Falabamos hai uns mesiños de que os libros troquelados se asocian sobre todo cos nenos, pero tamén os hai para adultos. Hoxe atopei un libro-alfabeto troquelado moi instructivo.
Continúa a dúbida: ¿para nenos ou para adultos? Está claro que para primeiros lectores pode ser un chisco fráxil ou delicado de manexar.
Para nenos na biblioteca hai algún libro con partes móbiles:
- libros para xogar cos dedos
- libros para xogar con texturas
- libros-puzle
- libros para coordinar pezas
- libros con formas para coñecer animais e transportes, libros con formas para coñecer sitios
- libros con partes móbiles
- máis libros de animais, e libros de animais con ollos
- pequenos libros de formas
- libros para practicar idiomas lendo cómics
- libros para viaxar aprendendo
Hai máis ca estes, só é cuestión de descubrilos visitando a biblioteca. Esta semana hai sorpresas para quen leva tempo sen visitala.