quedar na casa e, xa de paso, fomentando a lectura.Por eso vos convidamos a usar e compartir o hashtag #quedanacasaele

Porque nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podes facer por tí e polas persoas que te rodean é quedar na casa.

Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que tiñamos pendentes, eses que se nos acumulan na mesiña de noite.

Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.

Dende as Bibliotecas municipais convidámoste a que nos achegues unha imaxe do teu recuncho de lectura para estes días ou de como estás ou estades sacando proveito para achegarvos aos libros.

Fagamos viral un chamamento para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!

Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios.

#quedanacasaele
#euquedonacasa
#yomequedoencasa
#quedateencasa
#quedanacasa
#quedateencasaylee
#nacasacoslibros
#nacasaconlecturas
#lecturaencasa
#lecturadixital
#retoviral

catálogo da rede de bibliotecas de galicia

Que significa a integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia?

O catálogo da Rede de Bibliotecas Galicia ten, entre os seus obxectivos xerais:

  • Favorecer a colaboración e o traballo cooperativo por medio dun catálogo común a todas as bibliotecas da Rede.
  • Ofrecer un único catálogo en liña aos usuarios da Rede: consultar desde un único portal todos os libros dispoñibles en todas as bibliotecas da Rede.
  • Propocionar aos usuarios un un só carné válido para todas as bibliotecas integrantes da Rede: con só resistrarse nunha biblioteca poden levar en préstamo materiais de todas as bibliotecas integradas na Rede.

Para a consecución destes obxectivos, o proxecto atópase actualmente nunha segunda fase que conleva:

  • Novos desenvolvementos que contribuirán á mellora do catálogo e das funcionalidades que ofrece ós usuarios das bibliotecas da Rede.
  • Incorporación ao catálogo da Rede de 70 bibliotecas Meiga.

 

actualización dos datos dos socios

logo-biblioteca-escudo-savinao-largoA biblioteca está ultimando os preparativos para integrarse no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, por iso, aproveitamos para convidar a todos os nosos usuarios a que se acheguen á biblioteca para actualizar os seus datos persoais. Aqueles usuarios que non teñan os seus datos completos e actualizados é posible que teñan que inscribirse de novo na biblioteca.

logo RBGalicia_2016_Logo RBPG v1 RGBCon esta incorporación ó catálogo colectivo, vai haber unha serie de cambios no funcionamento da biblioteca. Ademais de que se ampliará o prazo de préstamo, o máis destacable, polo práctico que será, é que vai haber un carné único para todas as bibliotecas da rede, polo que sendo socio nunha biblioteca da rede se poderán levar materiais en todas as bibliotecas que formen parte da rede.

Podedes achegarvos á biblioteca para preguntar polo resto de cambios que vai supór esta integración, ademais de revisar que temos os vosos datos actualizados.