a escena verbas

A escena verbas con Menos dá unha pedra, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 4 de outubro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

Cartaz A escena verbas_pq.jpg

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

casting para unha película

Este xoves 16 de marzo ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal do Saviñao:

casting para a nova longametraxe de Lois Patiño

Búscanse principalmente figurantes, homes e mulleres preferiblemente a partir de 45 anos. Buscan rostros interesantes para dotar a película de maior realismo.

Os figurantes posarán inmóbiles na película polo que non precisan ter preparación actoral.

Sinopse: Nun pobo onde todo o mundo quedou paralizado, tres meigas chegan para coñecer o sucedido no lugar. Para resolver o misterio, terán que atopar ó bruxo.

Tamén se buscan as personaxes das meigas e do bruxo.

Animádevos a participar.

casting

máis sombras chinescas

No obradoiro deste venres deunos tempo de facer unhas personaxes para facer sombras chinescas e representar unhas historias fascinantes.

Pero non nos deu tempo de facer todo o necesario, así que este venres teremos un novo obradoiro para elaborar o noso propio escenario para o teatro de sombras.

20160513_185545.jpg

Será tamén ás 18:30, un ratiño despois de rematar o obradoiro de origami (que empeza ás 17:00).

Podedes ver un breve resume da actividade con Olga Abad no blog Ler conta moito, programa do que formaba parte:

http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/2016/05/16/as-nosas-historias-na-bpm-do-savinao

sombras chinescas

Dada a boa acollida da actividade do venres, e ante a petición popular á voz de porfi, porfi decidimos seguir facendo sombras chinescas na biblioteca: este venres teremos un obradoiro para elaborar o noso propio teatro de sombras.

20160506_190951_censored_BIS

Será tamén ás 18:30, un rato despois de rematar o obradoiro de origami (que empeza ás 17:00).

obradoiro de teatro

O lapis máxico

obradoiro de teatro

con Pablo Suárez Méndez

de Teatro Buratini

Imos comezar un obradoiro de teatro para rapazada a partir de 6 anos, cun máximo de 15 plazas.

As sesións, os venres ás 5 da tarde, terán unha duración aproximada de 75 minutos, do 19 de setembro ó 24 de outubro [día no que haberá unha programación moi especial na biblioteca, xa iremos informando].

Para a actividade será necesario inscribirse ata o día 17 de setembro na biblioteca. A inscrición pode facerse presencialmente, por teléfono, ou por mensaxe privada a través de Facebook (se non se recibe confirmación polo mesmo medio, chamar).

Esta actividade desenvólvese dentro do programa Ler conta moito, co que se cofinancian as actividades entre a Consellería de Cultura e os Concellos. Dentro deste programa temos desenvolto outras actividades que podedes consultar neste enlace ó blog do programa.

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Mensaxe do Día Mundial do Teatro, por Judi Dench:

O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o Teatro, en milleiros de formas. O teatro é unha fonte de entretemento e de inspiración e tén a capacidade de unificar as moitas culturas e pobos que existen en todo o mundo. Pero o teatro é máis que iso, e tamén ofrece oportunidades para educar e informar.
O teatro represéntase en todo o mundo e non sempre en escenarios tradicionais. As representacións poden ter lugar nunha pequena aldea en África, xunto a unha montaña de Armenia, nunha diminuta illa do Pacífico. Todo o que precisa é un lugar e un público. O teatro tén a capacidade de facernos sorrir, facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.
O teatro prodúcese a través do traballo en equipo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un incrible grupo de xente que non se ve. Son tan importantes coma os actores, e as súas destrezas diferentes e especializadas fan posible que a produción teña lugar. Eles tamén deben compartir os triunfos e éxitos que esperamos que se produzan.
O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. De moitas maneiras, todos os días deberían ser considerados día do teatro, porque temos unha responsabilidade para continuar a tradición de entreter, educar e ilustrar as nosas audiencias, sen as cales non existiríamos.

FONTE: World Theatre Day Blog (tradución, servidora).


Quen é Judi Dench?
É unha das actrices máis respectadas e populares do Reino Unido. Foi a elixida este ano polo Instituto Internacional do Teatro para compoñer a mensaxe do Día Mundial do Teatro.
En 1970 foi condecorada pola Orde do Imperio Británico e en 1988 foi ordeada Dama do Imperio Británico. Judi Dench foi coñecida sobre o escenario sobre todo na Royal Shakespeare Company, e no National Theatre nos que representou os principais personaxes clásicos, modernos e cómicos, ademais dunha dilatada traxectoria en televisión e cine (Una habitación con vistas, Enrique V, Goldeneye, Té con Mussolini, Hamlet, Shakespeare in love (que lle deu un Oscar a actriz secundaria), Chocolat, Las Crónicas de Riddick, La importancia de llamarse Ernesto, Orgullo y prejuicio, Casino Royale, Quantum of Solace, Nine, Rage…).


Que é o teatro?

Seguro que se oímos “ser ou non ser…” se nos vén á mente a case todos un home falando cunha caveira que suxeita na man.

Seguro que se vemos dúas máscaras pegadas, unha sorrindo e a outra chorando, todos pensamos en teatro, pois o teatro fai iso: que choremos e riamos co que nos conta desde o seu escenario. O mesmo que a poesía, tén moitas manifestacións: teatro na rúa, teatro moderno, teatro clásico, teatro de monicreques, … O teatro é máis, o teatro transmite cos xestos, non só coa voz, por iso entendemos o que quere dicir un mimo cando move as mans planas diante del coma se topara cun obstáculo.

Por que non les teatro? Na biblioteca télo á man.

Que máis podes atopar na biblioteca?

Ademais da súa colección de obras de teatro para tódalas idades, tés un teatriño kamishibai para xogar, materiais para facer un teatriño de marionetas, e no mes de abril faremos varios obradoiros de elaboración de marionetas (dos que daremos cumprida información en breve).