que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

O deporte no Concello do Saviñao

No último número da revista Todo Deporte Coruña, vén unha ampla reportaxe de dez páxinas sobre o deporte no Saviñao. Eminentes deportistas e xoves promesas do deporte no concello veñen compartindo texto co clube de fútbol, instalacións deportivas e actividades deportivas ó longo do ano, citas coma a carreira de burros, o tiro de corda por parroquias ou a maratón popular, a Feira do Cabalo, o clube de patinaxe, as peñas de cazadores, o boxeo, e moito máis.

Acábanos de chegar un exemplar, se non atopas a revista, podes pasar pola biblioteca para lela.

concurso de fotografía “Momentos de Lectura”

Volvemos avisar do concurso fotográfico da Fundación Alonso Quijano, é o V Concurso de fotografía “Momentos de Lectura”.

Pódense enviar as fotos relacionadas coa lectura ata o 30 de abril de 2012.

O 1º premio consistirá nun libro electrónico Papyre.613. O 2º premio é a publicación das 12 mellores fotografías no Calendario de la Lectrua 2013. O fallo do xurado darase a coñecer o 20 de maio na web da Fundación Alonso Quijano, na que ademais se celebrará unha exposición virtual coas 40 fotos mellor valoradas polo xurado desde o 16 de xuño ó 16 de setembro de 2012. Para máis información consulta as bases na páxina da Fundación.

[para ver o cartel en grande, preme co botón dereito sobre el e dille “Ver imaxe”]

A Fundación Alonso Quijano, é a editora da revista Mi biblioteca. A portada do número de xaneiro deste ano podémola ver aquí:

[pulsando na portada imos á web da revista para ver o último número]

Se che interesa a revista, podes consultala na biblioteca porque estamos suscritos a ela desde o primeiro número.

libros de revista na biblioteca

No número desta semana da revista Mujer Hoy (nº 670, do 11 de febreiro) atopamos referencias a algúns autores e libros que temos na biblioteca, como pode ser o de Mujeres malqueridas de Mariela Michelena (referencia que podedes ver marcada na imaxe, e que xa recomendaramos neste outro post) ou de Sigmund Freud.

Para ler calquera deles (libros ou reportaxe) podedes pasarvos pola biblioteca ou comprar a prensa coa que vén a revista.

Resume:

Este libro está dedicado a todas las mujeres que sufren por un mal amor. Mujeres enganchadas a relaciones imposibles, destructivas. Mujeres que lloran por un amor perdido o sin futuro. Mujeres fieles a parejas intermitentes. Amores furtivos, prohibidos, clandestinos. Mujeres extraordinarias que se transforman en niñas enfermizas si un hombre no las llama. Mujeres que son fuertes ante todos los retos de la vida, excepto para resguardarse de quien las quiere mal. Mujeres dispuestas a esperar y esperar. Engañadas, traicionadas, en definitiva: malqueridas.

Si piensas que puedes haber caído en alguno de los «pecados capitales» de las malqueridas, pregúntate si:

* Eres sumisa con tu pareja para no provocar conflictos.
* Rompes y retomas tu relación continuamente.
* No puedes vivir sin esa persona aunque sabes que no te quiere como tú te mereces.
* Te adaptas a él de tal manera que eres capaz de transformarte en cualquier cosa con tal de no perderle.
* Eres incapaz de hablar con tus amigas de tus sentimientos.

Mariela Michelena traza en estas páginas un mapa de las relaciones de pareja, en el que el norte siempre eres tú, y señala los caminos para que puedas retomar las riendas de tu vida, dirigirla mejor y recuperar tu autonomía.

 

A biblioteca máis pequena do mundo

Facémonos eco da protesta que fan en Westbury, nova que puidemos ler no xornal minutodigital. A información completámola cos datos atopados na páxina de BBC News.

Os habitantes da vila británica de Westbury-sub-Mendip (Somerset) quedaron en pouco tempo sen cabina telefónica e sen servizo de biblioteca mobil. Por iso o consello parroquial decidiu comprar a cabina por un prezo simbólico de 1£, e reconvertir a clásica cabina vermella na biblioteca máis pequena de Gran Bretaña.

Como se pode ver, tén moito éxito, tanto entre grandes coma entre cativos, e hai cola para acodir a intercambiar libros.

Tén desde libros a revistas, pasando por materiais audiovisuais coma CDs e DVDs:

Cada un pode escoller o que lle guste. Sen fumar, claro:

E coma en calquera edificio de biblioteca, rógase non ser escandaloso:

Iniciativas orixinais para solucionar necesidades concretas, neste caso de entretemento.

As coñecidas cabinas británicas, son consideradas obras de arte, e teñen sido reconvertidas en baños públicos, duchas, … e agora tamén en bibliotecas. O éxito desta iniciativa pode medirse tamén polo gran número de solicitudes de cabinas telefónicas para este fin feitas á empresa BT por numerosos consellos parroquiais.

I Concurso de fotografía “Momentos de Lectura”

¿unha imaxe vale máis que mil palabras?

Ás veces si, ás veces non, ás veces monta-tanto, tanto-monta.

Continuamos asociando lectura con imaxes, e despois do vídeo “enséñanos lo que lees” cando inaugurabamos o mes dos libros, esta semana falamos dun concurso convocado pola Fundación Alonso Quijano, trátase do I Concurso de fotografía “Momentos de Lectura”.

A Fundación Alonso Quijano, é a editora da revista Mi biblioteca. A portada do último número, adicado a José Saramago, podémola ver aquí:

Se che interesa a revista, podes consultala na biblioteca porque estamos suscritos a ela desde que saíu ó mercado.