O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca desde 1997.
Despois do éxito acadado nas edicións de 2014, 2015, 2016 e 2017, volveremos celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca.
19 de outubro
Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca das 10 da mañá á medianoite.
Xantar Día das Bibliotecas do Colectivo LemosLe
Durante o xantar farase entrega dos premios do V Certame Mulleres de Lemos (que se adica á mestra Genoveva González Prieto). O xantar de celebración do Día das Bibliotecas terá lugar o domingo 21 en Rubián-Bóveda.
14:00 Xantar do Colectivo LemosLe no Restaurante Arume (Rubián-Bóveda)
Entrega de premios do V Certame Mulleres de Lemos ó remate do xantar
As entradas para o xantar recolleranse en calquera das bibliotecas que forman parte do Colectivo Lemos Le ata o día 18.
24 de outubro
Lectura do texto conmemorativo do Día da Biblioteca 2018
12:00 Lectura do texto O día da luz de Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017) da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
Poderedes atopar máis información sobre todas estas actividades na biblioteca e en vindeiros artigos do blog.
Pingback: 24 de outubro, Día da Biblioteca 2018 « BAMAD GALICIA