certame letras galegas 2024

O Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas está aberto ata o día 16 de maio.

Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.

Bases para o certame Letras Galegas 2024

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2024 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:

  • “Ler para pensar, pensar para ser libres”
    Os libros sempre axudaron a pensar, a elaborar teorías, a coñecer outras formas de pensamento ou de vida, a facer máis ampla a nosa conciencia… Agora é igual, pero, ás veces, en pantalla e non en papel. Cando sabes que un libro te fai máis libre?

– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor EN LETRA MAIÚSCULA.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 16 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

7.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

8.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

9.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

[Podes descargar aquí a ficha para os teus datos persoais]

Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!

certame letras galegas 2021

Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.

Presentámosvos xa as bases da convocatoria deste ano!

Aínda vos queda máis dun mes para entregar os vosos traballos na biblioteca de Escairón.

Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.

Bases para o certame Letras Galegas 2019

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2019 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:

  • “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno)”

– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:

  • “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno)”

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

7.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

[Podes descargar aquí a ficha para os teus datos persoais]

Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!

Premiados Certame de Poesía Infantil “Nadal 2020”

Xa está exposta na biblioteca a lista de premiados no Certame de Poesía Infantil Nadal 2020

Categoría A: ata 8 anos

Deserta

Categoría B: de 9 a 11 anos

  1. Mario Francés López

Categoría C: máis de 12 anos

  1. Gael Míguez Losada
  2. Martina Francés López
  3. Patricia López López

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca o día da entrega dos premios.

A data e forma de entrega de premios anunciaráselles ós premiados en vindeiros días.

fallo do certame infantil de poesía de nadal 2019

Xa está exposta na biblioteca a lista de premiados no Certame de Poesía Infantil Nadal 2019

Categoría A: ata 8 anos

Deserta

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Aldara G., Candela I., Laura N. e Martha R.
  • Gael M., Dani R., Julio G. e Brais R.
  • Cintia R.

Categoría C: máis de 12 anos

  • Ximena L.
  • Nicolás L.
  • Isabella Nicolle R

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca o día da entrega dos premios.

A entrega de premios anunciarase na biblioteca en vindeiros días.

entrega de premios Letras Galegas 2019

A entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2019 terá lugar coa presentación do libro A manchas ou a raias? e con obradoiro a cargo da autora Estefanía Padullés.

entrega premios letras 19_pq.jpgEsta actividade desenvolverase o vindeiro venres 7 de xuño ás 17:00 h na sala infantil da biblioteca.

Agardamos por vós!

fallo do certame de narración e debuxo letras galegas 2019

Compartimos o listado de premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2019 (na biblioteca figura o nome completo dos premiados):

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE

O SAVIÑAO

Certame de narración e debuxo infantil

“LETRAS GALEGAS 2019”

FALLO LOCAL

DEBUXO:

Categoría A:

  1. Ana V. (4 anos)
  2. Aarón G. (8 anos)
  3. Mary T. (2 anos)

Categoría B:

  1. María V. (9 anos)

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados.

Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca ata a data de entrega dos premios.
A data e hora da entrega de premios darase a coñecer en breve.

Escairón, maio de 2019

certame letras galegas 2019

Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.

Presentámosvos xa as bases da convocatoria deste ano!

Aínda vos queda máis dun mes para entregar os vosos traballos na biblioteca de Escairón.

Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.

Bases para o certame Letras Galegas 2019

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2019 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:

  • “A revolución do Cambio Climático”

– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:

  • A revolución do Cambio Climático”

A Biblioteca Pública quere sumarse ao rol das bibliotecas como aliadas na consecución da Axenda 2030: Desenvolmento Sostible, das Nacións Unidas, e os seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible. Centrarémonos no:

    • Obxectivo 13. EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN, adoptar medidas urxentes para combatir o cambio climático e os seus efectos.
    • Obxectivo 15. VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES, promover o uso e xestión sostibles dos ecosistemas terrestres, loitar contra a desertificación, deter a degradación das terras e a perda de biodiversidade.

Os mozos e mozas do presente son axentes fundamentais do cambio con novos enfoques para lograr que no futuro o noso planeta sexa un mundo mellor. Por iso o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2019” centrarase na visión dos mais novos das revolucións que se poden producir.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Culturae Turismo da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

[Podes descarcar aquí a ficha para os teus datos persoais]

Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!

fallo do certame infantil de poesía de nadal 2018

Xa está exposta na biblioteca a lista de premiados no Certame de Poesía Infantil Nadal 2018

Categoría A: ata 8 anos

  • Mario F. (8 anos)

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Nicolás L. (11 anos)
  • Martina F. (10 anos)

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca o día da entrega dos premios.

A entrega de premios anunciarase na biblioteca en vindeiros días.

Actualización:

A entrega de premios terá lugar o venres 8 ás 6 da tarde.

premio maría moliner 2018

Por 9ª vez recibimos recoñecemento nos premios ‘María Moliner’ de animación á lectura, pola PROGRAMACIÓN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO SAVIÑAO,

na que se inclúen as actividades programadas e desenvoltas ó longo de todo o ano na nosa biblioteca.

Nesta XIX edición, convocada polo Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias, a Fundación Coca-Cola España e a Fundación Banco Santander, entre os 300 proxectos premiados, foron seleccionadas 14 bibliotecas galegas, entre as que hai só 3 bibliotecas de Lugo: O Saviñao, Sober e Xermade.

Como seleccionaremos desde a biblioteca directamente as adquisicións, convidámosvos a que vaiades pensando que queredes ler e nolo pidades para Nadal e para Reis: título, autor e editorial son os datos mínimos que precisamos. Ou se credes que sobre algunha temática concreta non temos materiais suficientes ou de claidade, indicádenos as vosas suxestións e analizarémolas.

Logotipo PFL

Coma sempre, non esquecemos felicitar ós usuarios pola súa colaboración e participación nas actividades. Tamén ás persoas e institucións que colaboran coas mesmas.

Podedes consultar a lista completa de premiados deste ano neste enlace.

Modificación:

A resolución definitiva da concesión dos premios publicouse o 11 de decembro, e pode consultarse neste enlace á web do Ministerio de Cultura y Deporte.