Debido á situación provocada polo Covid-19, ata novo aviso, o horario de atención ó público da biblioteca rematará 30 minutos antes do horario habitual de peche, quedando de 10 a 13.30h. e de 16.30 a 19.30h.
Para evitar aglomeracións e esperas, solicitarase cita no teléfono 982452324.
horario de inverno
En canto a situación se normalice totalmente, volveremos ó horario habitual.
A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a exposición Descrenza da Asociación Fotográfica O Potiños do Carballiño.
A mostra, composta por 22 fotografías en branco e negro, poderá visitarse do 22 de marzo ó 9 de abril no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.
A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a exposición Pandemia virtualdo fotógrafo Ángel Utrera.
O autor pretende establecer un dialogo interior consigo mesmo dende o obxectivo da súa cámara fotográfica, “no que me recoñezo e identifico na soidade, os claro escuros, o medo e o silencio individual e individualista, no que mergullo descaradamente sen escusas, buscando deixar espido a través dunha foto esta ausencia de solidariedade e contacto físico, deste novo Virus, que resulta ser o egoísmo individualista do fascismo social provocado por esta nova normalidade absurda, irreal e fría, na que a ausencia do contacto nos está a converter en autómatas.”
A mostra, composta por 25 fotografías, poderá visitarse do 22 de febreiro ó 5 de marzo no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.
O disposto no DOG Nº 16-Bis, do martes 26 de xaneiro de 2021, sobre medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, decretou a restrición temporal da actividade das bibliotecas, polo que a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao permanecerá pechada ó público desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro, polo que quedan pechados os servizos presenciais (préstamo e devolución, consulta e lectura en sala, uso de ordenadores). Aínda así, continuaremos traballando a porta pechada para tervos preparadas máis novidades para cando reabramos, e continuaremos resolvendo consultas bibliográficas no teléfono 982 45 23 24 (de 10 a 14 horas) e no correo electrónico osavinao.rbgalicia@eidolocal.es. A devolución e a reserva de documentos quedarán pospostas ata a reapertura dos centros, prevista para o día 17 de febreiro, polo que non debedes preocuparvos por que se vos sancione por non devolvelos antes desa data. Lembrade que por ter carné da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao podes ademais acceder de balde a GaliciaLe (plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico da Rede de Bibliotecas de Galicia). Aí atoparedes 2 catálogos: Catálogo en galego e Catálogo en castelán. Podedes acceder a calquera deles.
Para consultar a normativa que decretou este peche temporal accede desde os seguintes enlaces:
Xa está exposta na biblioteca a lista de premiados no Certame de Poesía Infantil Nadal 2020
Categoría A: ata 8 anos
Deserta
Categoría B: de 9 a 11 anos
Mario Francés López
Categoría C: máis de 12 anos
Gael Míguez Losada
Martina Francés López
Patricia López López
Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca o día da entrega dos premios.
A data e forma de entrega de premios anunciaráselles ós premiados en vindeiros días.
A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao inaugura o ano coa exposición Horizontesdo fotógrafo ourensán Bruno Taboada González.
A mostra fotográfica poderá visitarse do 11 ó 29 de xaneiro no baixo da biblioteca co mesmo horario e coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.
Trátase dunha serie de 16 fotografías a cor de distintas paisaxes do mundo, agrupadas baixo o título xenérico de Horizontes.
A pesar das dificultades que supuxo este ano, non queremos rematalo sen achegarvos as recomendacións de lectura e de agasallos que vos facemos desde o colectivo Lemos Le:
Xa nos chegaron as bases do certame de Nadal deste ano:
Certame de Poesía Infantil “Nadal 2020”
– Convocatoria Local –
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2020” (Fase local), de acordo coas seguintes
BASES:
1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”. 2.- Establécense tres categorías:
A, ata 8 anos,
B, de 9 a 11 anos,
C, de 12 a 16 anos.
3.- Cada autor/a poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. (ver nota 1). [pulsar para descargar o modelo] 4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2020, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL (ver nota 2). 5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros. 6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. 7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2019. 8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos. 9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado. 10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.
NOTAS:
Podes imprimir o formulario para participar e cubrilo sen pasar pola biblioteca pulsando aquí. É moi importante que figuren completos todos os datos de contacto (sobre todo o número de teléfono de contacto).
Os traballos poderán entregarse en horario de mañá no concello se a biblioteca estivera pechada.
A data de entrega de premios e diplomas para os traballos gañadores darase a coñecer na biblioteca.
Calquera outra dúbida, pode consultarse na biblioteca.
Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Ricardo Carballo Calero.
Debido á incidencia da COVID-19, decidiuse adiar para o 31 de outubro a celebración a ver se melloraban as circunstancias para festexar o autor, pero dada a situación, a celebración será virtual.
Aínda así, na biblioteca temos feita a selección das súas obras para préstamo. Podedes consultar a lista dos libros que del e sobre el temos na biblioteca pulsando neste enlace.
Ricardo Carballo Calero
Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.
Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén ampla información sobre a súa vida e obra.