vídeos mulleres de lemos 2019

Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:

2018 – Genoveva González Prieto en vídeo:

2017 – Balbina López Somoza en vídeo:

2016 – Lola de Penelas en vídeo:

2015 – María Castaña en vídeo:

2014 – Inés de Castro en pdf:

INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.

día de rosalía de castro

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, no aniversario do seu nacemento.

Sempre é un bo momento para desfrutar dela, pero cremos que esta semana é a ideal posto que a fin de semana escoitaremos falar dela por todas partes: televisión, radio e prensa. Así que pásate pola biblioteca pedir algunha das súas obras ou obras que tratan sobre ela.

Presentámosvos, ademais, algún dos seus poemas máis coñecidos, en Linguaxe de Signos desde a web da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Podedes ver a videoteca signada de Rosalía de Castro da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

vídeos mulleres de lemos

Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:

2017 – Balbina López Somoza en vídeo:

2016 – Lola de Penelas en vídeo:

2015 – María Castaña en vídeo:

2014 – Inés de Castro en pdf:

INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.

 

videoconto maría castaña

Queredes ver o resultado do conto María Castaña que se elaborou o ano pasado coa colaboración do CIM de Monfote e o Colectivo Lemos Le?

Xa temos os libros de Inés de Castro e de María Castaña na biblioteca. Hoxe presentámovos ademais o vídeo do conto de María Castaña, montado polo CIM de Monforte cos traballos elaborados polos escolares da Comarca de Lemos, e voz da xornalista Manola Porto:

Maria Castaña subido por Ramon en Vimeo.

Esperamos que vos guste e se queredes ser partícipes do conto de Lola de Penelas co que colaboararemos na biblioteca, só tedes que pasarvos e pedir que vos contemos o conto, para que fagades un debuxo sobre el.

stepenie meyer volve á gran pantalla

Acaba de estrearse o filme The host, baseado no mesmo libro da autora Stephenie Meyer, que podes tomar emprestado do fondo da nosa biblioteca, xunto cos da saga Crepúsculo.

Hoxe presentamos a entrevista que sae no XL Semanal desta fin de semana. Pulsando na imaxe podes abrir o arquivo da reportaxe en papel (gardado na wiki da biblioteca) e podes descargar o arquivo en PDF.

Se premes aquí, irás á entrevista publicada na web XL Semanal.

Entrevista á autora (en inglés subtitulado en castelán) sobre o libro:

Avances da película:

últimas incorporacións

Podes consultar no Catálogo da Biblioteca as últimas incorporacións ó seu fondo.

Hai desde novelas de intriga, autobiográficas, libros de política, sicoloxía, a manualidades.

Incorporamos material explicativo de labores de punto que hai tempo que se veñen pedindo na biblioteca: son 2 revistas e 4 DVDs.

 

De momento o resto do fondo de DVDs e CDs non o incluiremos no catálogo en liña aínda que se poden seguir levando en préstamo coma ata o de agora.

a importancia de agradecer as cousas

Agradecemos ós nosos usuarios o uso que fan dos servizos que ofrecemos. É por eles que a biblioteca traballa ofrecendo actividades, libros e incluso este blog. Aceptamos o seu agradecemento pola nosa actividade pero tamén queremos que nos fagan as súas suxerencias para seguir mellorando, para informalos desde aquí dos temas que lles interesan. Queremos seguir medrando xuntos, e por iso hoxe ofrecemos este vídeo para que o desfruten.

Pódese ver subtitulado en castelán neste enlace.

Máis vídeos que recomendamos, podes velos na sección de Favoritos do Canal Youtube da Biblioteca.

os bolechas na tele


Case todos os visitantes da biblioteca coñecen a colección dos Bolechas, de Pepe Carreiro. Tamén os nosos últimos ratiños, Rodolfo e Tareixa, que escolleron a súa residencia entre dúas das súas series para coñecer Galicia tan pronto como chegaron (Os Bolechas coñecen a Natureza e Os Bolechas van de viaxe).

A colección dos Bolechas, de Pepe Carreiro, tivo tanto éxito que xa estaban en internet coa súa propia web (www.osbolechas.com) e tamén nas redes sociais.

Agora dan o gran salto á televisión. Pódelos ver na páxina dos Bolechas da RTVG. Pero aquí presentámosche un avance!!

Coma sempre podes pasarte pola biblioteca para levar os libros para a casa.

lectura e lecturas

Consulta as novidades da biblioteca no Catálogo en liña.

Recordamos este vídeo que xa vos apareceu hai uns anos no blog, que define coas palabras xustas o que é a lectura. Estás de acordo con el?

Lembramos que o día 15 de setembro cambiamos o noso horario ó de inverno: de 10 a 14 e de 16.30 a 20. Por iso a primeira sesión de papiroflexia despois do cambio horario será pola tarde. Anunciaremos o horario con carteis en distintos lugares da vila.