emisión da reportaxe A Revista Fin de Semana

O programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, que asistiu á sesión de contacontos bilingüe, do día 30 de agosto), informounos de que a reportaxe se emitirá

este domingo día 8 a partir das 12

Comenta no Facebook do programa.

En breve incluiremos neste mesmo post o enlace para ver o programa por internet.

emisión do programa gravado na biblioteca

Xa está dispoñible na rede o programa de Preescolar na Casa rodado na biblioteca, e que foi emitido na TVG o 10 de xaneiro.

O programa pódese ver en internet na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Pódese tamén consultar a programación (dentro de “televisión á carta” no apartado de programas de “divulgación”), ou ver o listado de emisións de Preescolar na Casa.

A mestra xa tén as fotos.

1, 2, 3 … estamos rodando

O día 25 de novembro, a TVG rodou na biblioteca de Escairón a emisión do Programa Preescolar na Casa. Despois dos choros e nervios iniciais, a actividade transcorreu con total normalidade pois axiña se acostumaron peques e grandes á cámara. Aquí queda unha pequena mostra fotográfica, na que se ven os preparativos, explicación das actividades, charlas, xogos e xogos e moitos máis xogos, pois diso é do que se trata, de xogar para descubrir o mundo, de aprender xogando: Emisión: na TVG Data: 10 de xaneiro de 2009 Hora: 8.30h.

O programa poderase ver en internet na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Pódese tamén consultar a programación (dentro do apartado de programas de “divulgación”), ou ver o listado de emisións de Preescolar na Casa.

Para obter as fotos, falar con Pilar, a mestra do programa, que xa informará máis concretamente ós pais e nais.