Actividades de outubro

Este mes de outubro retomamos as sesións de contacontos e obradoiros:

Empezamos coas actividades do programa Ler conta moito os días:

  • martes 18 ás 6 da tarde podes animarte a participar na sesión aeronáutica, sobre todo se queres facer un avión de papel que voe de verdade:
Onde está Amelia Earhart, con Andrea Barreira
  • xoves 20 Dani e Iria serán os anfitrións da visita escolar á biblioteca:
Falamos de arte?, con Dani Viéitez e Iria Iglesias
  • venres 20 será a Bibliotecaria estrafalaria a que reciba ós participantes da visita escolar á biblioteca:
A bibliotecaria estrafalaria, con Cris de Caldas
  • martes 25 o Mago Paco fará as delicias da visita escolar á biblioteca:
Maxia divertida “Contamaxias”, co Mago Paco

Ademais das sesións de animación, o mércores 26 ás 12:30 terá lugar na biblioteca unha interesante sesión sobre Ciberseguridade, á que Polo correo do vento convidou a outro grupo escolar:

Ciberseguridade con Polo correo do vento

outubro, mes das bibliotecas

Estas son as actividades que realizaremos na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021:

8 de outubro

Sesión cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias

-Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.

15 de outubro

Obradoiro con Hermanager Procucións

Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.

22 de outubro

Obradoiro coa escritora Andrea Barreira

Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.

Todas estas actividades enmárcanse no programa de animación Ler conta moito.

álex quere ser coma papá, na biblioteca

O venres 3 de setembro temos outra actividade do programa Ler conta moito deste ano.

Será ás 12 da mañá. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca (días 1 e 2 de setembro presencialmente ou por teléfono no 982452324, en horario de 8:30 a 14:30).

Dani e Iria visitan novamente a biblioteca. Nesta ocasión cóntannos que ás veces a Álex lle din que non son axeitadas as cousas que fai. Veremos distintas situacións que loitan contra os estereotipos a través da experiencia de Álex.

cóntame un cine, na biblioteca

O venres 6 de agosto temos unha nova actividade do programa Ler conta moito.

Será ás 12 da mañá. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca (días 4 e 5 de agosto presencialmente ou por teléfono no 982452324, en horario de 8:30 a 14:30).

A Cinecleta volve á Biblioteca: cóntame un cine. Anxo Moure achegaranos á historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo tamén os fondos mariños das Illas Atlánticas, proxectados desde a Cinecleta.

Veremos tamén como era un dos cines de Escairón.

Si os contos puideran contar, na gardería

CANCELADA

Este venres celebramos o Día das Bibliotecas con 2 das últimas actividades do programa Ler conta moito, trasladadas á biblioteca escolar e á gardería debido á situación que vivimos co coronavirus…

Na gardería ás 11 da mañá:

Si os contos puideran contar, con Fátima Fernández descubriremos que pasaría si os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles valen, que as ilustracións “lles contan” outras cousas…

Nesta actividade participará a aula de maiores da Escola Infantil Municipal de Escairón.

hora do conto (na corentena)

Varias bibliotecas municipais da Rede de Bibliotecas de Galicia unímonos nun proxecto a través das redes sociais para compartir coas familias cada día, de luns a venres, ó toque das 5 da tarde un conto infantil (narrado, en filme, en lingua de signos, …).

Deste xeito, cada día unha biblioteca fará a súa proposta que compartiremos todas as demais á mesma hora nas nosas redes sociais. Podedes seguir a proposta no noso Twitter @BSavinao. Tamén podedes localizalos tanto no Facebook coma no Twitter coa etiqueta: #horadoconto.

Coas etiquetas #quedanacasaele#bibliotecasmunicipais atoparedes moitas máis propostas culturais e de entretemento para estes días de encerro.

día da biblioteca 2019

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca desde 1997.

DiaBiblioteca2019_pq

Despois do éxito acadado nas edicións de 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018, volveremos celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca o próximo día

18 de outubro

Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca  das 10 da mañá á medianoite.

DDB-NNB_2019.png

Entre diversos obradoiros, merenda, música, etc. teremos o xogo de pistas Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez e Bolboretas da narradora Sole Felloza. Nuns días daremos a coñecer a programación completa: ide reservando o día para non perder nada!

24 de outubro

Lectura do texto conmemorativo do Día da Biblioteca 2018

12:00    Lectura do texto O día da luz de Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017) da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

Poderedes atopar máis información sobre todas estas actividades na biblioteca e en vindeiros artigos do blog.

26 de outubro

Cea Día das Bibliotecas do Colectivo Lemos Le

A cea de celebración do Día das Bibliotecas terá lugar o sábado 26 na Reitoral de Castillón. Durante a cea farase entrega dos premios do VI Certame Mulleres de Lemos, que se adicou á abadesa de Eiré Inés Fernández)

cea día da biblioteca 2019_pq

19:00    Previamente á cea, farase unha visita guiada a San Miguel de Eiré.

21:30    Cea do Colectivo Lemos Le na Reitoral de Castillón (Pantón)
Entrega de premios do VI Certame Mulleres de Lemos
ó remate da cea. Durante a cea contaremos coa actuación musical de Eugenia Sanmartín.

As entradas para a cea recolleranse en calquera das bibliotecas municipais e escolares, IES Daviña Rey que forman parte do Colectivo Lemos Le ata o día 18.

 

resume do ciclo biblioteca en igualdade

Resume do Ciclo Biblioteca en Igualdade

Podedes atopar información detallada das actividades que conformaron o Ciclo Biblioteca en Igualdade nos seguintes enlaces do blog Ler conta moito, programa do que formaban parte todas as actividades desenvoltas (iremos actualizando segundo se vaian producindo:

  • 6 de setembro con Dani Viéitez e Iria Iglesias  a actividade = (Igual)

IMG_20190906_125046_censored_pq

= (igual)…na BPM do Saviñao

augasclaras3

a carteira de augasclaras…na BPM do Saviñao

todos por igual 6

Rosalía, tod@s por igual…na BPM do Saviñao

contamos en igualdade 2

Contamos en igualdade…na BPM do Saviñao

IMG_20191004_192254

A escena verbas!…na BPM do Saviñao

fatima_1

Contos de sempre para xente de agora…na BPM do Saviñao

sinatura antia yañezconta sole felloza

Día da Biblioteca 2019

 

a escena verbas

A escena verbas con Menos dá unha pedra, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 4 de outubro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

Cartaz A escena verbas_pq.jpg

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

contamos en igualdade

A sesión Contamos en igualdade con Eduvía, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 27 de setembro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

contamos en igualdadecartaz.png

Esta sesión de contacontos pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional.

Esta actividade (para público a partir de 5 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.