Compartimos unha breve reportaxe sobre o canon ás bibliotecas no Praza Pública O ‘imposto’ á lectura que impón o novo canon ás bibliotecas.
Hai varios aspectos deste canon a ter en conta ou que chaman a atención:
– Vén imposto por unha normativa europea (España foi sancionada por non cumprila)
– Afecta ás bibliotecas de concellos de máis de 5000 habitantes
– A normativa aprobouse no verán, mentras a maior parte da xente estaba de vacacións e non se puido enterar
– O canon cobrarano entidades privadas (SGAE, etc), non o goberno
– Os usuarios non teñen que pagar, serán as bibliotecas (os concellos)
– O pago será por usuario activo e por número de préstamos realizados (independentemente dos títulos emprestados)
– Polo momento pagarase por número de incorporacións
– Pode darse o paradoxo de que a biblioteca que máis libros preste acabe sendo a máis prexudicada
– E moito máis
De momento hai aínda moitas dúbidas sobre o seu cumprimento, pero xa entrou en vigor, pois desde o 1 de agosto existe a obriga de pagar.
A Normativa completa está neste enlace ó BOE do 1 de agosto.
[Fotos tomadas da web praza.gal]