premio de cartas ao apalpador

Animámosvos a participar neste Premio de Cartas ao Apalpador, e se queredes, podemos facerllas chegar desde a biblioteca.PremioCartas.pngTodas as cartas que cheguen ao Apalpador, teñan as autoras ou autores a idade que sexa e sexan individuais ou colectivas participan no Premio de Cartas ao Apalpador.

Non é un premio ao uso, xa que non hai unha xerarquía de premios, primeiro, segundo, tercerio… senón que se escollen as cartas por diferentes méritos e se lles recoñecen ás súas autoras ou autores cuns agasallos. Un deles, ademais, está convidado a unha estadía de fin de semana nunhas casas de aluguer ou nun hotel.

Tamén se poderán escribir cartas a través da web (e tamén participarán no premio) dende o enlace ás Cartas web, desde onde se poderán tamén ler as escritas.

 

obradoiro xogos bailados e canto tradicional

Hoxe falámosvos dun obradoiro musical que vai ter lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 19 de marzo.

Trátase do Obradoiro Xogos Bailados e Canto Tradicional, organizado pola Tradescola (escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo), e que estará  guiado polos seus mestres Xabier Iglesias e Xela Conde.

Cando: sábado 19 de marzo ás 11:00 h.

Onde: Auditorio Municipal do Saviñao

Prezo: de balde 

Para quen: toda a familia (pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas) con nen@s a partir de 4 anos

En que consiste: @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.

Inscrición: obrigatoria porque as prazas son limitadas. É preciso inscribirse previamente por calquera dos seguintes medios:

  • teléfono 982 229 966,
  • correo electrónico a tradescola@gaiteirosgalegos.gal
  • presencialmente nas instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

CartazObradoiroXogosBailadosSaviñao2016-01

Semana da Tradición Oral

Contos sen medo: música e contos coa Tropa de Trapo:

Vídeo dun momento da actuación:

http://www.youtube-nocookie.com/v/4AatwFARR1o?fs=1&hl=es_ES&rel=0&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6

Obradoiro de contacontos para pais con Amalia Pérez Otero:

Regueifas cos Regueifeiros Josiño da Teixeira e Bieito Lobariñas:

Debido en gran parte ó mal tempo, houbo poucos participantes, pero foron actividades moi gratificantes, posto que doutro xeito non tería sido posible a proximidade e o contacto persoal que se tivo cos convidados.

Aprendemos contos de aquí e doutros sitios, a crear contos para os máis pequenos e a elaborar regueifas, como podedes ver neste vídeo:

http://www.youtube-nocookie.com/v/GHtmvpeCcls?fs=1&hl=es_ES&rel=0&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6

Outro día será mellor,
hoxe deixámolo así.
Estamos dándolle voltas,
queremos ser coma ti!

Pois estamos no auditorio
non pechedes o telón.
Aínda qeu somos poucos,
gústanos a actuación.

Estamos fartos de vós,
amosade a saída,
non vos aturamos máis,
xa chegou a despedida.

actividades do mes de novembro

Semana da Tradición Oral

luns 8:

A Tropa de Trapo presenta Contos sen medo: música e contos

Lugar: Auditorio de Escairón ás 18.00h.

martes 9:

Amalia Pérez Otero presenta Obradoiro de contacontos para pais

Lugar: Biblioteca de Currelos ás 19.00 h.

mércores 10:

Regueifeiros de Galicia presenta Regueifas con Josiño da Teixeira e Bieito Lobariñas

Lugar: Auditorio de Escairón ás 18.00 h.

Semana da Ciencia

martes 16:

Crearte Servizos Culturais presentan Un día con Leonardo da Vinci

Lugar: Biblioteca de Escairón ás 11.00 h. co colexio de Escairón

Lugar: Biblioteca de Currelos ás 14.15 h. co colexio de Currelos