correo non desexado

Seguramente algunha vez te rexistraches (máis ou menos conscientemente) nalgunha web que agora che está mandando constantemente correos que non che interesan.

Nada máis sinxelo que darte de baixa na súa lista de distribución. Nun deses correos busca onde poña “darse de baixa“, “baixa“, “se non desexa seguir recibindo esta información prema aquí“,…

Se se trata doutros correos con remitentes descoñecidos, e que non abres por precaución, podes limitar a recepción deses correos bloqueando ó remitente dende a configuración da conta de correo (correo vía web) ou do programa de correo (cando un programa xestiona as túas contas de correo).

Moitos servizos de correo permiten bloquear remitentes ou denunciar como spam algún correo, aproveita esas opcións para ter máis limpa a túa caixa de entrada.

de vacacións co portátil (ii)

Conexión do portátil á rede

Posto que conectaremos o portátil ás redes onde nos atopemos, deberemos ter especial coidado se non sabes quen é o administrador. Tanto sexa por cable coma por wifi, estas redes non seguras (de hoteis, bares, aeroportos, estacións,…), posto que son máis vulnerables e poden supoñer un risco de infección ou de roubo de información.

Por iso debes ter en conta:

  • ter un antivirus actualizado
  • activar o cortalumes (Firewall)
  • non navegues coa conta de administrador (le os artigos relacionados coas contas de usuario)
  • ten coidado ó acceder a páxinas nas que teñas que incluir datos sensibles (contas bancarias, contrasinais,…)

En caso de roubo

Se che rouban o portátil:

  • Presenta denuncia na Policía (en España: Página Oficial del Cuerpo Nacional de Policía)
  • Se é o ordenador do traballo, comunícallo á empresa.
  • Se accedes con el ás contas bancarias, deberías pedirlle ó teu banco que bloquee o acceso ás túas contas ata que poidas cambiar os contrasinais de acceso.
  • Modifica todos os contrasinais: contas de correo, redes sociais, outros servizos de internet (tendas online, foros,…)
  • Cancela os certificados dixitais que tiñas gardados no ordenador para evitar que se usen no teu nome.
  • Envía un correo a todos os teus contactos para avisalos de que se reciben algún correo “sospeitoso” da túa parte teñan coidado.

Outros enlaces de interés tomados da web da Oficina de Seguridad del Internauta son:

de vacacións co portátil (i)

No verán queremos levar connosco o noso ordenador para poder seguir conectados a internet, coa nosa información a man,… Debido ó seu tamaño e ser por elo facilmente transportable, favorece que poida levar máis golpes do recomendable, polo que debemos velar pola súa integridade física que pode supoñer non só a perda do aparello senon da información nel contida.

Debido tamén ó seu tamaño e á súa transportabilidade, é moi susceptible de ser roubado, polo que non debemos descoidarnos da súa vixilancia. Co seu roubo, xa vimos que alguén pode acceder á nosa información, chegar incluso a suplantar a nosa identidade, etc. [Lembremos os artigos sobre contrasinais seguroscodificadores e copias de seguridade]. Se almacenas os contrasinais no ordenador, faino cun xestor de contrasinais.

Uns consellos básicos pero prácticos:

  • Gardar o portátil ou tableta nun maletín ou bolso axeitado para que ningún golpe o dane. Canto máis discreto sexa e menos revele o seu contido, máis seguro estará.
  • Lévao sempre contigo e non o deixes sen vixiancia.
  • Se tés que deixalo, usa un cable de seguridade para suxeitalo a un obxecto o suficientemente grande para dificultar o seu roubo (como en habitacións de hoteis ou pensións, nunha cafetería,…
  • Se o deixas no coche, ocúltao.
  • Sempre que deixes de usalo lembra desactivar todas as conexións que poidan indicar que hai un ordenador cerca, coma o bluetooth ou a  WIFI.
  • En hoteis e pensións, se os deixas na habitación, gárdao nun lugar seguro fóra da vista e usa un cable de seguridade.
  • Se o fabricante do teu portátil che permite rexistralo na súa web, facilítase a localización do propietario en caso de que sexa roubado e recuperado.

o cifrado de datos (ii)

Se eres usuario de Windows Vista ou Windows 7, xa tés incorporada a opción de cifrar carpetas ou arquivos.

Como?

Para acceder a esta funcionalidade entra na carpeta que queres cifrar e pulsa o botón secundario do rato, selecciona  «Propiedades» > «Opciones avanzadas…» e  marca «Cifrar contenido para proteger datos» ó final de tódalas opcións que podes escoller.

Estas ferramentas teñen un uso moi sinxelo e garantízannos que no caso de que alguén sen autorización acceda ó noso ordeandor, portátil, memoria extraíble, disco duro, etc. non poida acceder á nosa información máis valiosa, pois só poderá acceder a ela dun xeito lexible quen coñeza o contrasinal (revisa o tema no que falamos de contrasinal seguro).

Lembra que podes acceder a estas ferramentas de seguridade na sección de recursos gratuítos da web da Oficina de Seguridad del Internauta.

Amplía esta información en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/10/31/aprendiendo-cifrar-los-archivos-del-ordenador.

Recorda que podes ler tódolos artigos deste blog relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita).

o cifrado de datos (i)

¿Sabías que hai ferramentas que che permiten cifrar os teus documentos, fotos, vídeos… almacenados no ordenador?

Estas ferramentas, chamadas «codificadores», están creadas para que toda a información que consideres importante, privada e/ou confidencial a podas cifrar de tal xeito que se alguén intenta acceder a ela non poida entender o seu contenido.

¿Por qué son útiles estes codificadores?

Hai moitas situacións nas que é moi recomendable ter a nosa información máis sensible do ordenador cifrada, porque se non está cifrada esa información tan valiosa para ti, calquera que accedera ó teu ordenador podería obtenela e usala ó seu antollo provocándoche posiblemente danos morales, personais, invadindo a túa privacidade, etc.

Imaxina que dun momento de descoido algúen che rouba o portátil. Peor ca perder o ordenador e a información contida (lembra que tiñas varias copias de seguridade gardadas na casa) é o feito de que, non sabes quen, pode ver toda esa información, incluso aquela que non quererías que ningúen máis vira: fotos íntimas, vídeos facendo pallasadas, datos bancarios,…

Non terías esta preocupación se eses datos tiveran estado cifrados.

¿Como codificar ficheiros?

O primero de todo é descargar algunha ferramenta de codificación. Podes buscalas na sección de recursos gratuítos da web da Oficina de Seguridad del Internauta, podes estreitar a busca seleccionando “Cambiar búsqueda” e seleccionar só a plataforma que usas (Mac, Windows, Linux, iOS ou Android).

Case todos os codificadores teñen un funcionamento similar despois de instalalos [IMPORTANTE: non abonda con descargalos no ordenador, hai que executar a súa instalación]:

  • seleccionar a información que queres codificar: unha carpeta ou arquivo (imaxe, documento,…)
  • pulsar sobre ela co botón secundario do rato
  • das opcións que aparecen indicarlle que desexas cifrar eses datos co programa instalado
  • será fundamentar introducir un contrasinal seguro, que non deberás esquecer para poder descifrar posteriormente o contido cifrado.

Para descodificar a información, fai dobre clic sobre a carpeta ou arquivo codificados. Pedirache o contrasinal, co cal xa poderás consultar a información.

Con esta sinxela ferramenta, podemos ter a seguridade de que se alguén accede ó noso ordenador, portátil, USB, … non poderá acceder á nosa información de forma comprensible.

Amplía esta información en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/10/31/aprendiendo-cifrar-los-archivos-del-ordenador

Lembra que podes ler tódolos artigos relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita).

as copias de seguridade

É vital ter copias de seguridade dos teus datos máis importantes almacenados no disco duro do teu ordenador.

Por que? Imos velo.

Por que son necesarias as copias de seguridade?

Porque no caso de que o teu ordenador deixe de funcionar correctamente -porque foi infectado cun virus, se estropee o hardware ou o software por culpa dun usuario malintencionado, etc.- non perderás todo o que tiñas almacenado: documentos, fotos, vídeos, etc.

Comic copias de seguridad

Cantas copias de seguridade facer dunha determinada información?

Está ben ter unha copia dos datos almacenados no ordenador noutro soporte (DVD, pen drive, disco duro externo, etc.). Pero, que pasaría se se estropea ou perdes ese soporte externo ó mesmo tempo que ordenador se estropea? Aínda que non sexa habitual, existe a posibilidade e debemos telo en conta. Non é necesario facer moitas copias de seguridade, pero si que é aconsellable ter polo menos 2 para previr que poida acontecer que perdas a copia ó tempo que se estropee o ordenador.

Cada canto tempo facer a copia de seguridade?

Podes pensar que unha vez feita a copia de seguridade xa está resolto o problema, pero non é así. A maior parte de usuarios modifica algún documento, crea algún novo, descarga máis fotos no ordenador,… ó mellor non por un par de días ou semanas, pero pasado un mes ó mellor xa tés algún documento que che crearía un trastorno ou dolor perder. Por iso débense facer copias de seguridade con certa frecuencia, para que a última información almacenada tamén esté a salvo en caso de problemas.

Onde gardar as copias de seguridade?

Aínda que se poden facer copias de seguridade no propio ordenador, é mellor gardalas nun soporte externo (disco duro, pendrive,…) e non gardar xuntas as distintas copias de seguridade, pois imaxina que as levas no maletín do portátil e cho rouban, ou que o tiñas no peto da chaqueta e foi a lavadora e qeudou inservible, ou que se rompeu o DVD no que a tiñas gardada… Igalmente debes evitar telas en lugares da casa onde se entra un ladrón vaia buscar algo (ó mellor non lle interesa a túa información pero sí o disco duro externo ou o pendrive).

So debemos facer copias de seguridade da información gardada no ordenador?

Non.

Hoxe en día hai moitos dispositivos que teñen funcionalidades similares a un ordenador (teléfonos intelixentes, tablets,…) nos que se pode almacenar moita información. Por iso é tamén importante facer copias de seguridade deses dispositivos.

Podes consultar máis información na Oficina de seguridad del internauta nos seguintes enlaces:

Amplía a información en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/12/22/%C2%BFson-realmente-tan-necesarias-las-copias-de-seguridad.

Podes buscar tódolos artigos relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita do blog).

protexer un ordenador novo

Se acabas de mercar un ordenador, deberías seguir estes pasos para mantelo seguro:

  1. Instala un antivirus

    O ordenador debe estar protexido das distintas ameazas que circulan por Internet, por este motivo, é imprescindible que teñas instalado un antivirus o teu ordenador. Ademais, de configuralo para que realice unha análise periódica de equipo para comprobar que está libre de virus.

  2. Comproba que está activado o firewall do teu ordenador

    É o encargado de vixiar quen pode acceder á información gardada no equipo, e que é o que sale del. Este é un dos motivos polos que é moi importante tenelo configurarlo correctamente.

  3. Crea distintas contas de usuario (xa explicamos en posts anteriores como facelo)

    Se queres xestionar adecuadamente o acceso dun usuario á información almacenada no teu ordenador e controlar que pode ou non pode facer no ordenador debes crear diferentes contas de usuario. Lembra que estas ademais axudan a reducir o risco de virus (que accederá ó teu sistema cos privilexios da conta que está sendo usada)

    Infórmate sobre as contas de usuario.

  4. Instala as últimas actualizacións dispoñibles para o sistema operativo do ordenador, para o navegador e para os distintos programas instalados  no ordenador.

    Cada vez que se detecta un fallo de seguridade no sistema operativo, no navegador ou nunha ferramienta/programa, o fabricante corríxeo e publica unha actualización de seguridade corrixindo o problema para evitar que estes fallos de seguridade sexan utilizados polos ciberdelincuentes e realicen accións maliciosas contra ti.

    Actualiza regularmente o teu sistema e aplicacións.

Ademais de todo o anterior, lembra que para unha maior seguridade debes usar sempre contrasinais seguros, tal e como comentabamos nun post anterior, realizar periódicamente copias de seguridade así como cifrar a información máis relevante que almacenas no teu ordenador. Sen esquecer a precaución e o sentido común óconectarte ás redes Wi-Fi públicas. Seguiremos ampliando información sobre estes temas en vindeiros artigos.

Amplía a inforamción en: http://www.osi.es/es/actualidad/blog/2011/12/27/primeros-pasos-para-proteger-un-ordenador-recien-comprado.

Atoparás tódolos artigos relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita do blog).

contas de usuario (IV)

En semanas anteriores introduciámosvos no mundo das contas de usuario, os seus usos. e os distintos tipos de contas de usuario. Hoxe imos ver uns consellos básicos de uso dos diferentes tipos de contas para protexer a seguridade do equipo.

A seguridade nas contas de usuario

Como comentabamos, as contas de tipo administrador, non están pensadas para ser usadas no día a día, senon en momentos puntuais, pois supón un risco para a seguridade.

Para o uso diario, é recomendable usar, para cada un dos usuarios do sistema, unha conta cos privilexios limitados coas que se poden desenvolver as actividades cotiás, accedendo á conta de administrador só en momentos puntuais nos que se precisen privilexios de administrador, como por exemplo para instalar un novo software ou hardware no equipo.

Amplía información na web: http://www.osi.es/protegete/protege-tu-ordenador/cuentas-de-usuario.

Podes ler tódolos artigos relacionados coa informática e internet, na sección Informática e internet (que se atopa á dereita do blog).

contas de usuario (iii)

En semanas anteriores introduciámosvos no mundo das contas de usuario e os seus usos. Hoxe imos ver con máis detalle os diferentes tipos de contas.

Os distintos tipos de SO (Sistemas Operativos) teñen por defecto diferentes tipos de contas:

  • Conta de administrador: permite o control total do equipo, e realizar todo tipo de actividades, desde instalar programas, agregar novos compoñentes de hardware (impresora, escáner, etc.), configurar a conexión de internet, … Debería haber unha en todo sistema, que será a que se use para habilitar o resto de contas de usuario.
  • Conta limitada: permite o correcto desenvolvemento das actividades habituais (conectar a internet, uso de programas de ofimática, reproductores de audio e vídeo,…) impedindo accións que poidan repercutir no correcto funcionamento do sistema (instalar programas, …). A diferenza da conta de administrador que afectaría ó resto de contas, as accións realizadas nestas contas non afectan ó resto de contas.
  • Conta de invitado: É parecida á de invitado, pero non está protexida por contrasinal. Está pensada para que usuarios sen conta propia, poidan usar o equipo en momentos puntuais. Na medida do posible, debería evitarse o seu uso.

Amplía información na web: http://www.osi.es/protegete/protege-tu-ordenador/cuentas-de-usuario

contas de usuario (II)

A semana pasada introduciámosvos no mundo das contas de usuario. Hoxe imos ver como reducir o impacto da agresión dun virus no noso ordenador usando a conta de usuario axeitada.

Unha conta de usuario reduce o risco de virus utilizando unha conta de usuario axeitada: a conta de Administrador é só para momentos puntuais.

Se un virus infecta o sistema do noso ordenador, terá acceso ó equipo segundo a conta de usuario que está sendo usada. Polo que se se trata dunha conta de administrador, terá control total sobre o equipo, podendo realizar a actividade maliciosa para a que está deseñado. E, pola contra, se se está traballando cunha conta de acceso limitado, os seus efectos serán menores.

Utilizar diferentes contas de usuario, dependendo do uso que se vai facer del ordenador, é unha boa práctica de seguridade.

As contas de usuario dos Sistemas Operativos (SO) foron creadas para favorecer a xestión dos datos dos distintos usuarios e das tarefas que poden desenvolver no mesmo equipo.

  • Desde o punto de vista de uso do equipo, ter unha conta propia permite ó usuario personalizar o sistema segundo os seus gustos e preferencias (cambiar o fondo de escritorio, configurar diferentes aspectos do navegador, os favoritos, o tamaño de fonte,..).
  • Desde o punto de vista da seguridade, posúese un maior control sobre o sistema, xa que cada usuario só pode realizar aquelas tarefas que lle están permitidas. Ese feito facilita que un ordenador poida ser usado por diferentes usuarios de xeito máis seguro, ou que o mesmo usuario poida ter diferentes contas en función dos usos que lle vaia dar (por exemplo, ocio e traballo).

As contas de usuario están asociadas a un nome e un contrasinal, que por motivos obvios de seguridade, só o dono debería coñecer: NON DESVELES OS TEUS CONTRASINAIS.

Amplía información na web: http://www.osi.es/protegete/protege-tu-ordenador/cuentas-de-usuario