O patio da biblioteca foi escollido como lugar temporal de exposición ó público da pedra supostamente tomada do dolmen de Abuime, e que foi reconvertida en pía para dar de beber ós animais.
Segundo o exposto por diversos especialistas, dado o estado actual no que se atopa a pedra da cuberta, a súa ubicación á intemperie afectaría gravemente á súa conservación. Por isto se traballou urxentemente para acadar un convenio entre as Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Medio Rural e do Mar e o Concello do Saviñao.
Grazas a este convenio, preténdese apoiar a iniciativa de turismo arqueolóxico, que axudaría a asentar a poboación no interior, fomentando a creación de empregos no sector turístico.
Está previsto que as obras comecen en xaneiro e duren ata marzo de 2013. Coa partida presupostaria extraordinaria asignada por este convenio, procederase a levar a cabo unha ampliación no edificio da biblioteca para habilitar un espazo como Museo Arqueolóxico Municipal (MAM).
Pódense ampliar detalles na prensa escrita [pulsar para abrir o enderezo automático]:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/197541-encuentran-tapa-dolmen-abuime-casa-savinao
http://elprogreso.galiciae.com/nova/215190-musealizados-restos-dolmen-abuime
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/25/galicia/1348599552_391279.html
[para abrir os enlaces de prensa: seleccionar o enderezo e co botón secundario do rato escoller copiar, pegalo no explorador para abrilo]