Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Ricardo Carballo Calero.
Debido á incidencia da COVID-19, decidiuse adiar para o 31 de outubro a celebración a ver se melloraban as circunstancias para festexar o autor, pero dada a situación, a celebración será virtual.
Aínda así, na biblioteca temos feita a selección das súas obras para préstamo. Podedes consultar a lista dos libros que del e sobre el temos na biblioteca pulsando neste enlace.

Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.
Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén ampla información sobre a súa vida e obra.
No portal Día das Letras Galegas pódese consultar a lista dos homenaxeados.
No noso Twitter podedes consultar algunhas das publicacións sobre Carballo Calero que fixemos en maio.
Tamén a serie Unha palabra para don Ricardo, da Real Academia Galega, que tamén compartimos convosco no noso Twitter.