doazón de sangue no saviñao

doazc3b3n-marzo-2017_pq.jpgO vindeiro venres, día 24 de marzo podedes ser solidarios e compartir o voso sangue.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará no noso concello:

  • en Currelos de 16:30 a 18:00
  • en Escairón de 18:30 a 21:00

Se queres levar algunha lectura breve para entreterte durante a espera e a sesión doazón, podemos recomendarche algunha lectura na biblioteca!

 

doazón de sangue no saviñao

O vindeiro mércores, día 28 podedes ser solidarios e compartir o voso sangue.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará no noso concello:

  • en Currelos ata mediodía, de 16:15 a 18:00
  • en Escairón desde mediodía, de 18:30 a 21:00

Se queres levar algunha lectura breve para entreterte durante a espera e a sesión doazón, podemos recomendarche algunha lectura na biblioteca!doazón 28 novembro.jpg

carreira solidaria nas festas

Maratón de Escairón” é como se lle vén chamando á carreira popular que se celebra tódolos anos durante as festas da vila. CARREIRA SOLIDARIA.jpg

Este ano trátase dunha carreira solidaria en favor da Cruz Vermella (patrocinada por Banco Santander España), cunha inscrición de 5€ para os adultos, dos que 3 son para a Cruz Vermella, á que o concello doará 1€ máis por cada neno que se inscriba.

Terá lugar o día 6 de agosto: ás 10 da mañá tomarána saída a categoría de adultos, e ás 11:30 comezarán as categorías infantís.

O prazo de inscrición remata o día 4 de agosto, e pode facerse en liña neste enlace.

Pódese consultar o regulamento da carreira neste outro enlace.

 

doazón de sangue no saviñao

doazón-mércores

O vindeiro mércores, día 27 podedes ser solidarios e compartir o voso sangue.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará no noso concello:

  • en Currelos ata mediodía, de 10:30 a 12:00
  • en Escairón desde mediodía, de 12:30 a 14:00 e 16:30 a 21:00

Se queres levar lecturas breves para entreterte durante a espera e a sesión oazón, podes pedirnos suxerencias de lectura na biblioteca!

contacontos este venres

Este venres teremos contacontos. Lembrade que agora os contacontos serán o primeiro venres de mes, coma sempre, ás 5 da tarde.

Esta semana contaremos con contos do mundo da man de Solidariedade Internacional de Galicia.

Esperámosvos na biblioteca.

Haberá a mesma actividade pola mañá na biblioteca de Currelos, coa asistencia dos rapaces do colexio de Currelos.

todos con uxia

Na biblioteca colaboramos recollendo tapóns para Uxía.

No mes que hai que puxemos unha caixa para recoller tapóns, e sen facer moita publicidade, temos unha caixa case chea.

Invitámosvos a xuntar tapóns e colaborar coa recollida solidaria. Despois do contacontos do pasado venres, aumentou o número de tapóns recolllidos.

Máis información en:

Web: www.todosconuxia.com

Facebook: www.facebook.com/TodosConUxia

Que tapóns sirven? www.todosconuxia.com/que-envases-sirven

solidariedade antes do nadal

Nestas datas do ano, é cando máis se pensa na solidariedade cos que menos teñen e máis o necesitan. Acaba de chegar ó correo da biblioteca un correo desta campaña de Médicos sin Fronteras, que é orixinal e moi solidaria:

Son un medicamento simbólico. Trátase dunha caixa de caramelos -de venta exclusiva en farmacias- ó prezo de só 1 euro, para colaborar nunha campaña solidaria de axuda a enfermos olvidados.

Velaquí o seu vídeo de presentación:

Moitas personalidades famosas, coma o recentemente falecido Luis García Berlanga, xa se adheriron a colaborar: