falan de nós na revista mi biblioteca

A revista Mi Biblioteca da Fundación Alonso Quijano (galardoada co Premio Nacional al Fomento de la Lectura en 2015) fíxose eco no seu último número das actividades que conformaron o Ciclo Biblioteca en Igualdade, que se desenvolveu na biblioteca desde o día 6 de setembro ó 18 de outubro. Neste ciclo contamos con Dani Viéitez e Iria Iglesias, Carmen Domech, Tarabelos, Eduvía, Menos dá unha pedra, Fátima Fernández, Antía Yáñez e Sole Felloza.

artigo na Revista Mi Biblioteca.png

Aparecemos na sección de actualidade bibliotecaria. Podedes consultar a revista na biblioteca.

A Fundación Alonso Quijano é unha institución privada e independente, sen ánimo de lucro, que pretende contribuir ó desenvolvemento integral do humano por medio da promoción de iniciativas culturais e educativas, especialmente daquelas orientadas ó fomento da lectura. Aínda que tén sede en Málaga, o seu ámbito de actuación exténdese a todo o territorio nacional, con algunhas actividades de carácter internacional.

Contactaron connosco desde a revista, non lle enviamos nada desde a biblioteca ata que nos pediron información. Por iso agradecemos a vosa participación nas actividades, e a difusión que fixestes delas, pois foi grazas a vós que contactaron connosco para coñecer máis a fondo en que consistía este ciclo.

concurso de fotografía “Momentos de Lectura”

Volvemos avisar do concurso fotográfico da Fundación Alonso Quijano, é o V Concurso de fotografía “Momentos de Lectura”.

Pódense enviar as fotos relacionadas coa lectura ata o 30 de abril de 2012.

O 1º premio consistirá nun libro electrónico Papyre.613. O 2º premio é a publicación das 12 mellores fotografías no Calendario de la Lectrua 2013. O fallo do xurado darase a coñecer o 20 de maio na web da Fundación Alonso Quijano, na que ademais se celebrará unha exposición virtual coas 40 fotos mellor valoradas polo xurado desde o 16 de xuño ó 16 de setembro de 2012. Para máis información consulta as bases na páxina da Fundación.

[para ver o cartel en grande, preme co botón dereito sobre el e dille “Ver imaxe”]

A Fundación Alonso Quijano, é a editora da revista Mi biblioteca. A portada do número de xaneiro deste ano podémola ver aquí:

[pulsando na portada imos á web da revista para ver o último número]

Se che interesa a revista, podes consultala na biblioteca porque estamos suscritos a ela desde o primeiro número.

I Concurso de fotografía “Momentos de Lectura”

¿unha imaxe vale máis que mil palabras?

Ás veces si, ás veces non, ás veces monta-tanto, tanto-monta.

Continuamos asociando lectura con imaxes, e despois do vídeo “enséñanos lo que lees” cando inaugurabamos o mes dos libros, esta semana falamos dun concurso convocado pola Fundación Alonso Quijano, trátase do I Concurso de fotografía “Momentos de Lectura”.

A Fundación Alonso Quijano, é a editora da revista Mi biblioteca. A portada do último número, adicado a José Saramago, podémola ver aquí:

Se che interesa a revista, podes consultala na biblioteca porque estamos suscritos a ela desde que saíu ó mercado.