festas 2014 en escairón

Recopilamos os informativos da TVG (e algúns outros) que falaron da carreira de burros do Saviñao nas festas deste 2014.

Telexornal Mediodía
Carreira de burros en Escairón
Publicado o 05/08/2014 15:09

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Telexornal Mediodía
64 edición da carreira de burros do Saviñao
Publicado o 05/08/2014 15:25

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Telexornal Serán
64 edición da carreira de burros do Saviñao
Publicado o 05/08/2014 20:51

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Televinte Chantada
Máis dunha trintena de burros e milleiros de persoas na Gran Carreira de Escairón
Publicado 05 08 2014

ATLAS
Jinetes a lomo de burros compiten por ser los más veloces de Escairón
Publicado 05.08.14 | 19:11h.

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Bos días
LXIV Edición da Carreira de Burros do Saviñao
Publicado o 06/08/2014 09:33

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Bos días
LXIV Edición da Carreira de Burros do Saviñao
Publicado o 06/08/2014 09:33

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

A Revista
Genaro, montado por Sergio, campión da tradicional carreira de burros de Escairón
Publicado o 06/08/2014 13:22

origami, da Biblioteca do Saviñao á TVG

O programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, púxose en contacto coa biblioteca interesándose polas actividades coas celebramos o  do ano dual España-Xapón do que xa falamos noutros artigos.

Así que este venres viñeron facernos unha visita durante a sesión de contacontos bilingüe, que foi o terceiro no que usamos o xaponés (o primeiro foi en novembro do ano pasado e o segundo este mes de xullo).

Podedes facer comentarios no Facebook do programa.

En canto nos confirmen a data de emisión, que será a fin de semana do 7-8 de setembro, farémosvos saber se se emitirá o sábado ou o domingo.

Por problemas técnicos non vos puidemos ir adiantando esta información a semana pasada.

Subiremos fotos á sección de fotos do blog en canto teñamos un momento.

Ademais, lembrámosvos que este mes, cambiamos a data do contacontos: será o primeiro venres de mes, co que o primeiro será xa esta semana.

Venres 6

Contacontos
ás 12.00 na Biblioteca de Escairón e
ás 17.00 na Biblioteca de Currelos.

 


Outras veces que vos contamos que saímos na tele: no 2012 o artigo actividades de abril na televisión e no 2008/2009 os artigos 1, 2, 3 … estamos rodando co programa Preescolar na casa e o aviso da emisión do programa gravado na biblioteca.

emisión do programa gravado na biblioteca

Xa está dispoñible na rede o programa de Preescolar na Casa rodado na biblioteca, e que foi emitido na TVG o 10 de xaneiro.

O programa pódese ver en internet na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Pódese tamén consultar a programación (dentro de “televisión á carta” no apartado de programas de “divulgación”), ou ver o listado de emisións de Preescolar na Casa.

A mestra xa tén as fotos.

1, 2, 3 … estamos rodando

O día 25 de novembro, a TVG rodou na biblioteca de Escairón a emisión do Programa Preescolar na Casa. Despois dos choros e nervios iniciais, a actividade transcorreu con total normalidade pois axiña se acostumaron peques e grandes á cámara. Aquí queda unha pequena mostra fotográfica, na que se ven os preparativos, explicación das actividades, charlas, xogos e xogos e moitos máis xogos, pois diso é do que se trata, de xogar para descubrir o mundo, de aprender xogando: Emisión: na TVG Data: 10 de xaneiro de 2009 Hora: 8.30h.

O programa poderase ver en internet na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Pódese tamén consultar a programación (dentro do apartado de programas de “divulgación”), ou ver o listado de emisións de Preescolar na Casa.

Para obter as fotos, falar con Pilar, a mestra do programa, que xa informará máis concretamente ós pais e nais.